Baixa o telón os VENRES HISTORIAS e faino por todo o alto, con dúas historias:
BERENGUELA, de Manuel María, interpretada polas compañeiras e compañeiros de 4ºA
e
THE GINGERBREAD MAN contado polos rapaces e rapazas de 6ºE
Baixa o telón os VENRES HISTORIAS e faino por todo o alto, con dúas historias:
BERENGUELA, de Manuel María, interpretada polas compañeiras e compañeiros de 4ºA
e
THE GINGERBREAD MAN contado polos rapaces e rapazas de 6ºE
Dende os VENRES DE HISTORIAS sumámonos á importante conmemoración que se celebra mañá, 5 de xuño: O DÍA INTERNACIONAL DO MEDIO AMBIENTE.
Compartimos dúas curtametraxes para pensar e reflexionar:
DE HOMO CONSUMUS A HOMO RESPONSABILIS de Pablo Llorents.
SOCIEDAD DE CONSUMO E OBSOLECENCIA PROGRAMADA de Steve Cutts.
Se non sabes o que é a OBSOLESCENCIA PROGRAMADA anímate a investigalo!!
TODO O COLEXIO CELEBROU DURANTE VARIOS DÍAS ESTA DATA TAN SINALADA. MIRADE QUE BEN QUEDARON OS VOSOS TRABALLOS !
O alumnado de 1º celebrou o Día do libro decorando as súas fiestras cun gran mural para que todos o vexamos no patio.
Como bos escritores e escritoras que son, os rapaces e rapazas de 2º comparten con nós os seus contos. Todos eles suceden, sucederon ou poden suceder en Betanzos. Lede e veredes !O alumnado de 3º tamén nos agosallou cos seus contos. Todos os personaxes viven nas augas do Mandeo e da Terra das Mariñas.
O alumnado de 4º festexou o Día do Libro infantil e o Día do Libro con actividades variadas encamiñadas a recoñecer e resaltar a importancia que os libros teñen na nosa vida.
Deixámosvos aquí algunhas delas:
O alumnado de 5º e 6º achéganos os programas que estiveron a desenvolver ao longo deste curso:
As rapazas e rapaces de 4º E comparten, con todos nós, o segundo acto da súa representación da adaptación do conto da RATIÑA PRESUMIDA.
Coma bos escritores e escritoras que son, as rapazas e rapaces de 2º tardaron un pouquiño en compartir con todos nós os seus contos pero aquí os tendes.
Todos os contos suceden, sucederon ou poden suceder en Betanzos...lede e veredes!!
Achegámonos ó 5 de xuño, DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE.
Nesta curtametraxe, elaborada polo proxecto Galego XEOCLIP, querémovos lembrar, a través das súas fermosas imaxes, como é Galicia: fermosa, brava, feble, agarimosa... e única.
Na nosa man está conservala.
HOXE ADICAMOS A BIBLOFEIRA A TODAS AQUELAS NOVIDADES QUE MERCAMOS DURANTE O CURSO E QUE ESCOLLEMOS MERCAR NA NOSA LINGUA. LER EN GALEGO É PENSAR EN GALEGO.
Neste VENRES DE HISTORIAS, compartimos con vós o primeiro acto dunha obra de teatro, baseada no conto da RATIÑA PRESUMIDA, interpretada polas rapazas e rapaces de 4º F.