Para conmemorar o día Internacional da Muller e da Nena na ciencia, puxemos nome os corredores dos edificios de Primaria. Escollemos mulleres científicas relacionadas co tema que estamos a investigar dentro do PDI.
Agora toca profundizar un pouco na vida destas interesantes mulleres!
Co fin de estimular e animar a que os nosos alumnos lean outros libros diferentes aos máis comerciais, decidimos facer unha escolla de libros por niveis e expoñelos nos corredores. No noso centro cada nivel ocupa un corredor dunha planta.
Os corredores de 3º, 4º, 5º e 6º teñen esta nova exposición de libros. Cada libro leva un agasallo a modo de marcapáxinas personalizado.
Deron comezo na biblioteca os novos Obradoiros de Entroido.
Debido ó grande éxito que tiveron os de Nadal, o equipo de Voz Natura organizou estes para os que xa non quedan plazas.
Desenvolveranse ó longo de varias semanas e farán caroutas, perrucas, gafas... todo tipo de complementos para ir ben caracterizados no vindeiro Entroido.
Continuan os Venres de Historias e con moito éxito.
Na biblioteca de Educación Infantil desfrutaron do conto "O rato e os ventos" incluído dentro do libro "Historias de ratiños" de Arnol Lobel.
Na biblioteca de Primaria tivemos a proxección da curta de Pixar " A Ponte" para reflexionar sobre a forma de resolver os problemas nesta semana da Paz.
Este venres, 25 de xaneiro, tivo lugar na biblioteca, na hora do recreo, a dramatización do conto "Un hogar para el pequeño lobo" de Juta Langreuter e Reinhard Michl, por parte de rapazas e rapaces de 6ºA.
Contaron con moitísimo público que desfrutou moito coa súa representación.
O venres, 18 de xaneiro , proxectouse no recreo a curta "La luna" de Pixar, protagonizado por un avó, un pai e un neno. Tres xeracións, que conviven e traballan e aprenden xuntas.
Podedes voltar a velo no clicando no seguinte enlace: