Rematou a actividade de Lecturas Compartidas dunha forma moi creativa e participativa por parte dalgúns cursos que fixeron actividades novas coma crear un Kamishibai, crear un conto e representalo con títeres, inventar unha historia por parellas, narrar a historia do Rei Arturo os peques de 1º... e algunhas máis que virán.
12/06/2018
29/05/2018
ASÍ TRABALLAMOS
No seguinte vídeo podedes ver todo o que traballamos nas sesións de robótica cos nosos Mboots. Isto só é o comezo!
22/05/2018
04/05/2018
INTERCAMBIO DE LIBROS
O I Intercambio de libros do noso colexio desenvolveuse con éxito ó longo desta semana.
No seguinte vídeo podedes ver un resumo da experiencia. Agardamos poder seguir repetíndoa e mellorándoa.
23/04/2018
DÍA DO LIBRO CON RAQUEL QUEIZÁS
Un pracer, coma sempre, e un luxo a súa presenza na nosa biblioteca grazas o servicio de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos.
18/04/2018
DÍA DO LIBRO. I INTERCAMBIO DE LIBROS
Para conmemorar o día do Libro imos celebrar o I Intercambio de libros do CEIP Francisco Vales Villamarín.
Para participar na experiencia só hai que traer da casa un libro en bo estado polo que se recibirá un VALE.
Os libros recolleranse do 23 ó 27 de abril e iránse colocando na aula de Robótica clasificados por tres tramos de idades (6-7 anos, 8-9 anos e 10-12 anos).
Do 30 de abril ao 4 de maio os alumnos e alumnas acudirán coas titoras e titores a cambiar o vales por o libro que desexen.
Agardamos que desfrutedes da actividade.
FANTASÍA + MEMORIA = IMAXINACIÓN
Antonio Reigosa
17/04/2018
11/04/2018
20/03/2018
DEPENDE DE LOS 2
Mirade que bonito proxecto dos centros CRA Alto Gállego y CEIP Puente Sardas (Huesca), para traballar a coeducación.
08/03/2018
ASÍ NOS IMAXINASTES
Así imaxinástes as persoas do xogo. Todas eran mulleres e hai algúns datos sorprendentes que se prestan a reflexionar.
PERSOA 1: o 62% debuxáchedela pensando que era un home é o 39% muller
PERSOA 2: o 91% debuxáchedela coma home e o 9 % coma muller
PERSOA 3: o 40% debuxáchedela coma home e o 60%coma muller
PERSOA 4: o 46% debuxáchedela coma home e o 54% coma muller
06/03/2018
SOLUCIÓN XOGO
Nesta entrada podedes descubrir quen son as persoas que tivemos que IMAXINAR.
Acertástedes?
Agardábades que todas foran mulleres?
DESCUBRINDO OS MBOTS
O noso colexio foi seleccionado para participar no programa de innovación educativa " Introdución á robótica educativa en primaria".
Así, tras a formación dos mestres, as alumnas e alumnos de 5º comezaron, no mes de febreiro, a descubrir os Mbots na biblioteca da man do profe Juan.
Nesta primeira sesión coñeceron as partes dos robots e fixeron unha aproximación o programa MBlock.
A partires de agora poderán practicar nos recreos, os martes e xoves, ou nas súas casas.
Iremos mostrando o que somos capaces de facer...
A partires de agora poderán practicar nos recreos, os martes e xoves, ou nas súas casas.
Iremos mostrando o que somos capaces de facer...
04/03/2018
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








