Este venres, 25 de xaneiro, tivo lugar na biblioteca, na hora do recreo, a dramatización do conto "Un hogar para el pequeño lobo" de Juta Langreuter e Reinhard Michl, por parte de rapazas e rapaces de 6ºA.
Contaron con moitísimo público que desfrutou moito coa súa representación.
O venres, 18 de xaneiro , proxectouse no recreo a curta "La luna" de Pixar, protagonizado por un avó, un pai e un neno. Tres xeracións, que conviven e traballan e aprenden xuntas.
Podedes voltar a velo no clicando no seguinte enlace:
Ó longo da semana pasada, nenas e nenos de primaria escribiron as súas mensaxes e depositáronas na biblioteca, tras a lectura da historia de Wonder e moitas outras que se estiveron expostas.
Mensaxes nas que recollen as súas reflexións sobre a discapacidade e os seus desexos.
AS NENAS E NENOS DE INFANTIL COÑECERON A HISTORIA DE WONDER E DEIXARON MENSAXES POSITIVAS NA CÁPSULA ESPACIAL QUE APARECEU NA SÚA BIBLIOTECA, COA ILUSIÓN DE QUE CHEGUEN "ALTO, ALTO....ATA PLUTÓN" R.J PALACIO.
Para traballar nesta data dende o D.O do centro propúxose a lectura da historia de Wonder, ben na edición completa para os máis maiores, La lección de August ou ben na máis sinxela para os máis peques, Wonder. Todos somos únicos. Ambos de R.J Palacio Agárdanvos na biblioteca!!
Outros libros que podedes atopar na nosa biblioteca: