Neste VENRES DE HISTORIAS, compartimos con vós o primeiro acto dunha obra de teatro, baseada no conto da RATIÑA PRESUMIDA, interpretada polas rapazas e rapaces de 4º F.
13/05/2021
06/05/2021
VENRES DE HISTORIAS. 7 DE MAIO. XELA ARIAS
Estamos a achegarnos a unha das datas máis importantes do ano, o 17 de maio, o día DAS LETRAS GALEGAS que este ano está adicado a XELA ARIAS.
Neste VENRES DE HISTORIAS, compartimos con todos o traballo das rapazas e rapaces de 5º de Primaria do Colexio San Pío X de Ourense. Unha curta onde podedes achegarvos, un pouquiño máis, á figura de XELA ARIAS.
03/05/2021
BIBLOFEIRA 1 DE MAIO : DÍA INTERNACIONAL DOS TRABALLADORES E DAS TRABALLADORAS
Para celebrar este día tan especial fixemos unha escolma de libros que tratan sobre profesións moi diferentes. Todas nos gustan . Cal escolles ti?
29/04/2021
VENRES DE HISTORIAS.
22/04/2021
VENRES DE HISTORIAS. 23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO
Nesta data tan especial, as curtas deste VENRES DE HISTORIAS, coma non pode ser doutra forma, están adicadas ós LIBROS.
O LIBRO é, segundo a Real Academia Galega, " un conxunto de follas escritas ou impresas, cosidas ou pegadas entre si e encadernadas" pero, todos os que AMAMOS os LIBROS, sabemos que son MOITO MÁIS, non sí?
Unha aventura tras outra...
15/04/2021
BIBLOFEIRA " DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO "
VENRES DE HISTORIAS. EL PEZ ARCOIRIS
08/04/2021
VENRES DE HISTORIAS. CUERDAS
Este VENRES DE HISTORIAS está adicado á memoria de Nicolás Solís, o neno que inspirou CUERDAS, curtametraxe española dirixida por Pedro Solís, o seu pai, en 2013.
Nicolás morreu a pasada semana ós 16 anos.
Non o esquezades e sede sempre coma MARÍA!!
07/04/2021
CELEBRAMOS O DÍA DA POESÍA
O pasado 21 de abril celebramos o Día da poesía no noso colexio. Mirade que ben quedaron os vosos traballos e como se nota que vos gustou ler, escribir e ilustrar poemas.
Os compañeiros de 1º A disfrutaron co poema O arco da vella de Manuel María
O alumnado de 2º enviounos este vídeo tan chulo!
02/04/2021
DÍA INTERNACIONALDO LIBRO INFANTIL
Como todos os anos dende 1967, o IBBY (International Board on Books for Young People) promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil o 2 de abril, conmemorando o nacemento de Hans Christian Andersen.
27/03/2021
DÍA INTERNACIONAL DO TEATRO
O Día Mundial do Teatro celébrase o 27 de marzo de cada ano e foi creado polo Instituto Internacional do Teatro (ITI) no ano 1961. O seu principal obxectivo é dar a coñecer o que representa o teatro para a cultura a nivel mundial.
25/03/2021
VENRES DE HISTORIAS. PASCUA
As compañeiras e compañeiros de 6ºE preparáronnos esta representación do COELLO PETO, unha historia para irnos achegando cun soriso á PASCUA.
Grazas ás rapazas e rapaces de 6º E por seguir compartindo historias con todos nós.
Feliz e merecido descanso á todos.
Vémonos á volta da Pascua!!
21/03/2021
DÍA INTERNACIONAL DA NARRACIÓN ORAL
O Sábado, día 20 conmemorouse o Día internacional da narración oral e a escritora Fina Casalderrey redactou un Manifesto que compartimos con vós. Convidámosvos a participar lendo o texto de Fina e contando historias nas vosas aulas.
16/03/2021
BIBLOFEIRA ADICADA Á POESÍA
O vindeiro 21 de Marzo celebramos o Día da Poesía. Seguro que xa líchedes moitos poemas e que incluso sabedes os vosos favoritos de memoria. Deixámosvos unha mostra dalgúns libros de poesía que temos na Biblio e vos adiantamos que este ano o Día das Letras Galegas estará adicado á poetisa Xela Arias.
12/03/2021
SEMANA DA PRENSA
Os medios de comunicación son ferramentas para informar e comunicar contidos de forma masiva ás persoas.
Hoxe temos varias formas de acceso á información de distinto tipo: social, cultural, deportiva, política, económica e esta información pode tamén referirse a un contexto local , comunitario, nacional ou incluso mundial.
A prensa, o xornal, é un destes medios masivos de comunicación e, ademáis ten máis seguidores debido a que ten soporte dixital en Internet . De seguro que tedes lido moitas novas a través do teléfono móbil ou das tablets. Máis, a que tamén é estupendo pasar as páxinas do xornal ?
Na Biblioteca contamos co xornal mensual O papagaio en formato papel e vos deixamos o enlace á súa versión dixital.
https://www.opapagaio.gal/o-papagaio-dixital








