01/12/2023

Venres de historias.

Hoxe día 1 de decembro, os nenos e nenas de Primaria do noso colexio estiveron desfrutando de dous pequenos contos: Elmer e Wilbur e O coelliño branco. Aproveitamos este venres de historias para conmemorar o Día Internacional da Discapacidade. Deixámosvos unhas imaxes do atentos/as que estaban todos e todas.

Novidades na biblio...MIS PRIMEROS CUENTOS CLÁSICOS CON PICTOGRAMAS

Un fantástico recompilatorio de oito contos clásicos, en maiúsculas e con pictogramas, que favorecen a lectura autónoma. Ideal para aprender a ler! 

MIS PRIMEROS CUENTOS CLÁSICOS CON PICTOGRAMAS de Biblioteca Vales Villamarín

Novidades na biblio...MASHA Y EL OSO - ¡QUE VIENE EL LOBO!

Masha é unha nena moi, moi travesa e moi curiosa a quen lle gusta xogar con todo o que ve e con todos cos que se atopa polo camiño, xa sexa o seu amigo Oso... ou uns lobos malvados e famentos. Pero non hai nada que temer, é moi probable que todos acaben perdendo a paciencia #ante as travesuras de Masha. 

¡QUÉ VIENE EL LOBO! de Biblioteca Vales Villamarín

VENRES DE BIBLIO



Venres de historias : O coelliño branco

SE QUERES ESCOITAR UN CONTACONTOS, ANÍMATE A VIR Á BIBLIOTECA NO RECREO DO VENRES E PODERÁS VER O QUE PREPARARON AS VOSAS COMPAÑEIRAS DE 5ºc DE PRIMARIA.
venres de historias de bibliotecavales 

30/11/2023

Novidades na biblio...¡ESTOY HARTO DE LA NAVIDAD!

O paporrubio protagonista deste conto vive moi tranquilo ata que chega o Nadal... e todo se enche de luces e ruído! Na súa procura dun lugar onde poder durmir en paz, diversos amigos ofrécenlle comida e abrigo, pero o paporrubio só atopa descanso e serenidade xunto a un Neno moi especial.

ESTOY HARTO DE LA NAVIDAD de Biblioteca Vales Villamarín

27/11/2023

Hoxe presentamos...SUPER CHISTES

 Aquí vos traemos a colección máis divertida da nosa biblioteca. Nunca deixedes de rir.

COLECCIÓN SUPERCHISTES de Biblioteca Vales Villamarín

24/11/2023

Día internacional da non violencia contra as mulleres

HOXE É UN DÍA MOI ESPECIAL PORQUE ESTAMOS A CELEBRAR UNHA DATA, A DO 25 DE NOVEMBRO,  QUE NOS RECORDA QUE AÍNDA VIVIMOS NUNHA SOCIEDADE QUE NON TRATA DE FORMA IGUALITARIA AOS HOMES E AS MULLERES. 

ÁS VECES, NOS CHEGAN MENSAXES QUE VAN CALANDO, PERO NON NOS DAMOS CONTA. MIRADE, SENÓN, QUE OCORRE CON ALGUNHAS PELÍCULAS DE DISNEY.



23/11/2023

Novidades na biblio...VIOLETA ÁS AGACHADAS

A Violeta nada lle gusta máis que xogar ás agachadas. Na casa, sempre busca o mellor lugar onde esconderse: debaixo das camas, dentro dos armarios, nas lacenas da cociña... E cando xa non lle queda ningún escondedoiro por descubrir, procura outros refuxios. E así... Un álbum ilustrado onde aprender e percorrer os meses do ano e as súas características seguindo os soños de Violeta, a protagonista.

VIOLETA ÁS AGACHADAS de Biblioteca Vales Villamarín

Novidades na biblio...PETER PAN

 Libro infantil interactivo, con sorprendentes pop ups para aprender, xogar e descubrir. As súas divertidas ilustracións, con cor e movemento, farán voar ao lector, da man de Peter Pan, o neno que non quere crecer, cara ás incribles aventuras que só ocorren en Nunca Xamais.

PETER PAN de Biblioteca Vales Villamarín

Novidades na biblio...ES QUE ME CRUCÉ CON...

Para descubrir o poder desbordante da imaxinación infantil. Un neno quedou co seu pai, pero chega tarde. Así que inventa unhas cantas escusas, en verso, a cada cal máis surrealista para convencelo de que non foi a súa culpa chegar tarde, senón a duns cantos animais que facían cousas tan tan raras que tivo que pararse con cada un. Un caracol en bicicleta, un bufo tecedor, unha xoaniña atleta e ata un corvo con anxinas. En fin, o mundo das mentiras infantís convertido nun conxunto de imaxes...

ES QUE ME CRUCÉ CON... de Biblioteca Vales Villamarín

Novidades na biblio...MORTO DE FAME

A irmá do conde Drácula está moi preocupada porque o seu fillo non é cruel e sanguinario: é boísimo. Drácula dille que o mande á súa casa, que xa se encarga el se encargará de convertelo nun verdadeiro vampiro aterrador. Mentres, Draculiño vai como cada noite visitar o seu amigo Lobiño, que lle garda algúns doces que prepara na súa pastelaría para que o vampiro poida cear, xa que non quere nin probar o sangue. Os dous lévanse moi ben e forman unha cuadrilla de amigos xunto a outros personaxes da Fraga, como Garavanciño ou Riciños. Draculiño é moi feliz, ata que lle cae un cairo e leva un terrible desgusto.


MORTO DE FAME de Biblioteca Vales Villamarín

VENRES DE BIBLIO



22/11/2023

LE, PENSA E ACTÚA

Libros para ler, pensar e actuar.

25 de Novembro. Día Internacional da eliminación da violencia contra a MULLER.

 

20/11/2023

Hoxe presentamos...CLOE Y SU UNICORNIO

 Aquí vos traemos outra fermosa colección de bada deseñada para que o pasedes en grande. Recorda que podes atopar estos libros na biblioteca.

COLECCIÓN CLOE Y SU UNICORNIO de Biblioteca Vales Villamarín