23/01/2018

LECTURAS COMPARTIDA 6ºC

Hoxe tivemos unha sesión de lecturas compartidas moi especial. 
As nenas e nenos de 6ºC estiveron a traballar na materia de reforzo de Lingua galega buscando lendas, preferiblemente medievais. Esta materia traballa a lingua oral, por iso pensaron en contarllas ao alumnado de lectura compartida ao que acompañan de 2ºE, que os escoitaron moi atentos.
As lendas foron:




18/01/2018

DÍA DA PAZ

Para conmemorar o día da Paz imos coñecer a historia de Malala Yousafzai, premio Nobel da Paz 2014.
Inspirándonos nela, debuxaremos e/ou escribiremos cun "lapis máxico" o que nós podemos facer, soñar ou desexar para alcanzar e traballar pola Paz.
Na biblioteca poderedes atopar "Malala, por el derecho de las niñas a la educación" de Raphaele Frier e Aurelia Fronti
e "El lápiz mágico de Malala" escrito por ela.

Tamén podedes descubrir no seguinte vídeo, un pouquiño máis sobre a súa vida.

"ONE CHILD, ONE TEACHER, ONE BOOK & ONE PEN CAN CHANGE THE WORLD" MALALA YOUSAKZAI

11/01/2018

6º A coñece a AUGUST

As alumnas e alumnos de 6ºA están a coñecer a August e a descubrir a súa "valiosísima" lección a través da lectura do libro de R.J.Palacio "Wonder. La lección de August".

A biblioteca adquiriu 27 exemplares para que os nenos descubran e aprendan con  August a ser mellores persoas.


21/12/2017

AGASALLO DA ASOCIACIÓN "LAR DE UNTA"

Esta semana recibimos uns libros da Asociación Lar de Unta, como agasallo,  por participar no concurso de debuxo "Samaín 2017" organizado por eles.
En breve os poderedes disfrutar na biblioteca.
Moitas grazas !!

12/12/2017

RECOÑECEMENTO O NOSO TRABALLO

Onte, 11 de decembro, foi publicada a Resolución do IV Concurso de Traballos por Proxectos e o noso traballo do PDI , do pasado curso,  "Descubrindo as cores do mundo. Unha viaxe en globo" foi galardonado na modalidade Intercentros, en colaboración coas EEI de Coirós de Arriba e Fontelo.
Parabéns a todas e a todos polo traballo!!!.

"Se camiñas so, chegarás máis rápido; 
se camiñas acompañado, chegarás máis lonxe"
Proverbio chino


30/11/2017

3 de Decembro

Para conmemorar o día internacional das persoas con discapacidade, dende o Departamento de Orientación  enviáronnos unha carta e propuxéronnos traballar a partires do libro "El reino de los mil escalones".




















O libro xa está dispoñible na biblioteca .
Como estamos pechados por obras dixámosvos uns recursos dixitais para traballar, concienciarnos e sensibilizarnos.

22/11/2017

PECHADO POR OBRAS

Dende hoxe e ata novo aviso, a nosa biblioteca estará pechada polas  obras de mellora que se están a realizar no noso centro. 
Desculpade as molestias.
Leo queda ó mando do "castelo"!!!


Esperámos poder estar pronto con vós!!

19/11/2017

25 de Novembro

No seguintes porsters interactivos podedes ver algúns libros e recursos para traballar a coeducación e seguir educando para erradicar a violencia de xénero. 

14/11/2017

AGASALLO

O luns 13 recibimos un agasallo na biblioteca de parte de Carmen Rivas Alonso, alumna de 6º E.

Moitas grazas!

10/11/2017

MOCHILAS VIAXEIRAS

Este venres, as mochilas emprenderon a viaxe as casas das familias das nenas e nenos de 3º.
Con esta actividade, intentamos favorecer a formación dos nosos pequenos lectores coa inestimable colaboración das súas familias.
Agardamos que a desfrutedes todos xuntos, en familia!




30/10/2017

LECTURAS COMPARTIDAS

Por terceiro ano consecutivo, seguimos coa actividade das Lecturas Compartidas.
Esta actividade desenvólvena as nenas e nenos de 1º, 2º, 5º e 6º coa colaboración das súas titoras e titores. Ten unha periocidade quincenal. 



23/10/2017

DÍA DAS BIBLIOTECAS

Para conmemorar o día das bibliotecas abrimos a exposición permanente sobre a Idade Media. 
A nosa biblioteca comeza a transformarse nunha sala medieval que nos inspirará e facilitará os recursos para acadar os obxectivos propostos no  PDI deste curso Medie"VALES".
Estades todas e todos invitados!!



Ó longo destas semanas celebraranse as sesións de formación de usuarios de todos os niveis coa posterior entrega de carnés.

09/10/2017

LEMA CURSO 2017/2018

"Aprender a pensar coa biblioteca escolar" 

BIBLIOPATIO

Nestes días tan solleiros xa se pode disfrutar no recreo dun recuncho de lectura. 
Entre Leo (mascota da biblioteca) e Mero (xardiñeiro do colexio) argallaron a idea.
Polo momento ten moi boa acollida a iniciativa.



UN NOVO CURSO

Estamos de volta, un curso máis comeza a súa andaina.
Leo estivo a traballar moi duro para ter todo listo.
Comezaron a chegar ás aulas as primeiras Caixas viaxeiras. Este curso saen 29!!. 
As Mochilas Viaxeiras, para 2º e 3º, son un total de 20! e a vindeira semana comezarán As Lecturas Compartidas.
Agardamos que o disfrutedes!!



Pd. din que apareceu un tesouro!!