19/11/2020

CIENCIA EN INFANTIL

As rapazas e rapaces de Infantil queren compartir con todos nós o seu traballo neste mes da CIENCIA.



14/11/2020

16 NOVEMBRO. BIBLIOFEIRA

Nesta segunda BIBLIOFEIRA do mes de Novembro seleccionamos libros que, ademáis de fermosos, divertidos, que nos fan viaxar a outros lugares ou vivir outras vidas, teñen un fío invisible que os une e que entre todas e todos temos que tecer.
Colle o teu libro, colle o teu fío, e axuda a tecer o tapiz dunha sociedade sen VIOLENCIA.
25 de Novembro: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

12/11/2020

VENRES DE HISTORIAS. ADIVINA CUANTO TE QUIERO

Chega o primeiro conto do VENRES DE HISTORIAS deste curso tan diferente. Grazas ó traballo e ó esforzo de todos podemos seguir compartindo historias na distancia. Grazas!!

Nesta ocasión é Sofía de 6ºB quen comparte con todos "ADIVINA CUANTO TE QUIERO" de Sam McBrathney e Anita Jeram.

Podedes atopar esta fermosa historia na biblioteca.








08/11/2020

TRABALLOS SOBRE ESCRITORAS GALEGAS

Estes son algúns dos traballos sobre as Escritoras Galegas desenvolvidos nas distintas aulas:
ÉRICA ESMORÍS, ROSALÍA DE CASTRO, MARÍA CANOSA, FINA CASALDERREY, MARÍA REIMÚNDEZ E CONCHA BLANCO






YOLANDA CASTAÑO
MARISA NUÑEZ

05/11/2020

ISABEL ZENDAL

ISABEL ZENDAL foi unha muller incrible que axudou a erradicar unha das enfermidades infecciosas máis temibles: a VARÍOLA.

Neste mes da Ciencia, coñecede á que se considera primeira enfermeira do mundo, esta muller galega, nada en Ordes, que partiu da Coruña nunha misión que fixo historia.

Se queredes coñecela mellor non dubidedes en ler:


Unha aproximación sinxela coa axuda dos Lunnis:


Para profundizar máis un pequeno documental:https://webtv.enfermeriatv.es/video/Jln4gy 
e podedes buscar unha película inspirada na súa vida "22 Ángeles" de Miguel Bardén
















03/11/2020

VENRES DE HISTORIAS.

Voltan os VENRES DE HISTORIAS á nosa biblioteca. Esta vez de forma virtual e a distancia.

Cada venres atoparedes unha curta ou un conto para desfrutar xuntos.

Agardamos que vos gusten!!


Blue French FIlm Poster de bibliotecavales

01/11/2020

BIBLIOFEIRA 1 DE NOVEMBRO. CIENCIA

Os libros que vos amosamos nesta BIBLIOFEIRA están relacionados coa CIENCIA .

Xa saberedes que Novembro é o mes da Ciencia en galego nas bibliotecas. 

Ánimo e a por eles, futuras científicas e científicos!!


Add instructions or guidlines here. de bibliotecavales

19/10/2020

BIBLIOFEIRA DO 16 DE OUTUBRO

 Inauguramos as BIBLIOFEIRAS que serán o 1 e o 16 de cada mes, como non podía ser doutra forma, aquí, en Betanzos.

Na primeira BIBLIOFEIRA sumámonos á celebración do Día das Escritoras que se conmemora o 19 de outubro.

Fixemos unha escolma de libros, que podedes atopar na nosa biblioteca, escritos por autoras galegas. 

Agardan por vós!!


ESCRITORAS GALEGAS de bibliotecavales

17/10/2020

Autoras galegas na nosa biblioteca


En Galicia  temos moitísimas escritoras. Elas fan que disfrutemos da lectura  e que esperte en nós un  sentimento de pertenza á nosa  terra. Se queres coñecelas preme na imaxe 


15/10/2020

16/06/2020

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

Compartimos con todos unha pequena selección de libros para desfrutar en calquera momento e tamén no verán.

ENQUISA AO PROFESORADO

Convidámosvos a cubrir a seguinte enquisa para valorar o traballo da biblioteca neste curso e axudarnos a mellorar. 
Moitas gracias pola colaboración.


Clicade no enlace para acceder a ela:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdb2Y4sRaRA0IBMx8TosmxQ-Lor3VRRPA09yT56fTQkP8GGng/viewform?usp=sf_link

12/05/2020

PARA LER NA CASA

Eloy Moreno puxo a disposición de todos durante esta etapa "Cuentos para quedarte en casa"


O proxecto Palabras Aladas, 
https://www.palabrasaladas.com/amar_en_cuarentena_por_el_coronavirus.html pon á disposición de todos o seu libro "Amar"


08/05/2020

REVISTA PAPAGAIO

A Revista PAPAGAIO, que podemos ler na biblioteca, puxo á vosa disposición os números de abril e maio en formato dixital
Clicade na imaxe para lelos:

No seguinte enlace podedes ver números anteriores: