Hoxe, da man de Álvaro Segade Martínez de 6ºA, imos pasar un bo rato escoitando "A VACA QUE PUXO UN OVO" de Andy Cutbill e Russel Ayto. Este libro podédelo atopar na biblioteca.
Moitas grazas polo teu traballo, Álvaro.
Hoxe, da man de Álvaro Segade Martínez de 6ºA, imos pasar un bo rato escoitando "A VACA QUE PUXO UN OVO" de Andy Cutbill e Russel Ayto. Este libro podédelo atopar na biblioteca.
Moitas grazas polo teu traballo, Álvaro.
Como sabedes, celebramos unha data moi especial, máis dende a Biblio xa o levamos celebrando dende o día 1 (Bibliofeira ) e máis co pasado "Venres de Historias" e as súas interesantes propostas.
Hoxe, traemos ao noso Blog a Declaración da Directora Executiva da ONU sobre o Día Internacional da Muller 2021. Nela denuncia que durante a pandemia estase a producir un aumento da violencia contra as mulleres e as nenas insostible.
Con todo, existen algúns logros que son motivo de celebración, aínda que sigan a ser claramente unha excepción. Son as mulleres que teñen chegado ao máis alto de entidades como á Organización Mundial do Comercio, ao Fondo Monetario Internacional ou ao Banco Central Europeo e esperamos que se produzan máis nomeamentos deste tipo.
Non deixamos pasar a data do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, nestes Venres de Historias.
Invitámosvos nesta ocasión a ver varias curtas, tendes donde escoller.
Agardamos que vos gusten e vos fagan reflexionar, aprender e nos axuden a todos a avanzar cara unha mellor sociedade.
DRAGON BOY de Lisa Allen, Bernardo Warman e Shaofu Zhang
Este venres Lara Fernández, coa colaboración de Maya Lage, de 6ºA cóntanos o conto HILO SIN FIN de Mac Barnett e Jon Klassen, que podedes atopar na biblioteca.
Moitas grazas polo voso traballo e compartir con todos nós!!
Esta semana temos moito que celebrar , nin máis nin menos, que rendirlle homenaxe a unha escritora galega única, adiantada ao seu tempo, unha namorada da cultura ,que soubo transmitirnos tamén o seu amor por Galicia.
BIOGRAFÍA
POEMAS MUSICADOS
Hoxe ALIKE, dirixida por Daniel Martínez Lara e Rafa Cano Méndez. Unha curtametraxe animada para PENSAR e REPENSAR que vida temos e que vida queremos ter, GRIS ou de CORES.
Apetécevos escoitar música infantil en Radio Picariña? Preme no enlace: https://www.crtvg.es/en-directo/canles-directos-rg/radio-picarina
As nenas e nenos de 4ºF comparten con todos estas representacións da historia "SIETE RATONES CIEGOS" de Ed Young.
Este libro está dispoñible na biblioteca do colexio, na ubicada no edificio de infantil, por se o queredes solicitar.
Moitas grazas polo voso traballo!!
Hoxe un documental feito en Galicia e dirixido por Luis Navarro:
"A saúde dos nosos océanos"
A saúde dos nosos océanos from Divulgare on Vimeo.
O Día da Ilustración celébrase cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano é homenaxeado un ilustrador histórico galego. A protagonista deste ano é Lolita Díaz Baliño.
Hoxe, os VENRES DE HISTORIAS veñen da man do TEACHER XAN.
Escoitade e pasade un bo rato con "SHARK IN THE PARK" e "SHARK IN THE DARK" de Nick Sharratt.
Non podemos deixar de compartir con todos vós esta mensaxe das rapazas e rapaces de 6ºE chea de PAZ e ESPERANZA.
MOITAS GRAZAS, por estas pílulas de enerxía e optimismo.