11/02/2023
DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA
30/01/2023
DÍA DA ILUSTRACIÓN
Cada 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao, celébrase o Día da Ilustración, unha data que serve para reivindicar o papel dos profesionais do mundo da ilustración homenaxeando a un ilustrador ou ilustradora histórico galego. Este ano a protagonista é a pintora galega María Antonia Dans.
22/12/2022
FELICES LECTURAS E BOAS FESTAS
E por fin, despois de tanto esforzo, chegaron as merecidísimas vacacións de Nadal. De seguro que vos apetecerá ler un ratiño. Aquí tendes algúns dos últimos títulos que mercamos na biblioteca e que vos recomendamos para calquera momento do ano.
Felices festas !
13/12/2022
VISITA DE LEDICIA COSTAS
O día 12 de decembro tivemos a sorte de contar coa visita da escritora galega LEDICIA COSTAS.
Foi unha visita breve, na que pasou pola nosa RADIO onde nenas e nenos de 4º a entrevistaron baixo a dirección técnica dunha compañeira de 6º.
Nunha sala de Usos Múltiples repleta, atendeu ás preguntas que os rapaces e rapazas de 4º lle fixeron sobre a súa profesión de escritora e o seu libro ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA.
GRAZAS POR COMPARTIR UN RATIÑO CON NÓS!!
06/12/2022
LECTURAS COMPARTIDAS
Continúan as LECTURAS COMPARTIDAS diariamente na nosa biblioteca e, ás veces, traen sorpresas coma a que tiveron as rapazas e rapaces de 2ºE. Os seus padriños lectores de 6ºE lles prepararon a versión de CARAPUCHIÑA VERMELLA, de Cuentos en verso para niños perversos de Roald Dahl e un OBRADOIRO DE MARCAPÁXINAS.
Parabéns pola vosa implicación e traballo!!!
04/12/2022
25 NOVEMBRO
Para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER, no nosa escola realizáronse diversos traballos . A continuación podedes ver algúns.
25/11/2022
UNHA MASCOTA PARA CADA CULTURA
21/11/2022
CONCURSO DE CARTEIS DE NADAL
Coma cada ano, ó achegarnos a estas datas, chega unha nova edición do CONCURSO DE CARTEIS DO NADAL do Concello de Betanzos.
14/11/2022
LECTURAS COMPARTIDAS
Comezaron xa as LECTURAS COMPARTIDAS, actividade onde nenas e nenos de 1º e 2º son apadriñados polas rapazas e rapaces de 5º e 6º, respectivamente.
Cada quince días, xúntase na biblioteca para compartir lecturas, contos e intercambiar experiencias.
É, sen dúbida, unha das actividades máis enriquecedoras da biblioteca e que tiñamos moitas gañas de retomar tras estes dous anos.
11/11/2022
MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS
ESTAMOS DE NORABOA PORQUE CELEBRAMOS TODO UN MES DE CIENCIA NA BIBLIOTECA. É POR ISO QUE PODEDES VISITAR UNHA EXPOSICIÓN DE LIBROS COS QUE FACER EXPERIMENTOS OU OBTER DATOS CURIOSOS SOBRE OS ELEMENTOS DA NATUREZA, INDAGAR NA VIDA DAS CIENTÍFICAS E DOS CIENTÍCOS MÁIS IMPORTANTES OU ATOPAR INFORMACIÓN SOBRE OS MELLORES INVENTOS DA HUMANIDADE.
TAMÉN PODEDES VISITAR OS ENLACES QUE PREPAROU BIBLIOTECAS ESCOLARES, NOS QUE TEDES ACCESO A MOITOS RECURSOS ON LINE.
https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=ciencia
Grazas pola vosa participación !
LEO E MARIÑA ESTÁN ENCANTADOS PORQUE XA RECIBIRON AS VOSAS PROPOSTAS DE CARA A ELEXIR UNHA MASCOTA OU LOGO DO PAÍS QUE ESTADES A INVESTIGAR.
A PRÓXIMA SEMANA TOMARÁN UNHA DECISIÓN E DESPOIS PODEREDES USAR ESA IMAXE PARA TODOS OS TRABALLLOS DE INVESTIGACIÓN QUE FAGADES EN CADA NIVEL.
03/11/2022
Leo e Mariña celebran o DÍA DO LECTOR e mandan unha nova misiva
As nosas mascotas andan moi activas últimamente e Leo e Mariña mandaron outra carta a todos os nenos e nenas do cole, nesta ocasión, para convidalos a visitar a biblioteca e deixar alí os seus debuxos e logos das mascotas dos países que estades a investigar. Esta é a carta, que tamén podedes ler nas vosas clases.
23/10/2022
CARTA DE LEO E MARIÑA : DÍA DAS BIBLIOTECAS E PROXECTO DOCUMENTAL INTEGRADO
LECTURAS TERRORÍFICAS NO DÍA DAS BIBLIOTECAS
Hoxe celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS dun xeito moi divertido. Dispuxemos varias tendas de campaña polo cole para que podades reservar a vosa quenda e ler cos vosos amigos e amigas durante os recreos das próximas dúas semanas.
Estamos seguros de que atoparedes moitas historias de medo, de bruxas e seres do inframundo...nas exposicións que hai na entrada e dentro da biblioteca.
16/10/2022
DÍA DAS ESCRITORAS
Hoxe, 17 de outubro celebraremos este día baixo o lema:
“ANTES, DURANTE E DESPOIS DAS GUERRAS”.
Nos seus textos, as escritoras reflicten sentimentos e desexos incumpridos en tempos de conflito bélico. As escritoras galegas participan de esta homenaxe. Queredes comprobalo? Animádevos a :
- Ler fragmentos das súas obras.
- Investigar sobre estas escritoras na biblioteca.
- Ilustrar os seus textos.
.png)






_page-0001.jpg)

