08/11/2020
TRABALLOS SOBRE ESCRITORAS GALEGAS
05/11/2020
ISABEL ZENDAL
ISABEL ZENDAL foi unha muller incrible que axudou a erradicar unha das enfermidades infecciosas máis temibles: a VARÍOLA.
Neste mes da Ciencia, coñecede á que se considera primeira enfermeira do mundo, esta muller galega, nada en Ordes, que partiu da Coruña nunha misión que fixo historia.
Se queredes coñecela mellor non dubidedes en ler:
03/11/2020
VENRES DE HISTORIAS.
Voltan os VENRES DE HISTORIAS á nosa biblioteca. Esta vez de forma virtual e a distancia.
Cada venres atoparedes unha curta ou un conto para desfrutar xuntos.
Agardamos que vos gusten!!
01/11/2020
BIBLIOFEIRA 1 DE NOVEMBRO. CIENCIA
Os libros que vos amosamos nesta BIBLIOFEIRA están relacionados coa CIENCIA .
Xa saberedes que Novembro é o mes da Ciencia en galego nas bibliotecas.
Ánimo e a por eles, futuras científicas e científicos!!
27/10/2020
19/10/2020
BIBLIOFEIRA DO 16 DE OUTUBRO
Inauguramos as BIBLIOFEIRAS que serán o 1 e o 16 de cada mes, como non podía ser doutra forma, aquí, en Betanzos.
Na primeira BIBLIOFEIRA sumámonos á celebración do Día das Escritoras que se conmemora o 19 de outubro.
Fixemos unha escolma de libros, que podedes atopar na nosa biblioteca, escritos por autoras galegas.
Agardan por vós!!
17/10/2020
Autoras galegas na nosa biblioteca
En Galicia temos moitísimas escritoras. Elas fan que disfrutemos da lectura e que esperte en nós un sentimento de pertenza á nosa terra. Se queres coñecelas preme na imaxe
15/10/2020
BENVIDA Ó NOVO CURSO
Iniciamos un novo curso, baixo o lema XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR, co cartel da ilustradora Bea Lema
16/06/2020
RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN
ENQUISA AO PROFESORADO
12/05/2020
PARA LER NA CASA
08/05/2020
REVISTA PAPAGAIO
Clicade na imaxe para lelos:
30/04/2020
LIBROS PARA LER NA DISTANCIA
Clica na imaxe para acceder a eles.








