26/01/2017

VISITA DE LEDICIA COSTAS

O pasado mércores, 25 de xaneiro, contamos, de novo,  coa visita da escritora Ledicia Costas, autora de "Escarlatina, a cociñeira defunta" libro que desfrutaron e seguen a desfrutar os nenos de 5º e 6º do colexio.
Recentemente a autora publicou a precuela "Esmeraldina, a pequena defunta" do que xa dispoñemos de 26 exemplares para que todos os alumnos poidan coñecer a  Escarlatina antes de morrer e como foi aprendendo a ser unha pantasma.
Na visita os nenos fóron descubrindo a infancia da escritora, o seu gusto pola lectura e escritura dende xa ben nova, aventuras do seu gato e a súa avoa... e tamén moitas curiosidades sobre o libro de Escarlatina.
Unha visita moi amena que deixou a todos con gañas de seguir adentrándonos no fantástico mundo do Alén.




23/01/2017

DÍA DA PAZ


Como xa decidimos a principios de curso, a Paz ímola traballar

 relacionándoa coa arte.

Invitamos a todos a “PERSENSAR”: percibir, sentir e pensar a 

través da arte e propoñemos para acadalo distintas artistas mulleres 

de cada país que estamos a traballar.

PAÍS
ARTISTA
EXIPTO
ARTE EXIPCIA
ITALIA
 NICOLETTA CECCOLI 
BRASIL
ANITA MALFATTI, YARA TUPYNAMBA
BETANZOS
SABELA ARIAS
VENEZUELA
MERCEDES PARDO
CHINA
PAN YULIANG   XI PAN,  CIU XIUWEN
MARROCOS
CHAIBIA
PERÚ
TILSA TSUCHIYA
EEUU
MARY CASSAT













 
Como produto final cada aula realizará un cadro ( ou os que se 

considereden)  para exponer polos corredores a semana do día da 

Paz.


A continuación podedes atopar recursos sobre as distintas artistas así coma as páxinas dos museos de arte máis importantes de todo o mundo e algunha sorpresiña máis.
PAZ, by bibliotecavales

19/12/2016

RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA NADAL

O equipo da Biblioteca xunto con Leo e Mariña desexamos a toda a comunidade educativa un Bo Nadal e un feliz ano novo 2017.
Para desfrutar nestas datas de lecer ou agasallar,  deixámosvos unha boa recomendación de libros feita en colaboración co equipo de Dinamización Lingüística.
Libros para viaxar...
e libros para soñar, aprender e desfrutar...


16/12/2016

3 DE DECEMBRO. APRENDENDO XUNTOS

As nenas e nenos de 2º descubrimos e tivemos o pracer de coñecer a grandes persoeiros  relacionadas con esta data. 
Coma nós investigamos sobre Betanzos, aquí moi preto, na Coruña os atopamos. Son os rapaces e rapazas do CEE Nuestra Señora de Lourdes.
Canto nos aprenderon sen tocar  nin un libro, nin un lapis, nin unha ficha.
Mirade a súa visita e..... se queredes ter o pracer de coñecelos, estade atentos porque voltarán a visitarnos.

APRENDENDO XUNTOS. 3 DE DECEMBRO on PhotoPeach

13/12/2016

3 DECEMBRO

      Para conmemorar este día, Leo agasallounos cun novo recuncho para a biblioteca! Xusto na entrada do colexio podes atopar unha exposición de libros, que neste caso tratan o tema  da discapacidade e que podedes levar para casa, sempre pasando antes pola biblioteca para deixarlle anotado a Leo quen o leva.




       

02/12/2016

DIA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Para traballar esta data propuxéronse distintas actividades dende o Departamento de Orientación:

  •  O conto El pájaro amarillo de Olga Rios para Educación Infantil e 1º de Primaria
  •  A curta de animación "Un viaje rodado" para 2º, 3º e 4º  , 
  • A curta"El regalo" para 5º e 6º 
  • Escenas de "Al frente de la clase"para  6º
  • Un taller con ASPRONAGA para 2º
  • Unha charla da ONCE para os alumnos de 4º 
  • Unha xincana para todos os niveis. 
  • Así mesmo cada nivel investigará ou traballará algunha persoa destacada con discapacidade do país que lle corresponde según o PDI.


A biblioteca organiza unha exposición de libros na entrada do colexio algúns deles podédelos ver aquí, todos están dispoñibles.


















Nesta recompilación feita, hai uns anos, polas nosas compañeiras podedes atopar maís recursos.



29/11/2016

INFORMACIÓN SOBRE ALIMENTOS

Hoxe en todas as aulas de primaria recibimos unhas caixas que nos enviou Leo. 
Nos seu interior atopamos distintos productos típicos do país que estamos a traballar:
freixoas para 1º, repolos para 2º, piñas para 3º, laranxas para 4º, dátiles para 5º e patacas para 6º.


