Para despedir o segundo trimestre proxectouse a curta "A Ponte" de Pixar na biblioteca de Educación Infantil.
Na biblioteca sita no edifico de Primaria, un fragmento da película "Wonder" basada no libro "La lección de August" de R. Palacio. Este libro serviu de punto de partida para traballar o "Día Internacional das persoas con discapacidade" o 3 de decembro.
Nesta semana, na bibioteca de Infantil representaron o conto "El pez arcoiris", de Marcus Pfister, e na biblioteca en Primaria, Xiana e Daniela de 5ºA, contáronnos o conto escrito e ilustrado por elas, "Los monitos" . Fixérono fenomenal!
Un grupo de rapaces de 6ºA visitaron a biblioteca do edificio de Infantil para lerlles o conto "LA OVEJA QUE VINO A CENAR" de Steve Smallman e Joelle Dreidemy.
Continuou, durante estas semanas, a actividade de Venres de Historias.
O venres, 22 de marzo, en Primaria e en Infantil representaron o conto "Unha montaña de amigos" e en Primaria nenas de 5º A leron un conto do Principiño.
O 27 de marzo en Primaria proxectouse a curta de Pixar "Piper" e en Infantil "Paula y su cabello multicolor"
Dende hai xa uns días na biblioteca teñen un lugar preferente os libros de poesía. Poden ser unha boa fonte de inspiración para participar na actividade "Poesía no Comercio", organizada polo Equipo de Dinamización da Lingua en colaboración co Concello de Betanzos ou simplemente para gozar dela.
Séguense a desenvolver os obradoiros de libros na biblioteca. Nenas e nenos, coa axuda de profes, elaboran orixinais manualidades relacionadas cos seus libros favoritos.
Os alumnos máis maiores seguen a regalar contos polas aulas. Esta semana contaron o conto baseado na vida do pintor Matisse, "Las tijeras de Matisse" de Jeanette Winter.
Para animarvos e axudarvos a facer as propostas de poesía, que se fixeron dende o Equipo de Dinamización Lingüística, recomendámosvos estes doce libros que podedes atopar na nosa Biblioteca.
Este venres desfrutamos de grandes historias grazas a dúas curtas imprescindibles.
En Infantil, a Fada Mariña trouxo a curta "A ovella pelada" de Pixar e, en Primaria, o rato Leo compartiu a conmovedora historia de "Cuerdas" de Pedro Solís.
A conmemoración do 8 do marzo exténdese no tempo. Comezamos estudando mulleres científicas, puxemos nomes de investigadoras galegas ós corredores, coñecemos a aviadoras,... e seguiremos... porque queda moito que acadar e coñecer.
Desta vez os rapaces e rapazas de 6ºA representaron o conto "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de reis" de Chema Heras e Kiko Dasilva. Fixérono XENIAL!!
En Infantil desfrutaron da curta baseada no conto "El pez arcoiris" de Marcus Pfister