02/02/2020

29/01/2020

DÍA DA PAZ

Para conmemorar o día da PAZ propúxose unha actividade integrada no PDI "Eu son Galicia", que consiste en pensar, percibir e sentir Galicia e debuxala inspirándonos en distintos pintores e pintoras galegas.













20/01/2020

RECUNCHO FEDELLEIRO

O Recuncho Fedelleiro, creado este ano nunha aula contigua á biblioteca do edificio de Primaria, segue a funcionar nos recreos.
Á volta de Nadal son moitas as rapazas e rapaces que acoden a traballar cos Mboots, crear xogos e actividades co Mblock, desfrutar dos xogos de construcións coma o Kapla ou Lego, xogos de lóxica e inxenio coma o Camelot Jr, Cubissimo,...








19/12/2019

RECOMENDACIÓNS NADAL 2019

Dende a biblioteca fixemos unha escolma de libros recén chegados ó noso cole que, sen dúbida, faranvos pasar un bo rato ou facer un agasallo. 
Felices festas!!

16/12/2019

INTERCAMBIO AGASALLOS E DEBUXOS 3 DECEMBRO

A actividade das Lecturas Compartidas é o punto de inicio de moitas outras actividades.
Neste mes de Nadal orixinou o típico intercambio de agasallos entre compañeiros de lectura e tamén a realización conxunta de debuxos sobre os libros da exposición do 3 de Decembro.





15/12/2019

STICKMAN

Esta semana, as nenas e nenos de 2º desfrutaron da lectura en inglés do conto STICK MAN de Julia Donaldson e Axel Scheffler, da man do profe Xan.



02/12/2019

MURAL DO 25N

Este foi o mural elaborado entre todas e todos para berrar NON á violencia de Xénero.





VENRES DE HISTORIAS

Continúan os Venres de Historias na biblioteca dos máis pequenos coa proxección da curta "Ian" de Mundoloco e a Fundación Ian.





27/11/2019

3 de Decembro

Para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade poñemos á disposición de todos os seguintes recursos .





Tamén podedes consultar os propostos outros anos:

Exposición de libros á entrada da biblioteca:





24/11/2019

VENRES DE HISTORIAS

Continúan os Venres de Historias. 
Desta vez, tocou "Xaime e as landras" de Tim Bowley e Inés Vilpi , publicado pola editorial Kalandraka.




21/11/2019

LECTURAS COMPARTIDAS

Comezaron outro ano máis unha das actividades favoritas dos rapaces, as Lecturas Compartidas.


20/11/2019

25 NOVEMBRO

Está na biblioteca colacada unha mostra de libros que reivindican os dereitos e o papel das mulleres na sociedade.





Algúns podedes velos aquí

07/11/2019

RECUNCHO FEDELLEIRO

Esta semana comezou a funcionar nos recreos o "Recuncho Fedelleiro", creado a partires do orzamento chegado de "Bibliotecas Inclusivas" .

Está aberto, polo de agora, a alumnas e alumnos de 5º e 6º nos recreos pero a todos os cursos no resto de horario. 
As nenas de 5º e 6º están, maioritariamente,  a traballar en programación co mBblock e os robots Mboot. Son os maiores os que axudan e titorizan ós de 5º que só recibiron unhas sesións de formación, mentres que os de 6º xa o coñecen do curso pasado.

Alí atoparedes Legos para crear, xogos de lingua, de lóxica e matemáticas, varios microscopios, os Mboots, libros de natureza, ciencias e tecnoloxía. Para o préstamo dos libros hai que dirixirse a biblioteca e pasar polo ordenador.

A aula está en creación polo que iremos dotándoa de material e máis recursos segundo sexa a demanda tanto dos nenos coma dos mestres.






04/11/2019

O SAMAÍN NA BIBLIOTECA

 Xa podedes disfrutar, na biblioteca, da exposición de libros para celebrar o Samaín que tanto vos gustan.

 Animádevos a disfrutar da lectura na "Casiña do medo".