09/11/2013

06/11/2013

Castelo da Ignorancia ou Biblioteca...

O Día das Bibliotecas escolares lemos o conto titulado O claro do bosque e ... pensando, pensando os nenos e as nenas de 2º E decidimos que preferimos a BIBLIOTECA, e así o expresamos nos nosos debuxos, queredes velos?


 
E vós, onde preferides estar?

04/11/2013

Día das Bibliotecas escolares

O conto de Mónica Hughes titulado O claro do bosque serviunos de motivo para reflexionar sobre a importancia das bibliotecas, e máis concretamente a do colexio, no desenvolvemento das nosas actividades de traballo e no noso tempo de lecer.
Comezamos escoitando, lendo e comentando o texto, para despois reinterpretalo de diferentes formas, que iremos mostrando en posteriores entradas do blog.
Presentamos este poema inspirado no conto:

23/10/2013

Carta da Fada Mariña

De novo a Fada Mariña diríxese ao alumnado de Educación infantil co gallo dalgunha conmemoración, neste caso o Día das Bibliotecas escolares e o Samaín:

14/10/2013

Discapacidade auditiva

Despois de investigar e estar cunha persoa representante da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, elaboramos este sinxelo texto. Esperamos que vos axude a comprender mellor ás persoas con esta discapacidade. 

10/10/2013

Día da Discapacidade Auditiva. II

Despois de escoitar e ver historias de nenos que teñen deficiencia auditiva puxémonos a aprender algo da linguaxe que eles empregan para comunicarse, a linguaxe de signos, e elaboramos un pequeno dicionario de palabras, queres velo?

16/09/2013

Comezamos o curso

Benvidos ao novo curso.
Coma sempre, na biblioteca atoparedes recursos para aprender e para pasalo ben, así como actividades interesantes.
Esperamos que sexa para vós un lugar agradable e útil e participedes de todos os xeitos posibles.
De momento xa están preparándose as Caixas viaxeiras para levar ás aulas un cachiño da biblio.


29/06/2013

Festas do mundo. 4

Rematamos a presentación dos traballos elaborados arredor das festas nos países relacionados con nós, premede nas bandeiras para velos:


Alemania
China



Dinamarca
Uruguai
Vietnam




09/06/2013

Festas do mundo. 3

Continuamos coa presentación dos traballos elaborados arredor das festas nos países relacionados con nós, premede nas bandeiras para velos:


España
Brasil



EEUU
 
Perú
Marrocos

03/06/2013

Visita de Xosé Tomás

O ilustrador Xosé Tomás visitou a nosa biblioteca para encontrarse cos nenos e nenas de infantil.