08/09/2025

PDI 2025 - 2026: ARTISTADAS

 O CEIP O Vales inicia o curso 2025-2026 cun novo Proxecto Documental Integrado (PDI) que leva por título ARTISTADAS.

Este curso, a arte será o fío condutor das aprendizaxes, servindo como punto de encontro entre áreas, niveis e sensibilidades.

Baixo esta temática global, o alumnado investigará, creará e compartirá coñecementos arredor da pintura, a arquitectura, a escultura, o cine, a música, a danza e o patrimonio cultural, poñendo especial atención na arte galega e no seu valor dentro do patrimonio universal.


🗓️ As tres grandes accións do proxecto

  1. CALENDARTE (1º trimestre)
    Crearemos un calendario artístico do ano 2026 con ilustracións, debuxos e composicións elaboradas polo alumnado. Os traballos estarán expostos nos corredores e tamén dispoñibles no blog do centro.

  2. CREARTE (2º trimestre)
    Cada nivel elaborará unha produción audiovisual inspirada na súa temática: curtametraxes, podcasts, obras teatrais, vídeos en croma… As creacións serán compartidas no blog o 1 de abril, Día das Artes Galegas.

  3. EXPOARTE (3º trimestre)
    O curso pechará cunha gran exposición de arte, onde se mostrarán as producións, investigacións e creacións realizadas ao longo do ano. Será un espazo de encontro e celebración da aprendizaxe compartida.


ARTISTADAS é un proxecto común que nos une como centro, dá protagonismo ao alumnado e converte a creatividade no motor da aprendizaxe.
Grazas a todas as persoas que o fan posible!


Pincha na imaxe para acceder a toda a información




01/07/2025

VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS

Despedimos a sección de venres de historias e venres musicais deste ano no mes de xuño debido a alta participación de alumnado volutario que se ofreceu a contar e interpretar. Deixámosvos unha mostra das historias e interpretacións de dito mes e o ano que vén voltaremos con moito máis. Bo verán!
Brown and Beige Creative Illustration Book Club Presentation de Claudia

19/06/2025

VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS

O mes de maio estivo cheo de actuacións musicais e de contos. Moitos nenos e nenas pasáronse pola biblioteca para escoitar esas interpretacións e historias. A continuación vos deixamos unhas imaxes deses días.
Presentación Diapositivas Proyecto Creativo Garabatos Lila y Blanco de Claudia