29/01/2013
28/01/2013
Conclusións
Todo o traballo desenvolvido durante este tempo sobre as persoas con discapacidade levounos a estas conclusións:
Persoas con discapacidade que coñecemos
O noso interese en coñecer máis a fondo as discapacidades levounos a investigar sobre persoas discapacitadas que nos rodean.
Sabias que...
Queriamos coñecer máis sobre as diversas discapacidades que se poden presentar, este é o resultado das nosas pesquisas...
Que di sobre a discapacidade a Convención sobre os Dereitos dos nenos
Queriamos coñecer como se trata aos nenos con discapacidades na Convención sobre os Dereitos dos nenos e nenas, investigamos e descubrimos isto...
25/01/2013
Fina Casalderrei membro da Real Academia Galega
A Real Academia Galega acaba de elixir coma socia numeraria á escritora Fina Casalderrei, autora dunha numerosa obra de literatura infantil e xuvenil.
No nome de todos os nenos e nenas do noso colexio que pasaron e pasan momentos inolvidables coa súas obras:
NORABOA

25/12/2012
Concurso MOMENTOS DE LECTURA
Estas son as fotos que o alumnado de 4º presentou para o concurso de fotografía titulado "Momentos de lectura". Como podedes observar son moi bonitas e imaxinativas.
Grazas a todos e todas pola vosa participación.

19/12/2012
08/12/2012
02/12/2012
27/11/2012
3 DE DECEMBRO. DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE
(Para ver este glogster debes abrir o blog cos navegadores Google Chrome ou Mozilla)
22/11/2012
Rap da biblioteca
Durante o mes de outubro invitamos ao alumnado de 3º ciclo de E. Primaria a crear un rap para a nosa biblioteca.
Estes son os resultados:
Estes son os resultados:
Outubro: mes das Bibliotecas escolares
Concurso fotográfico "Momentos de lectura"
Co gallo da celebración do mes das biliotecas escolares propoñemos o concurso de fotografía titulado Momentos de lectura, dirixido ao alumnado de 2º ciclo.
Animádevos a participar!!
Clicade na imaxe para coñecer as bases do concurso.

12/11/2012
De como Leo chegou á nosa biblioteca
Había unha vez un rato que se chamaba Leo e vivía nun tobo do bosque.
Un día decidiu ir a unha biblioteca. Quería aprender a ler porque lle gustaban moito os libros, sobre todo os de aventuras e os de piratas.
Por cerca da súa casa pasaba o tren, así que se subíu a el e emprendeu a viaxe en busca da biblioteca. Baixouse cando chegou á estación de Betanzos porque a súa nai lle falara dunha biblioteca que había alí.
Púxose a andar e andar pero non a atopaba, viu o que parecía un colexio, e, como estaba despistado, preguntoulle a outro rato co que se cruzou se sabía que era aquelo. O rato díxolle que era o colexio Vales Villamarín.
Subiu entón pola parede e foi vendo aulas con nenos e profesores. Entrou por unha ventá que estaba aberta e descubriu unhas pegadas vermellas, seguiunas e atopou a biblioteca.
Ao chegar alí empezou a ver moitos contos e escolleu un de aventuras como os que lle contaba a súa nai de pequeno. Viaxou con el grazas ás imaxes porque aínda non sabía ler.
Un día chegou unha profesora, ao velo díxolle:
- Non te vaias! Non te vaias! Como te chamas?
- Eu chámome Leo, e ti?
- Eu chámome Raquel. Que fas ti por aquí?
- Quero aprender a ler, poderiasme ensinar?
- Si, que conto queres?
- Un de ratos, coma min, pero que sexa un pouco fácil, porque aínda non sei ler...
Co tempo Leo aprendeu a ler e un día preguntoulle á profe:
- Podo quedarme aquí para ler as historias que veñen nos contos?
- Si, por suposto, podes quedarte ata que queiras -díxolle a profe.
- Xenial!- Pero, os nenos deste colexio non se asustarán ao verme?- dixo o rato.
- Non, tranquilo, xa eu te presento a todos.
Pouco a pouco Leo foi facéndose amigo de todos e agora vive moi feliz na biblioteca.

Texto: nenos e nenas de 2º A e B
Debuxos: 2º D
Outubro: mes das Bibliotecas escolares
05/11/2012
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)