01/11/2016

FORMACIÓN DE USUARIOS

Dende o 17 de outubro ata o 4 de novembro estanse a realizar na biblioteca as sesións de formación de usuarios para o alumnado de primaria.
Nas sesións, coa colaboracións dos titores, lémbranse as normas e funcionamento da biblioteca, fanse actividades de búsqueda de libros e búsqueda de información e, por último, faise entrega dos carnés.
Un traballo co que se pretende atraer os nenos á biblioteca e aprenderlles a manexarse e facer un bo uso dela.



28/10/2016

SAMAÍN

A biblioteca sacou dos seus estantes todos os libros de medo, bruxas, vampiros e demáis seres terroríficos para celebrar o Samaín.
Esta data sempre ten moi boa acollida porque úneselle que coincide coa entrega dos carnés e todos están ansiosos por estrenalos.
"Non hai medo que por ben non veña".



Tamén montamos a casiña terrorífica para animalos a ler historias de medo acubillados e iluminados cunha lanterna. 
Feliz Samaín!

27/10/2016

BIBLIOTECA EN INFANTIL

Xa está listo o novo espazo da biblioteca no aulario de Educación Infantil. 
A Fada Mariña ten agora un lugar ben bonito para contarlle historias ós peques do cole. 



MOCHILAS VIAXEIRAS

Outro ano máis xa saíron as mochilas viaxeiras rumbo as casas das nenas e nenos de 2º e 3º de primaria. 
Son 20 mochilas cargadas de contos, aventuras, poesía, DVDs, ... para disfrutar en familia. 
Boa viaxe!!!

25/10/2016

O PAPAGAIO

Xa podedes atopar na biblioteca a nova revista O PAPAGAIO .

Revista que edita en galego Edicións Moito Conto e que dirixe Abraham Carreiro.

Na revista atoparedes información sobre ciencia, tecnoloxía, cultura, historia, arte e ecoloxía; tamén banda deseñada e manualidades.

Clicando aquí podedes acceder a ela en formato dixital.

Agardamos que a disfrutedes!! 

 

20/10/2016

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O vindeiro 24 de outubro celebramos o día das Bibliotecas. 

Dende o equipo de Normalización e Dinamización Lingüística propuxéronse actividades  sobre o libro "Los fantásticos libros voladores del Señor Morris Lessmore" de  William Joyce.

Un libro que pon en valor o papel da biblioteca e dos libros. Como eles nos pode cambiar,  facer voar e emprender novas e fantásticas "viaxes".
Nós, que este ano imos preparar a viaxe de Leo, seguro que na biblioteca atoparemos historias que nos transportarán a outros sitios e nos farán voar coa imaxinación, axudándonos, pouco a pouco, a escribir a nosa propia historia. O noso propio libro.
Disfrutádeo!!
Aquí tendes o corto, información e posibles actividades (o libro está na biblio)

15/09/2016

COMEZAMOS!!

Leo e Mariña danvos a benvida un curso máis.
Este ano teñen pensado vivir moitas aventuras na nosa compañía. 

Por certo, a Leo sentoulle moi ben o verán, mirade que aspecto renovado loce!!.
Pronto teredes novas deles.

17/06/2016

A Berenguela

Os nenos e nenas de 5ºA  puxeron imaxes e voz  á obra de teatro de Manuel María "Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela"
Esperamos que vos guste.
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvalesvillamarin/aulavirtual/mod/resource/view.php?inpopup=true&id=10229
Preme na imaxe para ver o vídeo

15/06/2016

BENVIDA 2016

O venres 3 de xuño démoslle a benvida ós nenos e nenas de Educación Infantil, do noso colexio e das unitarias adscritas de Coirós, Ois, Areas e Viñas, que o vindeiro curso comezarán con nós a etapa de Primaria.
Coa axuda dos alumnos de 1º, que fixeron de guías, os pequenos viñeron coñecer lugares do "cole de maiores" como a cociña, o Departamento de Orientación, o pavillón, a sala de usos múltiples e a biblioteca. En cada lugar tiveron unha sorpresa.
Aquí, na biblioteca, coñeceron a Leo, a nosa mascota e disfrutaron da historia "Una montaña de amigos" de Kerstin Schoene. 

