Aquí vos traemos outra interesante colección de banda deseñada que non poderás deixar de ler. E podes atopala na biblioteca do cole!
COLECCIÓN LOS DIARIOS DE CEREZA de Biblioteca Vales Villamarín30/10/2023
29/10/2023
28/10/2023
Recreos creativos
Este é un espazo onde desenvolvemos a nosa creatividade e a nosa imaxinación. Xogos, construcións, programación... MIRADE QUE VEN O PASAMOS.
Novidades na biblio...EL MAGO DE OZ
O mago de Oz é o conto infantil norteamericano máis lido e traducido a outras linguas; por tanto, un dos libros favoritos dos nenos de todos os países. A historia cóntanos a viaxe fantástica de Dorothy polo camiño de lastras amarelas cara á Ciudad Esmeralda, xunto aos seus compañeiros, o espantallo, o leñador de hojalata e o león covarde, en busca do mago de Oz.
Aínda que afastado dos argumentos tradicionais dos contos populares, garda unha mensaxe que é o de propugnar a ben fronte ao mal e a verdade fronte á falsidade, así como o de ensinar que a intelixencia, a bondade, o esforzo, o valor e a solidariedade deben ser as calidades que todos os nenos e adolescentes han de posuír para chegar a ser adultos exemplares.
MATERIAIS COMPLEMENARIOS
24/10/2023
Día das Bibliotecas Escolares
Abrimos esta xanela neste curso, para amosar e compartir como conmemoramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES visitando a nosa biblio e gozando nela.
Moitas máis cousas andan a sucerder .... iremos contando.
23/10/2023
Semana Mundial da Alfabetización Mediática e Informacional (AMI)
A UNESCO propón a celebración da semana AMI baixo o lema:
ALFABETIZACIÓN MEDIÁTICA E INFORMACIONAL NOS ESPAZOS DIXITAIS: UNHA AXENDA COLECTIVA
Hoxe presentamos...MARIETA
Aquí tedes outra fantástica colección de libros de banda deseñada. Agardamos que vos gusten.
20/10/2023
Novidades na biblio...BRUXA E FAMILIA
As «pequenas grandes» cousas, nas que nin reparamos ás veces, agroman nestas historias para intentar comprender o mundo que nos rodea con toda a súa complexidade e beleza.
16/10/2023
Día das escritoras
O DÍA DAS ESCRITORAS queremos facer unha pequena homenaxe a todas as escritoras galegas. Por iso, queremos compartir con vós, unha pequena escolma dos libros das escritoras galegas que máis abundan na nosa biblioteca. Agardamos que vos guste e non esquezades pasar pola biblioteca a coller algún exemplar.
Hoxe presentamos...MARCOPOLA - A ILLA REMEIRA
MATERIAL COMPLEMENTARIO
09/10/2023
02/10/2023
25/09/2023
Hoxe presentamos...ASTÉRIX
Hoxe achegámosvos un clásico. Aquí podedes ver todos os exemplares que podes atopar na nósa biblioteca.
18/09/2023
Hoxe presentamos... ANIMALIA
MATERIAL COMPLEMENTARIO
11/09/2023
Unha biblioteca escolar en viñetas
Arrancamos este curso escolar dando a coñecer o lema e o cartel para as bibliotecas escolares de Galicia elixido pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
