O Sábado, día 20 conmemorouse o Día internacional da narración oral e a escritora Fina Casalderrey redactou un Manifesto que compartimos con vós. Convidámosvos a participar lendo o texto de Fina e contando historias nas vosas aulas.
21/03/2021
16/03/2021
BIBLOFEIRA ADICADA Á POESÍA
O vindeiro 21 de Marzo celebramos o Día da Poesía. Seguro que xa líchedes moitos poemas e que incluso sabedes os vosos favoritos de memoria. Deixámosvos unha mostra dalgúns libros de poesía que temos na Biblio e vos adiantamos que este ano o Día das Letras Galegas estará adicado á poetisa Xela Arias.
12/03/2021
SEMANA DA PRENSA
Os medios de comunicación son ferramentas para informar e comunicar contidos de forma masiva ás persoas.
Hoxe temos varias formas de acceso á información de distinto tipo: social, cultural, deportiva, política, económica e esta información pode tamén referirse a un contexto local , comunitario, nacional ou incluso mundial.
A prensa, o xornal, é un destes medios masivos de comunicación e, ademáis ten máis seguidores debido a que ten soporte dixital en Internet . De seguro que tedes lido moitas novas a través do teléfono móbil ou das tablets. Máis, a que tamén é estupendo pasar as páxinas do xornal ?
Na Biblioteca contamos co xornal mensual O papagaio en formato papel e vos deixamos o enlace á súa versión dixital.
https://www.opapagaio.gal/o-papagaio-dixital
CRECER LENDO COMIGO
O Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa proponnos, a través de Leer.es, unha serie de recursos de fomento da lectura destinados ás familias e aos docentes.
Realmente é moi interesante porque o proxecto presenta catro recursos organizados por grupos de idade (ata 3 anos, de 4 a 7 e de 8 a 11 ou máis) . Neles se ofrece información sobres as características dos nenos e nenas a esas idades , así como as distintas estratexias que poden empregar os adultos para xerar o gusto pola lectura.
Aquí tendes o enlace: https://leer.es/proyectos/crece-leyendo-conmigo
11/03/2021
VENRES DE HISTORIAS. A VACA QUE PUXO UN OVO
Hoxe, da man de Álvaro Segade Martínez de 6ºA, imos pasar un bo rato escoitando "A VACA QUE PUXO UN OVO" de Andy Cutbill e Russel Ayto. Este libro podédelo atopar na biblioteca.
Moitas grazas polo teu traballo, Álvaro.
08/03/2021
IGUAIS E LIBRES : EDUCACIÓN RESPONSABLE
DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
Como sabedes, celebramos unha data moi especial, máis dende a Biblio xa o levamos celebrando dende o día 1 (Bibliofeira ) e máis co pasado "Venres de Historias" e as súas interesantes propostas.
Hoxe, traemos ao noso Blog a Declaración da Directora Executiva da ONU sobre o Día Internacional da Muller 2021. Nela denuncia que durante a pandemia estase a producir un aumento da violencia contra as mulleres e as nenas insostible.
Con todo, existen algúns logros que son motivo de celebración, aínda que sigan a ser claramente unha excepción. Son as mulleres que teñen chegado ao máis alto de entidades como á Organización Mundial do Comercio, ao Fondo Monetario Internacional ou ao Banco Central Europeo e esperamos que se produzan máis nomeamentos deste tipo.
04/03/2021
VENRES DE HISTORIAS. DÍA DA MULLER
Non deixamos pasar a data do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller, nestes Venres de Historias.
Invitámosvos nesta ocasión a ver varias curtas, tendes donde escoller.
Agardamos que vos gusten e vos fagan reflexionar, aprender e nos axuden a todos a avanzar cara unha mellor sociedade.
DRAGON BOY de Lisa Allen, Bernardo Warman e Shaofu Zhang
01/03/2021
BIBLOFEIRA ADICADA AO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
25/02/2021
VENRES DE HISTORIAS. HILO SIN FIN
Este venres Lara Fernández, coa colaboración de Maya Lage, de 6ºA cóntanos o conto HILO SIN FIN de Mac Barnett e Jon Klassen, que podedes atopar na biblioteca.
Moitas grazas polo voso traballo e compartir con todos nós!!
20/02/2021
ROSALÍA DE CASTRO: MOITO QUE CELEBRAR
Esta semana temos moito que celebrar , nin máis nin menos, que rendirlle homenaxe a unha escritora galega única, adiantada ao seu tempo, unha namorada da cultura ,que soubo transmitirnos tamén o seu amor por Galicia.
BIOGRAFÍA
POEMAS MUSICADOS
18/02/2021
VENRES DE HISTORIAS. ALIKE
Hoxe ALIKE, dirixida por Daniel Martínez Lara e Rafa Cano Méndez. Unha curtametraxe animada para PENSAR e REPENSAR que vida temos e que vida queremos ter, GRIS ou de CORES.
13/02/2021
13 DE FEBREIRO: DÍA MUNDIAL DA RADIO
Apetécevos escoitar música infantil en Radio Picariña? Preme no enlace: https://www.crtvg.es/en-directo/canles-directos-rg/radio-picarina
11/02/2021
VENRES DE HISTORIAS. SIETE RATONES CIEGOS
As nenas e nenos de 4ºF comparten con todos estas representacións da historia "SIETE RATONES CIEGOS" de Ed Young.
Este libro está dispoñible na biblioteca do colexio, na ubicada no edificio de infantil, por se o queredes solicitar.
Moitas grazas polo voso traballo!!




