Para rematar coas actividades propostas para a celebración do Día no Libro, deixámosvos a recompilación de fotos de todas e todos os que participastes nas actividades "EU SON PORTADA" e "PINTA A LECTURA".
MOITAS GRAZAS!!!
Para rematar coas actividades propostas para a celebración do Día no Libro, deixámosvos a recompilación de fotos de todas e todos os que participastes nas actividades "EU SON PORTADA" e "PINTA A LECTURA".
MOITAS GRAZAS!!!
This week in our library, to celebrate the Book`s day, pupils from 6th and 5th level prepare with the lenguage asistant, Sofía, two tales A taste of the moon and The story of the little Mole, to read to other classes in their level and for 4th level, too.
Teacher Xan prepare tales to read to his pupils.
Click on the image to see it
A Federación de ANPAS Compostela organiza o CONCURSO FOTOGRAFÍAS POLA IGUALDADE.
Este concurso fotográfico está dirixido ao alumnado e as familias dos centros de infantil, primaria, secundaria e bacharelato, conservatorios e escolas de música públicos co obxectivo de que plasmen nunha imaxe como ven a igualdade en calquera ámbito da vida.Toda a información sobre as bases do concurso, o formulario de inscrición e os documentos de autorización necesarios están accesibles na web deste concurso:
http://fotografiaspolaigualdade.fanpacompostela.gal/inscricions/
O prazo estará aberto ata o 16 de maio.
Para conmemorar o Día do Libro as parellas de Lecturas Compartidas escribiron os seus propios contos.
Foi unha actividade na que pequenos e grandes xuntaron as súas ideas, se axudaron e complementaron para crear uns Minicontos únicos, que poderedes ler na nosa BIBLIOTECA.
O obxectivo principal da convocatoria e dar visibilidade e difusión ás boas prácticas que se fan en Galicia. Ademáis dun premio en metálico e da publicación da experiencia na revista de educación Dyle, as propostas gañadoras poderán disfrutar dun lote de libros para a Biblioteca.
MESTRES E MESTRAS, ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR !!!
Consultade as bases no seguinte enlace:
http://www.feaegalicia.com/2023/02/premios-forum-europeo-galicia-2022-2023.html
6º Certame de Recolla das Imaxes e Podcasts do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués
Ponte…nas ondas! promove a recuperación e posta en valor das fotografías para que poidan ser usadas no ámbito escolar, pola carga didáctica que atesouran, e para seren coñecidas polo público en xeral e contribuír así ao paso do ámbito analóxico ao entorno dixital.
Para esta actividade será imprescindible a colaboración das familias do alumnado e do profesorado, que agradecemos de antemán.
Inclúese unha categoría de PODCASTs relacionados coas imaxes do patrimonio.
Non sabedes que facer nas próximas vacacións? Aquí tendes un montón de boas ideas culturais que pagan a pena facer.
Se queredes saber máis, premede no enlace:
Este ano celébrase o 25 aniversario da Unidade de Asistencia Integral a Cardiopatías Conxénitas Infantiles do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña e organizan dúas actividades das que nos convidan a participar.
Concurso de microrrelatos ¿Qué siente tu corazón?
Concurso de producción artística ¿Qué siente tu corazón?
Para coñecer as bases, preme nos seguintes enlaces:
Este ano o lema elexido é “Dalle ritmo á igualdade”. Poderedes atopar os materiais didácticos que se preparan anualmente dende a Galicia para a realización nas aulas na seguinte ligazón :
Hoxe estamos encantados de facer algo que realmente nos gusta, contar contos, historias, lendas, aventuras de personaxes de agora e de sempre que nos fan imaxinar historias fantásticas.
É por iso polo que LEO e MARIÑA comparten con vós algúns dos seus contos favoritos, escollidos de entre aqueles que lles enviaron, alén dos mares, os seus amigos espallados polas bibliotecas do mundo.