08/03/2022

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

HOXE ESTAMOS DE FESTA  PORQUE CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DA MULLER.  EN REALIDADE, XA LEVAMOS VARIOS DÍAS FESTEXÁNDOO E, SE VOS ANIMADES, PODEDES USAR O PHOTOCALL QUE HAI NA ENTRADA DO COLEXIO.  DE SEGURO QUE VOS GUSTARÁ MOITO !!!

E NON SÓ O CELEBRAMOS NÓS! FAISE EN TODO O MUNDO E, DE FEITO, AQUÍ EN BETANZOS, XA HAI PROGRAMADAS UNHA CHEA DE ACTIVIDADES



NA BIBLIOTECA ,  DENDE PRINCIPIOS DE MES,  PODEDES CONSULTAR A BIBLOFEIRA: 

https://blogdeleo-valesvillamarin.blogspot.com/2022/03/biblofeira-dia-internacional-da-muller.html


ADEMAIS OS VOSOS COMPAÑEIROS DE 5º ESTREÁRONSE COMO VERDADEIROS LOCUTORES E TÉCNICOS DE RADIO ENTREVISTANDO Á ALCALDESA. CAL É A MULLER QUE MÁIS INFLUIU NELA? QUEREDES VELO? 

https://blogdeleo-valesvillamarin.blogspot.com/2022/03/entrevista-senora-alcaldesa-de-betanzos.html


E PARA  SEGUIR APRENDENDO SOBRE A CELEBRACIÓN DESTE DÍA, TAMÉN O PODEDES FACER  MEDIANTE ESTA UNIDADE DIDÁCTICA: 

https://drive.google.com/file/d/1XKiJ96p2W24z8u8plluD1sTx9FSURitL/view?usp=sharing

07/03/2022

ENTREVISTA Á SEÑORA ALCALDESA DE BETANZOS

Para conmemorar o 8 de marzo "Día Internacional da Muller" o alumnado de 5º realizou unha entrevista á señora alcaldesa de Betanzos María Barral.

 Comezamos así a aventura da nosa radio escolar.



 



CONCURSO DE REDACCIÓN " HOXE ESCRIBO SOBRE OMEU PAI"

 



 

A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) convoca un concurso de redacción para nenos e nenas que teñan entre 6 e 12 anos.  Animádevos a participar e non esquezades remitir os vosos escritos co lema 

" Hoxe escribo sobre o meu pai".


Podedes consultar as bases no enlace: 

https://comerciodebetanzos.com/pages/acebe-cca-organiza-un-concurso-de-redaccion-con-motivo-del-dia-del-padre 



03/03/2022

VENRES DE HISTORIAS. PAZ

PAZ.

AMOR.

RESPECTO.

A TEMOS QUE VOLTAR A IMAXINAR

PORQUE XA NON É REAL.

ROUBÁRONNOS A PAZ.

TECE, TECE, TECE....

CON FÍOS DE AMOR E RESPECTO.

ESES, NON NOLOS PODEN QUITAR


IMAGINE. JOHN LENNON



TROIS PETIT POINTS de GOBELINS 



EL ABRAZO de MONKMUS




01/03/2022

BIBLOFEIRA : DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Cada 8 de marzo conmemórase o Día Internacional da Muller.  Leo e Mariña convídanvos a reflexionar acerca dos avances logrados e, por iso, preparamos unha Biblofeira cunha chea de libros que nos contan a historia de mulleres valentes que, coa súa determinación,  xogaron un papel clave na historia dos seus países e comunidades.

Día Internacional da muller traballadora de bibliotecavales


Moitas mulleres non viven unha vida digna, libre e  lonxe da violencia. Ter acceso á educación e a un traballo xustamente remunerado e en condicións de igualdade é unha ferramenta indispensable para avanzar cara ao éxito da sociedade.


24/02/2022

VENRES DE HISTORIAS. A QUE SABE A LÚA?

 Este VENRES DE HISTORIAS, SARA, INÉS E JULIA comparten  con todos nós a ben coñecida historia A QUE SABE A LUA? de Michael Grejniec.



