01/10/2025

PLAN XERAL ANUAL DA BIBLIOTECA


Dende BiblioVales queremos compartir con toda a comunidade educativa que, na Programación Xeral Anual (PXA) do centro, a partir da páxina 33, podedes atopar toda a información relacionada coa nosa biblioteca escolar. Nesa sección recóllese:

  • A composición do equipo de biblioteca e a súa organización interna.

  • Os obxectivos xerais que nos propoñemos para este curso.

  • As liñas prioritarias de actuación.

  • Un calendario das actividades desenvolvidas polo equipo ao longo do curso.

  • E o proceso de avaliación da nosa labor.

Así mesmo, a partir da páxina 44, poderedes consultar a concreción do Plan Anual de Lectura (PAL) 2025-2026, no que se recollen:

  • Os obxectivos específicos que nos marcamos neste curso.

  • A organización dos espazos e tempos da biblioteca de Leo e Mariña.

  • As liñas de acción prioritarias e o papel da biblioteca como eixo dinamizador da lectura e da aprendizaxe.

  • A composición do equipo e os usos e horarios da biblioteca.

  • As concepcións previas sobre o desenvolvemento das habilidades lectoras ao longo do curso.

  • As accións e actividades programadas, entre as que se inclúen:

    • Actividades para o fomento do interese pola lectura.

    • Actividades para o desenvolvemento da comprensión lectora desde todas as áreas curriculares.

    • Actividades relacionadas coa análise, tratamento e exposición da información.

    • Actividades vinculadas ás celebracións complementarias ou extraescolares.

    • Actividades asociadas á “Hora de Ler”.

    • Propostas e recursos específicos para o alumnado NEAE.

  • E, finalmente, o seguimento e avaliación do plan.

Convidamos a toda a comunidade educativa a consultar este documento, que reflicte o traballo conxunto, a planificación e o compromiso do equipo da biblioteca por continuar facendo da nosa biblioteca escolar un espazo vivo, dinámico e en constante crecemento.


PLAN XERAL ANUAL

15/09/2025

RECOMENDACIÓNS LECTORAS - SETEMBRO

En BiblioVales encántanos compartir lecturas e descubrir novos libros. Por iso, este mes de setembro, o alumnado do CEIP Francisco Vales Villamarín colaborou co xornal ACEBE: Betanzos e a súa comarca, achegando algunhas das súas recomendacións lectoras favoritas.


Nesta ocasión, Rosalía, Iago, Aynoa e Iria convertéronse en auténticos críticos literarios, seleccionando libros que lles gustaron especialmente e explicando os motivos polos que os recomendarían a outros nenos e nenas. Grazas ás súas palabras, outras persoas poderán descubrir historias cheas de aventuras, amizade, aprendizaxe e curiosidades.


Entre as obras recomendadas atopamos propostas para todos os gustos: desde libros para coñecer diferentes deportes ata historias entrañables sobre a amizade ou lecturas divulgativas que nos achegan ao fascinante mundo da ciencia.


Queremos felicitar ao noso alumnado pola súa participación e agradecer ao xornal ACEBE: Betanzos e a súa comarca que nos permita seguir dando voz ás lectoras e lectores máis novos.
Porque cada libro recomendado é unha porta aberta a novas aventuras... e quen mellor para recomendalos que os propios nenos e nenas!


Parabéns ás nosas lectoras e lectores por compartir as súas lecturas favoritas con toda a comarca!





08/09/2025

PDI 2025 - 2026: ARTISTADAS

 O CEIP O Vales inicia o curso 2025-2026 cun novo Proxecto Documental Integrado (PDI) que leva por título ARTISTADAS.

Este curso, a arte será o fío condutor das aprendizaxes, servindo como punto de encontro entre áreas, niveis e sensibilidades.

Baixo esta temática global, o alumnado investigará, creará e compartirá coñecementos arredor da pintura, a arquitectura, a escultura, o cine, a música, a danza e o patrimonio cultural, poñendo especial atención na arte galega e no seu valor dentro do patrimonio universal.


🗓️ As tres grandes accións do proxecto

  1. CALENDARTE (1º trimestre)
    Crearemos un calendario artístico do ano 2026 con ilustracións, debuxos e composicións elaboradas polo alumnado. Os traballos estarán expostos nos corredores e tamén dispoñibles no blog do centro.

  2. CREARTE (2º trimestre)
    Cada nivel elaborará unha produción audiovisual inspirada na súa temática: curtametraxes, podcasts, obras teatrais, vídeos en croma… As creacións serán compartidas no blog o 1 de abril, Día das Artes Galegas.

  3. EXPOARTE (3º trimestre)
    O curso pechará cunha gran exposición de arte, onde se mostrarán as producións, investigacións e creacións realizadas ao longo do ano. Será un espazo de encontro e celebración da aprendizaxe compartida.


ARTISTADAS é un proxecto común que nos une como centro, dá protagonismo ao alumnado e converte a creatividade no motor da aprendizaxe.
Grazas a todas as persoas que o fan posible!


Pincha na imaxe para acceder a toda a información




01/07/2025

VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS

Despedimos a sección de venres de historias e venres musicais deste ano no mes de xuño debido a alta participación de alumnado volutario que se ofreceu a contar e interpretar. Deixámosvos unha mostra das historias e interpretacións de dito mes e o ano que vén voltaremos con moito máis. Bo verán!
Brown and Beige Creative Illustration Book Club Presentation de Claudia

19/06/2025

VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS

O mes de maio estivo cheo de actuacións musicais e de contos. Moitos nenos e nenas pasáronse pola biblioteca para escoitar esas interpretacións e historias. A continuación vos deixamos unhas imaxes deses días.
Presentación Diapositivas Proyecto Creativo Garabatos Lila y Blanco de Claudia