O colexio creou un programa de radio que presentou ao Certame de radio escolar a prol da diversidade cultural, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Fomos seleccionados e o premio consistiu nunha visita á Facultade de Ciencias da Comunicación para participar na gala coa que inauguraron a radio da USC.
Visitamos a radio da USC on PhotoPeach
14/02/2014
12/02/2014
Creamos circuitos eléctricos
Nenas e nenos de 6º explican como crearon circuitos eléctricos, utilizando a información que tiveron ao alcance e aplicando técnicas que aprenderon.
Aquí tedes unha mostra, para ver máis premede neste enlace.
Aquí tedes unha mostra, para ver máis premede neste enlace.
10/02/2014
Que podemos facer nós pola PAZ?
Nenas e nenos, profesoras e profesores buscamos respostas a esta pregunta, aquí podedes ver algunha:
(prometemos cumplir o escrito)
Podedes ver os abecedarios pola PAZ no blogue Non te cortes coa lingua.
(prometemos cumplir o escrito)
Podedes ver os abecedarios pola PAZ no blogue Non te cortes coa lingua.
27/01/2014
2000 pombas e 14 cantigas pola PAZ
Esta é a proposta do colexio para conmemorar o Día da Paz e Non-Violencia.
2000 pombas.
2000 pombas.
Con elas confeccionaremos:
E lembrade que tamén correremos a I Carreira Solidaria Vales Villamarín.
- Un abecedario de palabras pola PAZ.
- Comprometerémonos coa Paz e a convivencia no noso entorno reflexionando e respondendo á pregunta Que podemos facer nós pola PAZ?
14 cantigas.
Música variada e diversa, como somos nós. Para escoitar, ler, pensar e dialogar sobre o que hai de malo no mundo, e, sobre todo, o bo e maravilloso que temos e o que aínda podemos conquerir.
E, porque non, para botar un baile e disfrutar.
Se queredes escoitar algunas, ide ao blog Non te cortes coa Lingua.
E lembrade que tamén correremos a I Carreira Solidaria Vales Villamarín.
13/01/2014
Os colaboradores entran en acción
63 nenas e nenos de 5º de E.P. forman o grupo de alumnos colaboradores da biblioteca, que, en parellas, desenvolven moi ben as súas tarefas:
- Acompañar ao alumnado do 1º ciclo na travesía cara a biblioteca.
- Axudar no cumprimento das normas.
- Colaborar cos demais, especialmente co alumnado de 1º ciclo, a buscar libros apropiados á súa idade e gustos.
- Colocar e axudar a colocar correctamente os libros nos andeis.
- Retirar os libros deteriorados.
- Participar no taller de reparación de libros deteriorados, denominado Hospital de libros.
Moitas grazas a todos.
19/12/2013
12/12/2013
03/12/2013
Día Mundial das persoas con discapacidade I
O alumnado de Ed. Infantil interpreta para todos nós o libro titulado Os meus amigos especiais:
(Preme na imaxe e verás a presentación)
25/11/2013
09/11/2013
Un conto, varias miradas
Presentamos algunhas das reescrituras que realizamos a partir do conto O claro do bosque:
07/11/2013
O claro do bosque. 1º D - E
Esta é a nosa versión do conto que aprendemos o Día das Bibliotecas escolares:
06/11/2013
Castelo da Ignorancia ou Biblioteca...
O Día das Bibliotecas escolares lemos o conto titulado O claro do bosque e ... pensando, pensando os nenos e as nenas de 2º E decidimos que preferimos a BIBLIOTECA, e así o expresamos nos nosos debuxos, queredes velos?
E vós, onde preferides estar?
05/11/2013
O claro do bosque. 1º B
Esta é a nosa versión do conto que aprendemos o Día das Bibliotecas escolares:
04/11/2013
Día das Bibliotecas escolares
O conto de Mónica Hughes titulado O claro do bosque serviunos de motivo para reflexionar sobre a importancia das bibliotecas, e máis concretamente a do colexio, no desenvolvemento das nosas actividades de traballo e no noso tempo de lecer.
Comezamos escoitando, lendo e comentando o texto, para despois reinterpretalo de diferentes formas, que iremos mostrando en posteriores entradas do blog.
Comezamos escoitando, lendo e comentando o texto, para despois reinterpretalo de diferentes formas, que iremos mostrando en posteriores entradas do blog.
Presentamos este poema inspirado no conto:
23/10/2013
Carta da Fada Mariña
De novo a Fada Mariña diríxese ao alumnado de Educación infantil co gallo dalgunha conmemoración, neste caso o Día das Bibliotecas escolares e o Samaín:
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



