No seguintes porsters interactivos podedes ver algúns libros e recursos para traballar a coeducación e seguir educando para erradicar a violencia de xénero.
19/11/2017
14/11/2017
AGASALLO
O luns 13 recibimos un agasallo na biblioteca de parte de Carmen Rivas Alonso, alumna de 6º E.
Moitas grazas!
10/11/2017
MOCHILAS VIAXEIRAS
Este venres, as mochilas emprenderon a viaxe as casas das familias das nenas e nenos de 3º.
Con esta actividade, intentamos favorecer a formación dos nosos pequenos lectores coa inestimable colaboración das súas familias.
Agardamos que a desfrutedes todos xuntos, en familia!
30/10/2017
LECTURAS COMPARTIDAS
Por terceiro ano consecutivo, seguimos coa actividade das Lecturas Compartidas.
Esta actividade desenvólvena as nenas e nenos de 1º, 2º, 5º e 6º coa colaboración das súas titoras e titores. Ten unha periocidade quincenal.
23/10/2017
DÍA DAS BIBLIOTECAS
Para conmemorar o día das bibliotecas abrimos a exposición permanente sobre a Idade Media.
A nosa biblioteca comeza a transformarse nunha sala medieval que nos inspirará e facilitará os recursos para acadar os obxectivos propostos no PDI deste curso Medie"VALES".
Estades todas e todos invitados!!
Ó longo destas semanas celebraranse as sesións de formación de usuarios de todos os niveis coa posterior entrega de carnés.
Etiquetas:
ACTIVIDADES,
BIBLIOTECAS ESCOLARES,
CULTURA,
CURSO 17-18,
DÍA DAS BIBLIOTECAS,
ESPAZOS LECTORES,
FOMENTO DA LECTURA,
LECTURA,
MEDIEVALES,
PARTICIPACIÓN,
PDI,
VALORES
09/10/2017
BIBLIOPATIO
Nestes días tan solleiros xa se pode disfrutar no recreo dun recuncho de lectura.
Entre Leo (mascota da biblioteca) e Mero (xardiñeiro do colexio) argallaron a idea.
Polo momento ten moi boa acollida a iniciativa.
UN NOVO CURSO
Estamos de volta, un curso máis comeza a súa andaina.
Leo estivo a traballar moi duro para ter todo listo.
Comezaron a chegar ás aulas as primeiras Caixas viaxeiras. Este curso saen 29!!.
As Mochilas Viaxeiras, para 2º e 3º, son un total de 20! e a vindeira semana comezarán As Lecturas Compartidas.
Agardamos que o disfrutedes!!
Pd. din que apareceu un tesouro!!
19/06/2017
RECOMENDACIÓNS DE VERÁN
Na presentación que segue podedes descubrir interesantes recomendacións de libros para pasar un verán entretido.
Clicando nos libros podedes atopar información sobre eles.
Todos os libros os podedes atopar na nosa biblioteca.
Agardamos que vos sexa útil.
Etiquetas:
ACTIVIDADES,
BIBLIOTECAS ESCOLARES,
CULTURA,
CURSO 16-17,
FAMILIAS,
FOMENTO DA LECTURA,
LECTURA,
PARTICIPACIÓN,
RECOMENDACIÓNS LECTORAS,
VALORES
24/05/2017
RESOLUCIÓN VOLUNTARIADO DE LECTURA
O día 22 de maio saiu publicada a Resolución sobre a convocatoria de Biblotecas Escolares Solidarias e a biblioteca do noso colexio foi unha das 8 seleccionadas "en función do interese e calidade das actividades recollidas na memoria". Ditas actividades son As Lecturas Compartidas e os Colaboradores da Biblioteca levadas a cabo polos nenos e nenas de 5º e 6º de Primaria.
LECTURAS COMPARTIDAS on PhotoPeach
Como agasallo, aparte de diploma e camiseta, contaremos cuns obradoiros a cargo de Xandobela o día 16 de xuño no colexio para os alumnos de 6º.
Parabéns a todos os alumnos de 5º e 6º e, por suposto, ós seus apadriñados e cómplices da actividade de Lecturas Compartidas, as alumnas e alumnos de 1º e 2º.
Como agasallo, aparte de diploma e camiseta, contaremos cuns obradoiros a cargo de Xandobela o día 16 de xuño no colexio para os alumnos de 6º.
Parabéns a todos os alumnos de 5º e 6º e, por suposto, ós seus apadriñados e cómplices da actividade de Lecturas Compartidas, as alumnas e alumnos de 1º e 2º.
Todo non sería posible sen as súas titoras e titores .
