15/02/2019
DÍA DA MULLER NA CIENCIA EN INFANTIL
No edificio de infantil tamén os corredores teñen nome de mulleres científicas. A Fada Mariña festexou este día con todos os rapaces e rapazas.
11/02/2019
CORREDORES CON NOME DE MULLER
Para conmemorar o día Internacional da Muller e da Nena na ciencia, puxemos nome os corredores dos edificios de Primaria. Escollemos mulleres científicas relacionadas co tema que estamos a investigar dentro do PDI.
Agora toca profundizar un pouco na vida destas interesantes mulleres!
10/02/2019
RECOMENDACIÓNS DE LIBROS NOS CORREDORES
Co fin de estimular e animar a que os nosos alumnos lean outros libros diferentes aos máis comerciais, decidimos facer unha escolla de libros por niveis e expoñelos nos corredores. No noso centro cada nivel ocupa un corredor dunha planta.
Os corredores de 3º, 4º, 5º e 6º teñen esta nova exposición de libros. Cada libro leva un agasallo a modo de marcapáxinas personalizado.
VENRES DE HISTORIAS
Seguen os Venres de Historias.
Esta semana en Infantil a fada Mariña tróuxolles aos máis peques a proxección dun conto.
En Primaria este venres suspendeuse a actividade por mor dos xogos da semana de Paz. O vindeiro venres seguiremos...
03/02/2019
OBRADOIROS DE ENTROIDO
Deron comezo na biblioteca os novos Obradoiros de Entroido.
Debido ó grande éxito que tiveron os de Nadal, o equipo de Voz Natura organizou estes para os que xa non quedan plazas.
Desenvolveranse ó longo de varias semanas e farán caroutas, perrucas, gafas... todo tipo de complementos para ir ben caracterizados no vindeiro Entroido.
VENRES DE HISTORIAS. SEGUIMOS...
Continuan os Venres de Historias e con moito éxito.
Na biblioteca de Educación Infantil desfrutaron do conto "O rato e os ventos" incluído dentro do libro "Historias de ratiños" de Arnol Lobel.
Na biblioteca de Primaria tivemos a proxección da curta de Pixar " A Ponte" para reflexionar sobre a forma de resolver os problemas nesta semana da Paz.

28/01/2019
MAR BENEGAS
O venres 25 de xaneiro as nenas e nenos de 6º de infantil recibiron a visita da escritora Mar Benegas na biblioteca.
Pasaron un bo rato con ela lendo algúns dos seus contos.
Grazas pola visita!!
VENRES DE HISTORIAS. UN HOGAR PARA EL PEQUEÑO LOBO
Este venres, 25 de xaneiro, tivo lugar na biblioteca, na hora do recreo, a dramatización do conto "Un hogar para el pequeño lobo" de Juta Langreuter e Reinhard Michl, por parte de rapazas e rapaces de 6ºA.
Contaron con moitísimo público que desfrutou moito coa súa representación.
Parabéns para eles!!
RECUNCHO EDUCACIÓN RESPONSABLE
O equipo de Educación Responsable está a crear un espazo de reflexión e calma a través da materia de Plástica.
Nese recuncho poderedes disfrutar da lectura do Principiño, cunha edición en POP-UP moi delicada e de gran beleza.
23/01/2019
MANS ARRIBA!... ISTO É UN ABRAZO
Baixo este lema poderedes atopar na biblioteca unha selección de libros para traballar a Paz, a convivencia, as emocións.
Agardamos que a disfrutedes!
21/01/2019
VENRES DE HISTORIAS. LA LUNA
O venres, 18 de xaneiro , proxectouse no recreo a curta "La luna" de Pixar, protagonizado por un avó, un pai e un neno. Tres xeracións, que conviven e traballan e aprenden xuntas.
Podedes voltar a velo no clicando no seguinte enlace:
15/01/2019
VENRES DE HISTORIAS. O ARCO DA VELLA
O Venres, 11 de xaneiro, tivo lugar o primeiro contacontos de Venres de Historias a cargo de Leda e Inés de 6º A.
Leron o conto "O arco da vella" de Charo Pita ilustrado polo betanceiro Xosé Tomás.
Fixéron desfrutar moito a todas as rapazas e rapaces que se achegaron a biblioteca.
09/01/2019
VENRES DE HISTORIAS
Os venres do 2º trimestre, na biblioteca, haberá sesións de contacontos e de curtametraxes para os que desexen asistir.
Ese día non se realizarán préstamos nin devolucións.
O alumnado que asista á biblioteca terá que centrarse na actividade programada.
Os contos estarán á cargo do alumnado que desexe participar. Para iso prepararán un conto con antelación e comunicarano ao equipo da biblioteca.
Agardamos que o disfrutedes!!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)













































