Seguen, con moito éxito, os obradoiros de adornos de Nadal na Biblioteca. Están a facer cousas tan lindas coma estas.
13/12/2018
RECOMENDACIÓNS NADAL
Nestas datas un bo libro sempre é un agasallo imprescindible para deixar voar a imaxinación.
O equipo da biblioteca vos desexa unhas felices festas!
nnn
O equipo da biblioteca vos desexa unhas felices festas!
10/12/2018
AS MENSAXES DAS NENAS E NENOS DE PRIMARIA
Ó longo da semana pasada, nenas e nenos de primaria escribiron as súas mensaxes e depositáronas na biblioteca, tras a lectura da historia de Wonder e moitas outras que se estiveron expostas.
Mensaxes nas que recollen as súas reflexións sobre a discapacidade e os seus desexos.
03/12/2018
3 DE DECEMBRO EN INFANTIL
AS NENAS E NENOS DE INFANTIL COÑECERON A HISTORIA DE WONDER E DEIXARON MENSAXES POSITIVAS NA CÁPSULA ESPACIAL QUE APARECEU NA SÚA BIBLIOTECA, COA ILUSIÓN DE QUE CHEGUEN "ALTO, ALTO....ATA PLUTÓN" R.J PALACIO.
3 DE DECEMBRO. DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
Para traballar nesta data dende o D.O do centro propúxose a lectura da historia de Wonder, ben na edición completa para os máis maiores, La lección de August ou ben na máis sinxela para os máis peques, Wonder. Todos somos únicos. Ambos de R.J Palacio
Agárdanvos na biblioteca!!
Agárdanvos na biblioteca!!
Outros libros que podedes atopar na nosa biblioteca:
OBRADOIROS DE ADORNOS DE NADAL
Durante todo o mes de Nadal desenvolveranse na biblioteca uns obradoiros de elaboración de adornos de Nadal feitos con material de refugallo.
Os obradoiros organízanos as mestras Belén e Ana.
Están enmarcados dentro das actividades de Voz Natura e na idea, de facer da Biblioteca un espazo Maker e centro da vida do noso cole.
26/11/2018
LIBROS QUE BRILLAN. 4º C
No seguinte vídeo podedes ver os libros que brilan na biblioteca do cole, para as nenas e nenos de 4ºC.
![]() |
| Verás que variedade! |
23/11/2018
22/11/2018
ESPAZO DE PARTICIPACIÓN E REFLEXIÓN
Con motivo da conmemoración do día contra a Violencia de Xénero e baixo o lema BO TRATO- MAL TRATO, a biblioteca creou un recuncho para mirar e reflexionar sobre distintas realidades da muller e invitou ós máis maiores a expresar a súa opinión.
19/11/2018
EXPOSICIÓN SOBRE A IGUALDADE . 25 DE NOVEMBRO
Agardan por vós, na biblioteca, libros, contos e álbumes ilustrados cunha clara mensaxe: IGUALDADE E BO TRATO, XA!.
17/11/2018
25 de NOVEMBRO. BO TRATO- MAL TRATO
Dende os diferentes equipos do noso colexio propóñense diversas actividades para traballar pola igualdade de dereitos entre homes e mulleres baixo o lema BO TRATO-MAL TRATO.
Recoméndase a lectura e análise de dous libros:
Recoméndase a lectura e análise de dous libros:
- "Artur e Clementina" de Adela Turin e Nella Bosnia
- "Xela volveuse vampira" de Fina Casalderey e Noemi López
Pero a biblioteca pon a disposición de toda a comunidade unha nova e máis ampla selección de libros e recursos:
Todos estes libros espéranvos na biblioteca!!
LIBROS A EITO
As alumnas e alumnos de 6ºc están a disfrutar da lectura do libro "El asesinato del profesor de matemáticas" de Jordi Sierra I Fabra, grazas ó servizo que pon a Asesoría de Bibliotecas de Libros a Eito.
09/11/2018
EN 2º B BRILAN MOITOS LIBROS!
As nenas e nenos de 2ºB descúbrennos neste vídeo todos o libros que iluminan a biblioteca.
Moitas grazas!
CONTO DE 6º A a 2º D
No seguinte video podedes ver o conto que lle contou a clase de 6º A aos seus apadriñados de 2º D
23/10/2018
Día das Bibliotecas
“Pregúntome se as estrelas se iluminan co
fin de que cada un poida atopar a súa”
E se pasara o mesmo cos libros?
Cal é o libro que brila na nosa biblio para ti?
Durante a vindeira semana acode a biblioteca
nos recreos e cóntanos cal é ese libro, tamén nos podes enviar a túa gravación
de vídeo ó seguinte enderezo bibliotecavales@gmail.com ou a túa titora ou
titor.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)



