22/05/2017
EXPOSICIÓN DESCUBRINDO AS CORES DO MUNDO. UNHA VIAXE EN GLOBO
A vindeira semana dará comezo a exposición "Descubrindo as cores do mundo. Unha viaxe en globo" na que participarán todo o alumnado de Educación Infantil e Primaria do Colexio e das unitarias adscritas de Coirós. Máis de 1000 nenos e nenas que, ó longo dunha semana, irán descubrindo o traballo feito polos compañeiros sobre Nubaris, Exipto, Italia, Brasil, Betanzos, Venezuela, China, Marrocos, Perú e EEUU para axudar a Leo a preparar a súa viaxe en globo por todos eses lugares do mundo.
Ó longo de todo o curso investigaron sobre os países e toda esa información plasmarase nos corredores de cada nivel e resumirase nun tríptico.
Todas os cursos visitarán todos os países e serán guiados polos alumnos do nivel correspondente.
Esta actividade desenvolveráse ó longo de 5 días da seguinte forma:
|
Día – cursos que guían
9:15 a 10:45
|
Luns – E
29 de maio
|
Xoves – D
1 de xuño
|
Venres– B
2 de xuño
|
Luns – A
5 de xuño
|
Martes – C
|
|
Cursos que visitan
|
1ºB
|
1ºA
|
1ºC
|
1ºD
|
1ºE
|
|
Cursos que visitan
|
2ºB
|
2ºA
|
2ºC
|
2ºD
|
2ºE
|
|
Cursos que visitan
|
3ºB
|
3ºA
|
3ºC
|
3ºD
|
3ºE
|
|
Cursos que visitan
|
4ºB
|
4ºA
|
4ºC
|
4ºD
|
4ºE
|
|
Cursos que visitan
|
5ºB
|
5ºA
|
5ºC
|
5ºD
|
5ºE
|
|
Cursos que visitan
|
6ºB
|
6ºA
|
6ºC
|
6ºD
|
6ºE
|
|
Cursos que visitan
|
5 ANOS
|
5 ANOS
|
5 ANOS
|
5 ANOS
|
4 ANOS
|
|
Cursos que visitan
|
4 ANOS
|
4 ANOS
|
4 ANOS
|
5 ANOS
|
COIROS
|
|
Cursos que visitan
|
3 ANOS
|
3 ANOS
|
3 ANOS
|
3 ANOS
|
|
Etiquetas:
ACTIVIDADES,
APRENDIZAXE,
BIBLIOTECAS ESCOLARES,
CULTURA,
CURSO 16-17,
DESCUBRINDO AS CORES DO MUNDO. UNHA VIAXE EN GLOBO,
DIVERSIDADE,
EXPOSICIÓN,
INVESTIGACIÓN,
LECTURA,
PARTICIPACIÓN,
PDI
17/05/2017
DÍA DAS LETRAS GALEGAS
Carlos Casares é o autor homenaxeado neste ano.

Toda a información sobre el e as súas obras, recursos, actividades podédela atopar no blogue do Equipo de Dinamización e Normalización lingüística Non te cortes coa lingua.
Etiquetas:
ACTIVIDADES,
BIBLIOTECAS ESCOLARES,
CULTURA,
CURSO 16-17,
DÍA DAS LETRAS GALEGAS,
FOMENTO DA LECTURA,
LECTURA,
LITERATURA GALEGA,
PARTICIPACIÓN,
VALORES
08/05/2017
BALLET, "CHARLIE E A FÁBRICA DE CHOCOLATE"
O venres 28 tivemos o pracer de desfrutar da representación de varios capítulos da obra de Roald Dahl, gracias a Danzarte que, un ano máis, nos agasallaron coa interpretación en forma de ballet desta obra.
Descubrimos as películas, a música e a danza que inspiraron o libro de Roal Dahl.
PINOCHO
O pasado xoves 27 asistimos a un marabilloso concerto no Conservatorio Superior Da Coruña, onde escoitamos a obra sinfónica Pinocho de Ferrer Ferrán, basada no libro de Carlo Collodi.
Descubrimos que os libros inspiran cine e tamén Música.
Etiquetas:
ACTIVIDADES,
BIBLIOTECAS ESCOLARES,
CULTURA,
CURSO 16-17,
FOMENTO DA LECTURA,
LECTURA,
LITERATURA INFANTIL E XUVENIL,
PARTICIPACIÓN,
PINOCHO,
VALORES
LEOTOLDA
Despois de ler o conto de Olga de Dios, LEOTOLDA
as nenas e nenos da nosa escola imaxinaron así á protagonista :
as nenas e nenos da nosa escola imaxinaron así á protagonista :
Etiquetas:
ACTIVIDADES,
BIBLIOTECAS ESCOLARES,
CREATIVIDADE,
CULTURA,
CURSO 16-17,
ESPAZOS LECTORES,
FOMENTO DA LECTURA,
LECTURA,
LEOTOLDA,
PARTICIPACIÓN,
VALORES
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)











