Coma bos escritores e escritoras que son, as rapazas e rapaces de 2º tardaron un pouquiño en compartir con todos nós os seus contos pero aquí os tendes.
Todos os contos suceden, sucederon ou poden suceder en Betanzos...lede e veredes!!
Coma bos escritores e escritoras que son, as rapazas e rapaces de 2º tardaron un pouquiño en compartir con todos nós os seus contos pero aquí os tendes.
Todos os contos suceden, sucederon ou poden suceder en Betanzos...lede e veredes!!
Achegámonos ó 5 de xuño, DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE.
Nesta curtametraxe, elaborada polo proxecto Galego XEOCLIP, querémovos lembrar, a través das súas fermosas imaxes, como é Galicia: fermosa, brava, feble, agarimosa... e única.
Na nosa man está conservala.
HOXE ADICAMOS A BIBLOFEIRA A TODAS AQUELAS NOVIDADES QUE MERCAMOS DURANTE O CURSO E QUE ESCOLLEMOS MERCAR NA NOSA LINGUA. LER EN GALEGO É PENSAR EN GALEGO.
Neste VENRES DE HISTORIAS, compartimos con vós o primeiro acto dunha obra de teatro, baseada no conto da RATIÑA PRESUMIDA, interpretada polas rapazas e rapaces de 4º F.
Estamos a achegarnos a unha das datas máis importantes do ano, o 17 de maio, o día DAS LETRAS GALEGAS que este ano está adicado a XELA ARIAS.
Neste VENRES DE HISTORIAS, compartimos con todos o traballo das rapazas e rapaces de 5º de Primaria do Colexio San Pío X de Ourense. Unha curta onde podedes achegarvos, un pouquiño máis, á figura de XELA ARIAS.
Para celebrar este día tan especial fixemos unha escolma de libros que tratan sobre profesións moi diferentes. Todas nos gustan . Cal escolles ti?
Nesta data tan especial, as curtas deste VENRES DE HISTORIAS, coma non pode ser doutra forma, están adicadas ós LIBROS.
O LIBRO é, segundo a Real Academia Galega, " un conxunto de follas escritas ou impresas, cosidas ou pegadas entre si e encadernadas" pero, todos os que AMAMOS os LIBROS, sabemos que son MOITO MÁIS, non sí?
Unha aventura tras outra...
Este VENRES DE HISTORIAS está adicado á memoria de Nicolás Solís, o neno que inspirou CUERDAS, curtametraxe española dirixida por Pedro Solís, o seu pai, en 2013.
Nicolás morreu a pasada semana ós 16 anos.
Non o esquezades e sede sempre coma MARÍA!!
O pasado 21 de abril celebramos o Día da poesía no noso colexio. Mirade que ben quedaron os vosos traballos e como se nota que vos gustou ler, escribir e ilustrar poemas.
Os compañeiros de 1º A disfrutaron co poema O arco da vella de Manuel María
O alumnado de 2º enviounos este vídeo tan chulo!