E tamén unha carta, na que Leo nos pedía axuda para investigar sobre o contido das caixas, e ver que comidas podíamos facer con eses alimentos para o menú da festa de Nadal que se achega.

Aquí vos deixamos unha pouquiña información sobre os alimentos de cada país.
Boa procura!!

XOGAMOS?

17/11/2016

EXPOSICIÓN SOBRE PAÍSES E VIAXES

Xa podedes visitar na biblioteca a exposición de libros sobre os diferentes países que cada nivel está a descubrir dentro do PDI deste curso: " Descubrindo as cores do mundo. Unha viaxe en globo"

1º curso: Brasil
2º curso: Betanzos (aínda que non é un país, coma todos sabemos)
3º curso: Venezuela
4º curso : China
5º curso: Marrocos
6º curso: Perú
Inglés: EEUU

Podedes atopar libros con información xeográfica, histórica, gastronómica, artística, musical...,contos dos distintos países e información recollida en artigos de distintas revistas.



Á entrada da biblioteca atópase outra pequena exposición de libros de viaxes en xeral.
Agardamos que a disfrutedes e aprendades moitas cousas!!


EXPOSICIÓN LIBROS PAÍSES on PhotoPeach

07/11/2016

LECTURAS COMPARTIDAS

Arrancaron as lecturas compartidas por segundo ano e con novidades.
Se o curso pasado so lían alumnos de 6º a nenas e nenos de 1º, este curso sumáronse á actividade 2º e 5º de Primaria.
Reorganizamos e decidimos que os cursos de 5º leran ós de 1º, coa idea de continuar o vindeiro curso coa mesma parella, e os de 6º a 2º. 
A actividade segue a realizarse no tempo de lectura de cada día a 1º hora da mañá. 
As quendas son as que seguen: 

LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
1ºA-5ºD
1ºB-5ºB
1ºD- 5ºE
1ºE- 5ºC
1ºC- 5ºA
2ºE- 6ºC
2ºC- 6ºD
2ºB-6ºB
2ºD-6ºE
2ºA-6ºA


Cursos/semana













1º-5º
17/10
7/11
21/11
12/12
16/1
30/1
13/2
6/3
20/3
3/4
8/5
29/5
12/6
2º-6º
24/10
14/11
28/11
9/1
23/1
6/2
20/2
13/3
27/3
24/4
22/5
5/6
19/6


Así foi a primeira sesión da actividade na que se coñeceron e asinaron e cubriron o carné de Lecturas Compartidas. Unha boa experiencia, sen dúbida, para todos!!




LECTURAS COMPARTIDAS on PhotoPeach

01/11/2016

FORMACIÓN DE USUARIOS

Dende o 17 de outubro ata o 4 de novembro estanse a realizar na biblioteca as sesións de formación de usuarios para o alumnado de primaria.
Nas sesións, coa colaboracións dos titores, lémbranse as normas e funcionamento da biblioteca, fanse actividades de búsqueda de libros e búsqueda de información e, por último, faise entrega dos carnés.
Un traballo co que se pretende atraer os nenos á biblioteca e aprenderlles a manexarse e facer un bo uso dela.



28/10/2016

SAMAÍN

A biblioteca sacou dos seus estantes todos os libros de medo, bruxas, vampiros e demáis seres terroríficos para celebrar o Samaín.
Esta data sempre ten moi boa acollida porque úneselle que coincide coa entrega dos carnés e todos están ansiosos por estrenalos.
"Non hai medo que por ben non veña".



Tamén montamos a casiña terrorífica para animalos a ler historias de medo acubillados e iluminados cunha lanterna. 
Feliz Samaín!

27/10/2016

BIBLIOTECA EN INFANTIL

Xa está listo o novo espazo da biblioteca no aulario de Educación Infantil. 
A Fada Mariña ten agora un lugar ben bonito para contarlle historias ós peques do cole. 



MOCHILAS VIAXEIRAS

Outro ano máis xa saíron as mochilas viaxeiras rumbo as casas das nenas e nenos de 2º e 3º de primaria. 
Son 20 mochilas cargadas de contos, aventuras, poesía, DVDs, ... para disfrutar en familia. 
Boa viaxe!!!

25/10/2016

O PAPAGAIO

Xa podedes atopar na biblioteca a nova revista O PAPAGAIO .

Revista que edita en galego Edicións Moito Conto e que dirixe Abraham Carreiro.

Na revista atoparedes información sobre ciencia, tecnoloxía, cultura, historia, arte e ecoloxía; tamén banda deseñada e manualidades.

Clicando aquí podedes acceder a ela en formato dixital.

Agardamos que a disfrutedes!!