Chegou o momento de abrir as portas a CREARTE, a mostra audiovisual coa que compartimos os produtos finais elaborados polo alumnado do noso Proxecto Documental Integrado ARTISTADAS.
Ao longo deste curso, as aulas convertéronse en auténticos obradoiros de arte nos que nenos e nenas investigaron, experimentaron, crearon e descubriron diferentes artistas, técnicas e formas de expresión artística. Agora queremos convidarvos a coñecer unha pequena mostra de todo este traballo.
Para inaugurar esta serie de publicacións, achegarémonos ás creacións do alumnado de 4º e 5º de educación Infantil, que nos demostran que a creatividade non entende de idades.
4º Educación Infantil: Descubrir, experimentar e crear
Os nenos e nenas de 4º de Infantil preséntannos algunhas das obras de arte que realizaron ao longo deste PD. A través das súas explicacións poderemos coñecer as diferentes técnicas que empregaron para crear composicións moi orixinais, combinando creacións propias con recreaccións inpiradas en artistas destacados.
Ademais, a aula de 4ºA comparte Mesturas, unha produción audiovisual inspirada no conto Pequeno Azul e Pequeno Amarelo da editorial Kalandraka. A parttir desta historia descubiron como as cores poden transformarse e crear novas posibilidades artísticas mediante a expirementación e o xogo.
5º Educación Infantil: coñecendo a Maruja Mallo
O alumnado de 5º de Infantil centrou o seu traballo na figura de Maruja Mallo, unha artista galega innovadora e referente do século XX.
Neste vídeo comparten con nós moitas das aprendizaxes realizadas ao longo do curso e amósannos o moito que gozaron coñecendo a súa historia, a súa personalidade e a súa obra.
Varias propostas diferentes, un mesmo obxectivo: aprender a través da arte, da creatividade e da emoción.
Convidámosvos a gozar destas primeiras creacións audiovisuais de CREARTE e a acompañarnos durante os próximos días nesta viaxe polas creacións artísticas de todo o alumnado do centro.
Benvidos e benvidas a CREARTE 2026!