O xoves, 25 de xaneiro, dentro da actividade de Lecturas Compartidas que se ven desenvolvendo na biblioteca, as nenas e nenos de 2º C sorprenderon ós seus compañeiros e, xa case, amigos de 6ºA.
Prepararon para eles unha dramatización do libro "Toño se queda solo" de Thierry Lenain.
Hoxe tivemos unha sesión de lecturas compartidas moi especial.
As nenas e nenos de 6ºC estiveron a traballar na materia de reforzo de Lingua galega buscando lendas, preferiblemente medievais. Esta materia traballa a lingua oral, por iso pensaron en contarllas ao alumnado de lectura compartida ao que acompañan de 2ºE, que os escoitaron moi atentos.
Tamén podedes descubrir no seguinte vídeo, un pouquiño máis sobre a súa vida. "ONE CHILD, ONE TEACHER, ONE BOOK & ONE PEN CAN CHANGE THE WORLD" MALALA YOUSAKZAI
As alumnas e alumnos de 6ºA están a coñecer a August e a descubrir a súa "valiosísima" lección a través da lectura do libro de R.J.Palacio "Wonder. La lección de August".
A biblioteca adquiriu 27 exemplares para que os nenos descubran e aprendan con August a ser mellores persoas.
Onte, 11 de decembro, foi publicada a Resolución do IV Concurso de Traballos por Proxectos e o noso traballo do PDI , do pasado curso, "Descubrindo as cores do mundo. Unha viaxe en globo" foi galardonado na modalidade Intercentros, en colaboración coas EEI de Coirós de Arriba e Fontelo.
Parabéns a todas e a todos polo traballo!!!. "Se camiñas so, chegarás máis rápido; se camiñas acompañado, chegarás máis lonxe"
Para conmemorar o día internacional das persoas con discapacidade, dende o Departamento de Orientación enviáronnos unha carta e propuxéronnos traballar a partires do libro "El reino de los mil escalones".
Dende hoxe e ata novo aviso, a nosa biblioteca estará pechada polas obras de mellora que se están a realizar no noso centro. Desculpade as molestias. Leo queda ó mando do "castelo"!!!
No seguintes porsters interactivos podedes ver algúns libros e recursos para traballar a coeducación e seguir educando para erradicar a violencia de xénero.