Deron comezo na biblioteca os novos Obradoiros de Entroido.
Debido ó grande éxito que tiveron os de Nadal, o equipo de Voz Natura organizou estes para os que xa non quedan plazas.
Desenvolveranse ó longo de varias semanas e farán caroutas, perrucas, gafas... todo tipo de complementos para ir ben caracterizados no vindeiro Entroido.
Continuan os Venres de Historias e con moito éxito.
Na biblioteca de Educación Infantil desfrutaron do conto "O rato e os ventos" incluído dentro do libro "Historias de ratiños" de Arnol Lobel.
Na biblioteca de Primaria tivemos a proxección da curta de Pixar " A Ponte" para reflexionar sobre a forma de resolver os problemas nesta semana da Paz.
Este venres, 25 de xaneiro, tivo lugar na biblioteca, na hora do recreo, a dramatización do conto "Un hogar para el pequeño lobo" de Juta Langreuter e Reinhard Michl, por parte de rapazas e rapaces de 6ºA.
Contaron con moitísimo público que desfrutou moito coa súa representación.
O venres, 18 de xaneiro , proxectouse no recreo a curta "La luna" de Pixar, protagonizado por un avó, un pai e un neno. Tres xeracións, que conviven e traballan e aprenden xuntas.
Podedes voltar a velo no clicando no seguinte enlace:
Ó longo da semana pasada, nenas e nenos de primaria escribiron as súas mensaxes e depositáronas na biblioteca, tras a lectura da historia de Wonder e moitas outras que se estiveron expostas.
Mensaxes nas que recollen as súas reflexións sobre a discapacidade e os seus desexos.
AS NENAS E NENOS DE INFANTIL COÑECERON A HISTORIA DE WONDER E DEIXARON MENSAXES POSITIVAS NA CÁPSULA ESPACIAL QUE APARECEU NA SÚA BIBLIOTECA, COA ILUSIÓN DE QUE CHEGUEN "ALTO, ALTO....ATA PLUTÓN" R.J PALACIO.