04/03/2018
MENSAXE DE LEO
Prestádelle atención a mensaxe que nos trae Leo e anímadevos a facervos protagonistas dun.
POESÍA
Esta semana, dentro da actividade de Lecturas Compartidas, unhas rapazas de 6º A acercaron a poesía ós seus amigos e compañeiros de 2º C.
28/02/2018
MATERIAIS PARA TRABALLAR O DÍA DA MULLER
No seguintes posters interactivos podedes atopar libros e recursos para traballar no día Internacional da muller e, especialmente, tódolos días.
OS MAIS PEQUENOS PODEREDES DESCUBRIR A HISTORIA DUNHA MULLER DA IDADE MEDIA, "LA DAMA DE ARINTERO" A TRAVÉS DOS LUNNIS EN CLAN TV
26/02/2018
XOGAMOS
O rato Leo enviou unha carta a todas as aulas de Primaria, animándo as nenas e nenos a descubrir a catro persoas que viviron na Idade Media.
A través dunha breve biografía teñen que IMAXINAR como eran esas persoas e debuxalas.
O 8 de marzo teremos as solucións!!
1 IMAXÍNAME:
Nacín en Armea (Coirós).
Os meus pais foron Pedro Eanes de Guimaráns e Azenda Pelaez.
Traballaba na Corte na época de Alfonso X “O Sabio” e tiña un soldo.
Tocaba varios instrumentos musicais, bailaba e cantaba.
Practicaba tiro con besta e sabía xogar ós dados.
Participei nunha das Cruzadas (Guerras medievais).
Nunca casei.
O meu nome aparece en varias cantigas.
Deixei desexo de que ó morrer me soterrasen no mosteiro de Sobrado dos
Monxes.
2 IMAXÍNAME:
Nacín en Pobra do Brollón (Lugo) no século XIV.
Encabecei unha protesta contra o Obispo de Lugo, Pedro López de
Aguiar, o 18 de xuño de 1386, polo abusivo dos seus impostos, porque eran tan altos que a xente
non os podía pagar.
Acusáronme da morte do seu maiordomo.
Tiven que dar as miñas posesións e 1000 maravedíes á Igrexia.
3 IMAXÍNAME:
Nacín en Salerno en 1110.
Estudei medicina na Universidade laica de Salerno.
Escribín o primeiro tratado sobre a saúde das mulleres durante o
embarazo e o parto. O meu traballo de investigación foi tan importante que
aínda se segue hoxe en día.
Moita xente dudou de que eu fora capaz de escribir os meus libros.
Traballei na Universidade dando clase de mediciña.
Morrín en Salerno en 1160.
4 IMAXÍNAME:
Nacín o 22 de abril de 1451 en Castela.
Os meus pais foron Isabel de Portugal e Juan II de Castela.
En 1474 comecei a reinar, pero tiven que gañar unha guerra civil
contra os que non querían que reinara. Vencín na Batalla de Toro.
Durante o meu reinado alonxei ós nobres do poder, mellorei
administración e contas. Quixen que todos se convertisen ó catolicismo,
expulsei ós xudeos e expulsei ós árabes da Península.
Apoiei a Cristobal Colón na súa aventura.
Reinei durante 30 anos.
Morrín o 26 de novembro de 1504.
20/02/2018
NOVAS COLECCIÓNS
Na biblioteca xa tendes á vosa disposición 3 novas coleccións con 26 exemplares cada unha, para que as poidades ler todos xuntos nas vosas aulas.
Agardamos que as disfrutedes!
Vinde descubrilas!!
19/02/2018
EN BUSCA DEL BESO
Os rapaces e rapazas de 6ºA sorprenderon ós seus compañeiros de 2ºC, coa representación do conto "En busca del beso"de David J. Melling
Así de ben o fixeron:05/02/2018
30/01/2018
NOVIDADES IDADE MEDIA
Amosámosvos libros sobre a Idade Media adquiridos recentemente. Están xa dispoñibles na biblioteca.
