Este venres desfrutamos de grandes historias grazas a dúas curtas imprescindibles.
En Infantil, a Fada Mariña trouxo a curta "A ovella pelada" de Pixar e, en Primaria, o rato Leo compartiu a conmovedora historia de "Cuerdas" de Pedro Solís.
A conmemoración do 8 do marzo exténdese no tempo. Comezamos estudando mulleres científicas, puxemos nomes de investigadoras galegas ós corredores, coñecemos a aviadoras,... e seguiremos... porque queda moito que acadar e coñecer.
Desta vez os rapaces e rapazas de 6ºA representaron o conto "Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de reis" de Chema Heras e Kiko Dasilva. Fixérono XENIAL!!
En Infantil desfrutaron da curta baseada no conto "El pez arcoiris" de Marcus Pfister
Para conmemorar o día da Lingua Materna, grazas ó Concello de Betanzos, tivemos a inmensa sorte de contar coa gran contadora de historias Raquel Queizás. Quen a pesar da súa escordadura, que lle impedía moverse, foi quen de guiar polo mundo máxico da fantasía e das historias os nosos grupos de 3º de Primaria co seu relato de Travesías. Aventuras de libro.
Este xoves, 21 de febreiro, unha rapaza e un rapaz de 6ºA foron durante a hora de lectura a agasallar a dúas aulas, 2ºD e 3ºB, coa lectura dramatizada do conto "O coelliño branco" de Antonio Ballesteros Rey.
Para conmemorar o día Internacional da Muller e da Nena na ciencia, puxemos nome os corredores dos edificios de Primaria. Escollemos mulleres científicas relacionadas co tema que estamos a investigar dentro do PDI.
Agora toca profundizar un pouco na vida destas interesantes mulleres!
Co fin de estimular e animar a que os nosos alumnos lean outros libros diferentes aos máis comerciais, decidimos facer unha escolla de libros por niveis e expoñelos nos corredores. No noso centro cada nivel ocupa un corredor dunha planta.
Os corredores de 3º, 4º, 5º e 6º teñen esta nova exposición de libros. Cada libro leva un agasallo a modo de marcapáxinas personalizado.