Preme na imaxe para ver as fotos

Neste libro, maravilloso, cóntase a historia dun pingüín que non podía acadar o seu soño: voar e chegar ás nubes e como, grazas ós seus amigos, o acada. Eles tamén lle axudaron facéndolle un globo aeróstatico, para que sempre que o desexe, poida voar.

23/05/2016

NOVOS LIBROS

Chegaron novos libros á  biblioteca atendendo ás vosas peticións feitas á traves do buzón de suxestións.
Son: 
SEXTO VIAJE AL REINO DE LA FANTASÍA             SÉPTIMO VIAJE AL REINO DE LA FANTASÍA             LA VUELTA AL MUNDO EN 80 DÍAS


             

Esperamos que vos gusten e disfrutedes moito con eles!
Pero tamén temos outras novidades na sección de cómic:
    marieta 2: los recuerdos de naneta-9788415850120   marieta 3: la buena estrella-9788415850533
As historias de Marieta de Nob da editorial Dib Buks
Marieta, agora Naneta, lembra como foi a súa infancia, como tivo que ir  vivir ó campo cos avós nunha época de guerra, aprender todo, facer novos amigos...



LETRAS GALEGAS 2016. MANUEL MARÍA

Este ano o día das Letras Galegas adicouse ó escritor Manuel María. O Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística organizou actividades no noso centro ó longo de dúas semanas, algunhas delas podesdes velas se visitades o seu blog http://nontecortescoalingua.blogspot.com.es/ ou tamén dende aquí.
A biblioteca facilitou ós mestres un listado cos libros dispoñibles na nosa biblioteca para poder traballar ó escritor.
Neste Pearltrees podedes atopar todos os recursos que se facilitaron así como as actuacións e recitados que se fixeron no colexio.

MANUEL MARÍA, by bibliotecavales

11/05/2016

Kamishibai do Quijote

Unha das actividades coas que se conmemorou o Día do Libro foi a representación do Quijote a través do kamishibai por parte do alumnado de 6ºC e 6ºD aos nenos e nenas de 5 anos de Educación Infantil.
Cada clase de 6º, coa axuda dos seus titores, elaborou as láminas e o texto para a súa representación.
Acudiron ao edificio de infantil todos ilusionados coa idea de mostrar o seu traballo aos máis pequenos, que os recibiron expectantes.
Tamén quixeron mostrarllo aos nenos e nenas de 1º cos que levan todo o curso compartindo lecturas.


09/05/2016

Nenas e nenos de 4º presentan a Alicia ao alumnado de infantil

O alumnado de 4º de Educación Primaria acudiu ao edificio de Educación infantil para ler e representar para os máis pequenos a historia de Alicia no País das Maravillas.
Durante a representación, axudándose das ilustracións feitas por eles, ensináronlles as aventuras disparatadas que lle ocorreron a Alicia, que era unha nena á que lle gustaba moito soñar.
Finalmente animáronos a seguir soñando, xa que ...

para que algo suceda primeiro hai que soñalo

Aquí vos presentamos a reportaxe desta actividade, enmarcada dentro da celebración do Día do Libro:

03/05/2016

DESCUBRINDO A CERVANTES E O QUIJOTE

Ó longo de dúas semanas tódolos alumnos de Primaria asistiron á nosa biblioteca para descubrir e aprender sobre Miguel de Cervantes e a súa obra Don Quijote de la Mancha
Aquí atoparon actividades  distribuídas en seis recunchos:


  • Vida de Cervantes
  • Personaxes do Quijote
  • Pasatempos 
  • Roupa e armaduras
  • Cómic
  • Actividades multimedia 
Tamén descubriron, tocaron, leron e ollaron todos os recursos bibliográficos que a biblioteca ten á súa disposición.
Traballaron xenial, con curiosidade, inquedanza, en equipo, con gañas de pasar a ver que atopaban noutro recuncho e as horas fixéronse curtas.
Grazas a todos por participar!!







Cervantes e o Quijote na Biblioteca on PhotoPeach
E non nos podemos esquecer de dar as grazas a todos os alumnos de 1º e as súas mestras e mestre por deixarnos o cole tan bonito.





DECORAMOS O COLE on PhotoPeach