Bo, traballo!!!
O libro está agardándovos na biblioteca.


20/02/2022

O DÍA DE ROSALÍA PASA A CELEBRARSE O 23 DE FEBREIRO

A Fundación Rosalía de Castro convocou  a diversas entidades culturais e educativas relacionadas co Día de Rosalía para acordaren que as celebracións deste aniversario pasen a ter lugar desde este 2022 o día 23 de febreiro e non o 24 como acontecía ata agora, logo do recente descubrimento por parte da investigadora Sagrario Abelleira que corrixiu a data de nacemento da autora. 

Escoitamos o poema de Rosalía "Algúns din: miña terra!"

Vídeo. Rosalía de Castro. "Algúns din: ¡miña terra!". Follas novas. Marina Mayoral. Biblioteca de autora Rosalía de Castro. Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.


VISITA VIRTUAL Á CASA DE ROSALÍA 
                 
A visita virtual, que está operativa desde o 8 de xullo na páxina web da Casa de Rosalía, permite visitar a Casa-Museo e a Horta de Rosalía en 3D. Entramos ? 

https://my.mpskin.com/gl/tour/h9dhd67ww9


Se vos apetece xogar , acceder á biografía de Rosalía e facer algunha actividade relacionada con ela, non tendes máis que visitar o Blogue Non te cortes coa lingua , no seguinte enlace: 

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvalesvillamarin/aulavirtual/course/view.php?id=341&section=12






17/02/2022

VENRES DE HISTORIAS. MARUXA

 Hoxe compartimos a adaptación do libro MARUXA de OQO edicións, feito polas rapazas e rapaces do CEE DE MIÑO, en Ourense. Un magnífico traballo!!


Aquí podedes ver como o fixeron:
Coma sempre, podedes atopar este libro na nosa biblioteca.




15/02/2022

BIBLOFEIRA NA NOSA LINGUA MATERNA

O PRÓXIMO 21 DE FEBREIRO CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA. É IMPORTANTE  GOZAR DA NOSA DIVERSIDADE CULTURAL E LINGÜÍSTICA  E COIDALA MOITO PORQUE AS LINGUAS ATÓPANSE CADA VEZ MÁIS AMEAZADAS.

SABEDES QUE SEGUNDO A UNESCO, CADA DÚAS SEMANAS , COMO PROMEDIO, UNHA LINGUA DESAPARECE, LEVÁNDOSE COA SÚA DESAPARICIÓN TODO UN PATRIMONIO CULTURAL E INTELECTUAL? UNHA MÁGOA, NON SI ? 

PERO NÓS NON ESTAMOS DISPOSTOS A DEIXARNOS LEVAR E  FIXEMOS UNHA PEQUENA EXPOSICIÓN DE LIBROS EN GALEGO . QUERÉDELOS LER? AQUÍ TENDES UNHA MOSTRA, MÁIS CANDO VEÑADES VEREDES QUE TEMOS MOITÍSIMOS LIBROS PARA DISFRUTAR DA NOSA LINGUA. 



                                                                          DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA NA BIBLIOTECA VALES

14/02/2022

13 DE FEBREIRO, DÍA INTERNACIONAL DA RADIO.

Na biblioteca do Vales estamos de sorte porque, como sabedes, este ano  entramos a formar parte do programa da Consellería que promociona a Radio nas Bibliotecas Escolares.

Como nesta materia somos ben novos, hoxe, 14 de febreiro, celebramos o Día Internacional da radio facendo un curso que nos axudou a formarnos para mellorar as nosas competencias en comunicación lingüística e medios de comunicación. 




Pasarémolo xenial e, como non, quedaremos namorados da radio!!!




11/02/2022

CONVOCATORIA DO CONCURSO DE CARTEIS DO 8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

A Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional e a Secretaría Xeral da Igualdade convocan conxuntamente o concurso para o deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller.

