12/02/2014

Creamos circuitos eléctricos

Nenas e nenos de 6º explican como crearon circuitos eléctricos, utilizando a información que tiveron ao alcance e aplicando técnicas que aprenderon.
Aquí tedes unha mostra, para ver máis premede neste enlace.

10/02/2014

Que podemos facer nós pola PAZ?

Nenas e nenos, profesoras e profesores buscamos respostas a esta pregunta, aquí podedes ver algunha:

(prometemos cumplir o escrito)



Podedes ver os abecedarios pola PAZ no blogue Non te cortes coa lingua.

27/01/2014

2000 pombas e 14 cantigas pola PAZ

Esta é a proposta do colexio para conmemorar o Día da Paz e Non-Violencia.

2000 pombas.
Con elas confeccionaremos:
  • Un abecedario de palabras pola PAZ.
  • Comprometerémonos coa Paz e a convivencia no noso entorno reflexionando e respondendo á pregunta Que podemos facer nós pola PAZ?
14 cantigas.
Música variada e diversa, como somos nós. Para escoitar, ler, pensar e dialogar sobre o que hai de malo no mundo, e, sobre todo, o bo e maravilloso que temos e o que aínda podemos conquerir.
E, porque non, para botar un baile e disfrutar.
 
Se queredes escoitar algunas, ide ao blog Non te cortes coa Lingua.

E lembrade que tamén correremos a I Carreira Solidaria Vales  Villamarín.

13/01/2014

Os colaboradores entran en acción

63 nenas e nenos de  5º de E.P. forman o grupo de alumnos colaboradores da biblioteca, que, en parellas, desenvolven moi ben as súas tarefas:
  • Acompañar ao alumnado do 1º ciclo na travesía cara a biblioteca.
  • Axudar no cumprimento das normas.
  • Colaborar cos demais, especialmente co alumnado de 1º ciclo, a buscar libros apropiados á súa idade e gustos.
  • Colocar e axudar a colocar correctamente os libros nos andeis.
  • Retirar os libros deteriorados.
  • Participar no taller de reparación de libros deteriorados, denominado Hospital de libros.
Moitas grazas a todos.
 
 
 

03/12/2013

Día Mundial das persoas con discapacidade I

O alumnado de Ed. Infantil interpreta para todos nós o libro titulado Os meus amigos especiais:
 
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvalesvillamarin/aulavirtual/mod/flashvideo/view.php?id=4816
 
(Preme na imaxe e verás a presentación)

09/11/2013

06/11/2013

Castelo da Ignorancia ou Biblioteca...

O Día das Bibliotecas escolares lemos o conto titulado O claro do bosque e ... pensando, pensando os nenos e as nenas de 2º E decidimos que preferimos a BIBLIOTECA, e así o expresamos nos nosos debuxos, queredes velos?


 
E vós, onde preferides estar?

05/11/2013

04/11/2013

Día das Bibliotecas escolares

O conto de Mónica Hughes titulado O claro do bosque serviunos de motivo para reflexionar sobre a importancia das bibliotecas, e máis concretamente a do colexio, no desenvolvemento das nosas actividades de traballo e no noso tempo de lecer.
Comezamos escoitando, lendo e comentando o texto, para despois reinterpretalo de diferentes formas, que iremos mostrando en posteriores entradas do blog.
Presentamos este poema inspirado no conto:

23/10/2013

Carta da Fada Mariña

De novo a Fada Mariña diríxese ao alumnado de Educación infantil co gallo dalgunha conmemoración, neste caso o Día das Bibliotecas escolares e o Samaín: