15/12/2020

BIBLIOFEIRA. 16 DE NADAL

 Esta última BIBLIOFEIRA ten o NADAL como tema. 

Agardamos que vos gusten.


Sobre o Nadal... de bibliotecavales

10/12/2020

VENRES DE HISTORIAS. CUENTOS EN VERSO PARA NIÑOS PERVERSOS

 Hoxe, da man das rapazas e rapaces de 6ºE, achegámonos  a unha versión de Carapuchiña Vermella, recollida en CUENTOS EN VERSO PARA NIÑOS PERVERSOS de Roald Dahl.

Moitas grazas pola vosa xenial interpretación, adaptada a tempos de COVID. 






02/12/2020

VENRES DE HISTORIAS. 4 DE NADAL

 Convidámosvos a un VENRES DE HISTORIAS distinto. 

O 3 de decembro de 2020, é o Día Internacional das persoas con Discapacidade e aproveitando esta data invitámosvos a ver dúas curtas tal e como as verían as persoas cegas; a través dunha AUDIO DESCRICIÓN. 

Apagade a pantalla, pechade os ollos e vede (con outra mirada) as curtas de hoxe: EL REGALO de Jacob Frey e PIP UNIVERSIDAD CANINA de Bruno Simoes.






VENRES DE HISTORIAS . NADAL

 Neste mes tan especial preparamos uns VENRES DE HISTORIAS que agardamos vos fagan pensar, rir, reflexionar, medrar e ser cada día mellores.



30/11/2020

BIBLIOFEIRA. 1 DE NADAL

 Nesta primeira BIBLIOFEIRA do mes de NADAL, fixemos unha selección de libros que nos axudan a descubrir a DIVERSIDADE, a coñecela e valorala coma unha fonte de riqueza e aprendizaxe.



Clica aquí para velo en grande día das persoas con discapacidade 2020 de bibliotecavales

25 NOVEMBRO .TRABALLOS

 Premendo na seguinte imaxe podedes acceder a algúns dos traballos feitos polos distintos cursos.






Copia de Rosa Colorido 3D Ilustrado Aprendizaje a Distancia Eventos e Interés Especial Presentación de bibliotecavales

VENRES DE HISTORIAS. EDUCACIÓN INFANTIL.

 Os VENRES DE HISTORIAS tamén continuaron na biblioteca de Educación Infantil ó longo do mes de novembro. 

Clicando na imaxe poderedes velo.



26/11/2020

VENRES DE HISTORIAS. CORRE, CORRE CABACIÑA

 Hoxe, da man de Diego de 6º B, chega ó VENRES DE HISTORIAS o conto " Corre, corre cabaciña" de Eva Mejuto. 

Gracias polo teu traballo!!

Sabedes que podedes atopar o conto na biblioteca.






23/11/2020

XEOGRAFÍAS LECTORAS

 Cando lemos contos, poesías, teatro, sempre imaxinamos onde sucede o que estamos a ler. Viaxamos coa imaxinación a ese lugares, a esas "Xeografías lectoras". Os nenos e nenas do cole así nolo demostran coas súas bonitas ilustracións en "Debúxame un conto" e "debúxame unha poesía".



Debúxame un conto de bibliotecavales

19/11/2020

VENRES DE HISTORIAS. PURL

Neste Venres de Historias, convidámosvos a pensar e reflexionar da man de PURL, curtametraxe escrita e dirixida por Kristen Lester

E tí.....

Quen serías?

Que farías?




CIENCIA EN INFANTIL

As rapazas e rapaces de Infantil queren compartir con todos nós o seu traballo neste mes da CIENCIA.



14/11/2020

16 NOVEMBRO. BIBLIOFEIRA

Nesta segunda BIBLIOFEIRA do mes de Novembro seleccionamos libros que, ademáis de fermosos, divertidos, que nos fan viaxar a outros lugares ou vivir outras vidas, teñen un fío invisible que os une e que entre todas e todos temos que tecer.
Colle o teu libro, colle o teu fío, e axuda a tecer o tapiz dunha sociedade sen VIOLENCIA.
25 de Novembro: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres.

12/11/2020

VENRES DE HISTORIAS. ADIVINA CUANTO TE QUIERO

Chega o primeiro conto do VENRES DE HISTORIAS deste curso tan diferente. Grazas ó traballo e ó esforzo de todos podemos seguir compartindo historias na distancia. Grazas!!

Nesta ocasión é Sofía de 6ºB quen comparte con todos "ADIVINA CUANTO TE QUIERO" de Sam McBrathney e Anita Jeram.

Podedes atopar esta fermosa historia na biblioteca.