10/12/2018

AS MENSAXES DAS NENAS E NENOS DE PRIMARIA

Ó longo da semana pasada, nenas e nenos de primaria escribiron as súas mensaxes e depositáronas na biblioteca, tras a lectura da historia de Wonder e moitas outras que se estiveron expostas.
Mensaxes nas que recollen as súas reflexións sobre a discapacidade e os seus desexos.




03/12/2018

3 DE DECEMBRO EN INFANTIL

AS NENAS E NENOS DE INFANTIL COÑECERON A HISTORIA DE WONDER E DEIXARON MENSAXES POSITIVAS NA CÁPSULA ESPACIAL QUE APARECEU NA SÚA BIBLIOTECA,  COA ILUSIÓN DE QUE CHEGUEN "ALTO, ALTO....ATA PLUTÓN" R.J PALACIO.

3 DE DECEMBRO. DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Para traballar nesta data dende o D.O do centro propúxose a lectura da historia de Wonder, ben na edición completa para os máis maiores, La lección de August ou ben na máis sinxela para os máis peques, Wonder. Todos somos únicos. Ambos de R.J Palacio
Agárdanvos na biblioteca!!






                                         

Outros libros que podedes atopar na nosa biblioteca: 








OBRADOIROS DE ADORNOS DE NADAL

Durante todo o mes de Nadal desenvolveranse na biblioteca uns obradoiros de elaboración de adornos de Nadal feitos con material de refugallo.
Os obradoiros organízanos as mestras Belén e Ana.
Están enmarcados dentro das actividades de Voz Natura e na idea, de facer da Biblioteca un espazo Maker e centro da vida do noso cole.

26/11/2018

LIBROS QUE BRILLAN. 4º C

No seguinte vídeo podedes ver os libros que brilan na biblioteca do cole, para as nenas e nenos de 4ºC.

Verás que variedade!

22/11/2018

ESPAZO DE PARTICIPACIÓN E REFLEXIÓN

Con motivo da conmemoración do día contra a Violencia de Xénero e baixo o lema BO TRATO- MAL TRATO, a biblioteca creou un recuncho para mirar e reflexionar sobre distintas realidades da muller e invitou ós máis maiores a expresar a súa opinión.





19/11/2018

EXPOSICIÓN SOBRE A IGUALDADE . 25 DE NOVEMBRO

Agardan por vós, na biblioteca, libros, contos e álbumes ilustrados  cunha clara mensaxe: IGUALDADE E BO TRATO, XA!.




17/11/2018

25 de NOVEMBRO. BO TRATO- MAL TRATO

Dende os diferentes equipos do noso colexio propóñense diversas actividades para traballar pola igualdade de dereitos entre homes e mulleres baixo o lema BO TRATO-MAL TRATO.
Recoméndase a lectura e análise de dous libros:

  •  "Artur e Clementina" de Adela Turin e Nella Bosnia
  •  "Xela volveuse vampira" de Fina Casalderey e Noemi López
Pero a  biblioteca pon a disposición de toda a comunidade unha  nova e máis ampla selección de libros e recursos:

Así como recursos doutros anos: 


Todos estes libros espéranvos na biblioteca!!

LIBROS A EITO

As alumnas e alumnos de 6ºc están a disfrutar da lectura do libro "El asesinato del profesor de matemáticas" de Jordi Sierra I Fabra, grazas ó servizo que pon a Asesoría de Bibliotecas de Libros a Eito.
Os libros chegáronnos grazas a un intercambio coa biblioteca do CPI San Vicente da Baña .

09/11/2018

EN 2º B BRILAN MOITOS LIBROS!

As nenas e nenos de 2ºB descúbrennos neste vídeo todos o libros que iluminan a biblioteca.
Moitas grazas!

CONTO DE 6º A a 2º D


No seguinte video podedes ver o conto que lle contou a clase de 6º A aos seus apadriñados de 2º D


23/10/2018

Día das Bibliotecas



“Pregúntome se as estrelas se iluminan co fin de que cada un poida atopar a súa”


E se pasara o mesmo cos libros?
Cal é o libro que brila na nosa biblio para ti?                                                           
Durante a vindeira semana acode a biblioteca nos recreos e cóntanos cal é ese libro, tamén nos podes enviar a túa gravación de vídeo ó seguinte enderezo bibliotecavales@gmail.com ou a túa titora ou titor.

SAMAIN

Na biblioteca fixemos unha selección de libros relacionados coa temática do Samain. 
Nos recreos podedes vir disfrutalos e pasar un ratiño de medo léndoos ás escuras na "Casiña do Terror".



22/10/2018

ARRANCA O NOVO CURSO

Comezamos un novo curso coas actividades da animación e fomento da lectura que vimos desenvolvendo, de forma sistemática e constante, na nosa biblioteca.

Lecturas Compartidas: actividade cunha periodicidade quincenal entre nenos de 1º e 5º , por unha banda, e 2º e 6º, pola outra.

Caixas viaxeiras: Xa están a pique de chagar a todas as aulas as 30 caixas viaxeiras cuns 30 libros cada unha. Uns 900 libros directos da biblioteca ás vosas aulas!

Mochilas viaxeiras: Xa están listas as 20 mochilas para viaxar ás familias  das alumnas e alumnos de 2º e 3º. Van cheas de libros de diferentes tipos, música, DVDs,...

Formación de usuarios: Inicíaronse esta semana as actividades de formación de usuarios,  que se desenvolverán ata o 31 de outubro. Participará todo o alumnado de Primaria e se lles fará entrega do carné deste ano.