No Vales andamos de sorte porque últimamente poidemos coñecer a varios escritores e escritoras que nos encantan , dos que aprendemos e lemos moito.
Contáronnos como se iniciaron nisto de escribir, asináronnos as súas obras e se prestaron a que os alumnos voluntarios da biblioteca lles fixeran entrevistas para a nosa radio
A historia real na que está inspirada, conta que GANDHI ía montarse nun tren cun amigo e coma non tiñan cartos ían subirse en marcha a un tren de mercadorías.
Ó arrancar o tren, GANDHI e o seu amigo correron para subir e, o saltar, GANDHI perdeu un dos zapatos.
O tren ía moi rápido para baixar e recuperar o zapato e entón decidiu tirar o outro.
O seu amigo preguntoulle: Por que fixeches iso?
GANDHI contestou: A min un zapato só non me serve de nada. Cando cheguemos terei que conseguir outro par. Á persoa que atope ese zapato, non lle servirá de nada. Asi, alguén terá, polo menos un par de zapatos e lle serán útiles...
Dirección: Sarah Rozik Guión: Mohammed Maher Director de fotografía: Haitham Nasser Montaxe: Eman Samir Música e deseño de son : Mohamed Hassan Elhanafy Director de arte: Hassan Elplisy Produccción: Yasser Elfishawy Actores : Ali Rozik y Omar Rozik
QUE BEN O PASAMOS ESTE ANO CELEBRANDO O NOSO DÍA, O DAS LETRAS GALEGAS !!!
TIVEMOS TEMPO DE ESCOITAR A VIDA DEFLORENCIO DELGADO GURRIARÁN DA MAN DA POLIFACÉTICA ARTISTA RAQUEL QUEIZÁS, INVESTIGAMOS NA BIBLIOTECA SOBRE O ESCRITOR, PARTICIPAMOS NUNHA ROLDA DE PREGUNTAS, ESCRIBIMOS, EMITIMOS UN PODCAST E ATA BAILAMOS CON MOITA ILUSIÓN A CANCIÓN "TERRA", DO GRUPO TANXUGUEIRAS.
O Concello de Betanzos inicia o programa das Letras Galegas do ano 2022 co espectáculo de maxia "As nosas letras" do Mago Tetoque terá lugar o vindeiro sábado 7 de maio ás 18:00 h na Aula Municipal de Cultura Xulio Cuns dentro do programa Lingua a escena da Rede cultural da Deputación da Coruña e programa das Letras Galegas.
O Mago Teto levará a escena a recomposición das cantigas de Afonso X, descubrirá unha incrible espada enmeigada de Merlín e Familia, o espírito do mestre Castelao fará aparecer un dos seus debuxos no espectáculo, e fará unha adiviñación semántica con obras de Risco, Rosalía e Blanco Amor.
O espectáculo está destinado para público familiar e a entrada é gratuíta por orde de chegada e ata completar a capacidade, a súa duración son 55 minutos e poden asistir ata dúas persoas adultas con cada neno ou nena.
O vindeiro 1 de maio é o día da Nai e neste VENRES DE HISTORIAS queremos homenaxear a todas as nais das vosas nais e pais: AS AVOAS coa curtametraxe titulada "MI ABUELITA" dirixida por Giselle Perez.
Con elas, co seu apoio, traballo, compaña, coidados, sorisos, comidas... a vida é mais doada, divertida e saborosa.
DESPOIS DE VISITAR A BIBLIOTECA E VER A BIBLOFEIRA QUE PREPARAMOS PARA CELEBRAR O DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTORÍA, MOITOS DE VÓS LEVÁCHEDES UN LIBRO E DESPOIS TIVÉCHEDES MOITO QUE DICIR SOBRE QUE É PARA CADA UN DE VÓS UN LIBRO.
Mañá, sábado 23 de abril, celébrase o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO polo que neste VENRES DE HISTORIAS, compartimos con todos vós esta fermosa historia.
Esta curta creouse coma parte dun proxecto de SKETCHTRAVEL, un proxecto benéfico internacional no que se distribuiu un caderno de bocetos vermello a 71 artistas de todo o mundo durante 4 anos e medio. O SKETCHBOOK orixinal vendeuse por 70.000 euros que se destinaron a construción de bibliotecas para apoiar a alfabetización de nenas e nenos.