01/11/2023

Mes da Ciencia na biblio de Leo e Mariña

CELEBRAMOS  O MES DA CIENCIA NAS BIBLIOTECAS, NON SO NA DO VALES, SENÓN EN TODAS AS BIBLIOTECAS PÚBLICAS DE GALICIA. POR ISO, SE VINDES AO DO COLE, PODEDES CONSULTAR UN DOSSIER COAS ACTIVIDADES QUE PREPARARON EN MOITAS DELAS. TOMADE NOTA, E ANIMADE ÁS VOSAS FAMILIAS A VISITAR ALGUNHA DELAS.

NA BIBLIOTECA DE LEO E MARIÑA MONTAMOS UNHA EXPOSICIÓN DE LIBROS PARA EXPERIMENTAR, INVESTIGAR E GOZAR!!! PODEDES LEVALOS PARA CASA E FACER ALGÚN EXPERIMENTO, ACOMPAÑADOS DUN ADULTO. SE VOS APETECE, PODEDES MANDAR UN VIDEO DO VOSO EXPERIMENTO A :  bibliotecavales@gmail.com

Mes da ciencia de bibliotecavales

30/10/2023

Inicio do PDI: O bosque dos contos

 

Bota a andar o PDI deste ano: O BOSQUE DOS CONTOS.


Hoxe presentamos...LOS DIARIOS DE CEREZA

 Aquí vos traemos outra interesante colección de banda deseñada que non poderás deixar de ler. E podes atopala na biblioteca do cole!

COLECCIÓN LOS DIARIOS DE CEREZA de Biblioteca Vales Villamarín

28/10/2023

Recreos creativos

No vales temos moitas opcións para gozar no momento do recreo. Pero unha das máis demandadas, sen dúbida, é o RECUNCHO FEDELLEIRO.

Este é un espazo onde desenvolvemos a nosa creatividade e a nosa imaxinación. Xogos, construcións, programación... MIRADE QUE VEN O PASAMOS.



Novidades na biblio...EL MAGO DE OZ

O mago de Oz é o conto infantil norteamericano máis lido e traducido a outras linguas; por tanto, un dos libros favoritos dos nenos de todos os países. A historia cóntanos a viaxe fantástica de Dorothy polo camiño de lastras amarelas cara á Ciudad Esmeralda, xunto aos seus compañeiros, o espantallo, o leñador de hojalata e o león covarde, en busca do mago de Oz.

Aínda que afastado dos argumentos tradicionais dos contos populares, garda unha mensaxe que é o de propugnar a ben fronte ao mal e a verdade fronte á falsidade, así como o de ensinar que a intelixencia, a bondade, o esforzo, o valor e a solidariedade deben ser as calidades que todos os nenos e adolescentes han de posuír para chegar a ser adultos exemplares.

EL MAGO DE OZ de Biblioteca Vales Villamarín


MATERIAIS COMPLEMENARIOS

24/10/2023

Día das Bibliotecas Escolares

Abrimos esta xanela neste curso, para amosar e compartir como conmemoramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES visitando a nosa biblio e gozando nela.

Moitas máis cousas andan a sucerder .... iremos contando.

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES de Biblioteca Vales Villamarín

23/10/2023

Semana Mundial da Alfabetización Mediática e Informacional (AMI)

 A UNESCO propón a celebración da semana AMI baixo o lema:

ALFABETIZACIÓN MEDIÁTICA E INFORMACIONAL NOS ESPAZOS DIXITAIS: UNHA AXENDA COLECTIVA



Hoxe presentamos...MARIETA

 Aquí tedes outra fantástica colección de libros de banda deseñada. Agardamos que vos gusten.

COLECCIÓN MARIETA de Biblioteca Vales Villamarín

20/10/2023

Novidades na biblio...BRUXA E FAMILIA

 
As «pequenas grandes» cousas, nas que nin reparamos ás veces, agroman nestas historias para intentar comprender o mundo que nos rodea con toda a súa complexidade e beleza.

BRUXA E FAMILIA de Biblioteca Vales Villamarín

16/10/2023

Día das escritoras

 O DÍA DAS ESCRITORAS queremos facer unha pequena homenaxe a todas as escritoras galegas. Por iso, queremos compartir con vós, unha pequena escolma dos libros das escritoras galegas que máis abundan na nosa biblioteca. Agardamos que vos guste e non esquezades pasar pola biblioteca a coller algún exemplar.

Hoxe presentamos...MARCOPOLA - A ILLA REMEIRA

Aquí podes ver os exemplares desta magnífica colección que podes atopar na nosa biblioteca.
COLECCIÓN MARCOPOLA de Biblioteca Vales Villamarín

MATERIAL COMPLEMENTARIO

25/09/2023

Hoxe presentamos...ASTÉRIX

 Hoxe achegámosvos un clásico. Aquí podedes ver todos os exemplares que podes atopar na nósa biblioteca.

COLECCIÓN ASTÉRIX de Biblioteca Vales Villamarín