O amor, o desamor, a ledicia, a festa, a beleza, a terra, a emigración, a soidade, …están presentes na súa obra.
Músicos de diferentes estilos interpretaron e seguen interpretando os seus poemas.
Aquí podedes atopar unha escolma:
Pronto chegarán as caixas viaxeiras ás aulas para que poidades descubrir un anaquiño dese tesouro. As mochilas sairán camiño dalgunhas casas. |
| Os colaboradores comezarán a súa actividade. |
| Compartiremos lecturas, recomendaremos libros uns a outros e... seguro que haberá moitas sorpresas! Estade pendentes! |
| “Falamos diferentes linguas e vimos de diferentes orixes, mais compartimos as mesmas historias” É a mesma historia que se nos conta a todos En diferentes voces En diferentes cores Pero permanece inmutábel… Comezo… Argumento… E fin… |