29/01/2018
LECTURA DRAMATIZADA DE 2º C A 6º A.
O xoves, 25 de xaneiro, dentro da actividade de Lecturas Compartidas que se ven desenvolvendo na biblioteca, as nenas e nenos de 2º C sorprenderon ós seus compañeiros e, xa case, amigos de 6ºA.
Prepararon para eles unha dramatización do libro "Toño se queda solo" de Thierry Lenain.
Fixérono fenomenal!!
Seguro que hai máis sorpresas....
23/01/2018
LECTURAS COMPARTIDA 6ºC
Hoxe tivemos unha sesión de lecturas compartidas moi especial.
As nenas e nenos de 6ºC estiveron a traballar na materia de reforzo de Lingua galega buscando lendas, preferiblemente medievais. Esta materia traballa a lingua oral, por iso pensaron en contarllas ao alumnado de lectura compartida ao que acompañan de 2ºE, que os escoitaron moi atentos.
As lendas foron:
- " A sombra do pelegrín. www.turismodesantiago.com
- "A casa encantada que non se vende" www.galiciaencantada.com
- "A Franqueira, a procesión dos bois" www.galiciaencantada.com
- "A nena do azucre" www.galiciaencantada.com"
- "A maldición de San Martiño de Noia" www.galiciaencantada.com
- "Non só os cans lamben" www.galiciaencantada.com
- "A casa do medo de Lariño" www. galiciaencantada.com
- " A casa casa encantada de Riazor" www.galiciaencantada.com
- "San Andrés de Teixido" www.galiciadigital.com
- " A nena das escaleiras" www.leyendadeterror.com
18/01/2018
DÍA DA PAZ
Para conmemorar o día da Paz imos coñecer a historia de Malala Yousafzai, premio Nobel da Paz 2014.
Inspirándonos nela, debuxaremos e/ou escribiremos cun "lapis máxico" o que nós podemos facer, soñar ou desexar para alcanzar e traballar pola Paz.
Na biblioteca poderedes atopar "Malala, por el derecho de las niñas a la educación" de Raphaele Frier e Aurelia Fronti
e "El lápiz mágico de Malala" escrito por ela.

Tamén podedes descubrir no seguinte vídeo, un pouquiño máis sobre a súa vida.
"ONE CHILD, ONE TEACHER, ONE BOOK & ONE PEN CAN CHANGE THE WORLD" MALALA YOUSAKZAI
11/01/2018
6º A coñece a AUGUST
As alumnas e alumnos de 6ºA están a coñecer a August e a descubrir a súa "valiosísima" lección a través da lectura do libro de R.J.Palacio "Wonder. La lección de August".
A biblioteca adquiriu 27 exemplares para que os nenos descubran e aprendan con August a ser mellores persoas.
21/12/2017
AGASALLO DA ASOCIACIÓN "LAR DE UNTA"
Esta semana recibimos uns libros da Asociación Lar de Unta, como agasallo, por participar no concurso de debuxo "Samaín 2017" organizado por eles.
En breve os poderedes disfrutar na biblioteca.
Moitas grazas !!
12/12/2017
RECOÑECEMENTO O NOSO TRABALLO
Onte, 11 de decembro, foi publicada a Resolución do IV Concurso de Traballos por Proxectos e o noso traballo do PDI , do pasado curso, "Descubrindo as cores do mundo. Unha viaxe en globo" foi galardonado na modalidade Intercentros, en colaboración coas EEI de Coirós de Arriba e Fontelo.
Parabéns a todas e a todos polo traballo!!!.
"Se camiñas so, chegarás máis rápido;
se camiñas acompañado, chegarás máis lonxe"
"Se camiñas so, chegarás máis rápido;
se camiñas acompañado, chegarás máis lonxe"
Proverbio chino
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)