O Día das Bibliotecas escolares lemos o conto titulado O claro do bosque e ... pensando, pensando os nenos e as nenas de 2º E decidimos que preferimos a BIBLIOTECA, e así o expresamos nos nosos debuxos, queredes velos?
O conto de Mónica Hughes titulado O claro do bosque serviunos de motivo para reflexionar sobre a importancia das bibliotecas, e máis concretamente a do colexio, no desenvolvemento das nosas actividades de traballo e no noso tempo de lecer. Comezamos escoitando, lendo e comentando o texto, para despois reinterpretalo de diferentes formas, que iremos mostrando en posteriores entradas do blog.
De novo a Fada Mariña diríxese ao alumnado de Educación infantil co gallo dalgunha conmemoración, neste caso o Día das Bibliotecas escolares e o Samaín:
Despois de investigar e estar cunha persoa representante da Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia, elaboramos este sinxelo texto. Esperamos que vos axude a comprender mellor ás persoas con esta discapacidade.
Despois de escoitar e ver historias de nenos que teñen deficiencia auditiva puxémonos a aprender algo da linguaxe que eles empregan para comunicarse, a linguaxe de signos, e elaboramos un pequeno dicionario de palabras, queres velo?
Benvidos ao novo curso. Coma sempre, na biblioteca atoparedes recursos para aprender e para pasalo ben, así como actividades interesantes. Esperamos que sexa para vós un lugar agradable e útil e participedes de todos os xeitos posibles. De momento xa están preparándose as Caixas viaxeiras para levar ás aulas un cachiño da biblio.