O contido do cartel deberá transmitir unha mensaxe positiva sobre a participación activa das mulleres na sociedade e promover a loita contra as desigualdades de xénero.

 Categorías:

  1. Alumnado de infantil e 1º a 4º de primaria
  2. Alumnado de 5º e 6º de primaria, de 1º e 2º da ESO e de educación especial.
  3. Alumnado de 3º e 4º da ESO, de 1º e 2º de bacharelato, de FP Básica e de ciclos de grao medio e superior de formación profesional.

Presentación das solicitudes: cada centro poderá presentar un traballo por categoría de participación.

Prazo: ata o martes 22 de febreiro de 2022. Co fin de axilizar a recepción dos traballos, os centros deberán adiantar a proposta do traballo á Secretaría Xeral da Igualdade mediante o envío (cartel en formato PDF ou JPG e a información identificativa do anexo I (datos do alumnado e do Centro educativo) ao seguinte enderezo electrónico: concurso8m.igualdade@xunta.gal

Bases: http://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/content_type/learningobject/2022/01/19/8efc6bf5339ef5870d6a03f877a395e0.pdf

DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA


Sabedes que existen estereotipos que fan que os nenos e as nenas, cando crecen , elixan estudos diferentes segundo o seu xénero ?  

Na  Universidad do País Vasco (UPV/EHU) fixeron un estudo e chegaron á conclusión que isto acontece , en parte, porque xa dende aproximadamente os seis anos,  empezan a aparecer unha serie de pensamentos nas nenas e nenos . Queres saber cales?

No video explícannolo moi ben!!!




10/02/2022

VENRES DE HISTORIAS. CON TANGO SON TRES

 Hoxe as nenas de 4ºB, Mara, Rocío, Sofía e Daniela,   achégannos CON TANGO SON TRES, escrito  por Justin Richardson e Peter Parnell, que conta coas ilustracións de Henry Cole.

Unha fermosa adaptación da historia real sucedida no zoo de Nova York.


Este libro podédelo atopar na biblioteca. 



Moitas grazas ás compañeiras de 4ºB polo seu fantástico traballo!!!

08/02/2022

DÍA INTERNACIONAL DE INTERNET SEGURA

Hoxe, 8 de febreiro, celébrase en todo o mundo o Día Internacional de Internet Segura, baixo o lema “Xuntos por unha Internet mellor”.





O entorno dixital, non só Internet, tamén as redes sociais, apps, xogos ofrecen a posibiliadade de exercer o dereito á información e o de crear e distribuir o seu propio contido. Sen embargo, como sinala o Comité de Dereitos do Neno, o entrono dixital pode incluír información sesgada, con estereotipos de xénero, racista, violenta...ou con información errónea ou desinformación.

Os nenos e nenas tedes dereito á protecció, á privacidade e a non-discriminación.

Credes que somos conscientes de todo o que se pode saber de nós a través dos entornos dixitais? Mirade este vídeo. Daravos que pensar !!!






Espectáculo “Ciencia que alimenta” coa Compañía Roto e Descosida no MUNCYT Coruña

 

Un mestre, unha aspirante a mestra e unha despensa...unha experiencia culinaria que deixará abraiado a calquera. O obxectivo do espectáculo é acercar aos nenos e nenas á experimentación científica dunha forma orixinal e lúdica, coa proposta de acabar co "Efecto Matilda" , un prexuicio en contra de recoñecer os logros das mulleres científicas que se porá de manifesto nesta obra.

Este espectáculo utiliza unha forma de comunicación non verbal axeitada para a inclusión de persoas con discapacidade auditiva e emprega os sentidos como o olfacto, o tacto e a vista.

Se vos interesa , tede en conta estes datos:

Sábado 12 de febreiro ás 12:30 horas. Duración aproximada 45 min.

Público familiar (menores de 6 a 12 años acompañados dun adulto) con reserva previa a través do correo electrónico: reservascor@muncyt.es e no teléfono 689 578 727. Datos de contacto: nome dos participantes e responsables, email  e número de teléfono.