29/04/2013

Libros, libros, libros ...

Alumnos e profesores reflexionamos sobre o que significan para nós os LIBROS e plasmamos as nosas ideas en caligramas, comentarios, acrósticos, historias, ...
Aquí podedes ver una pequena mostra:

21/04/2013

23 de abril. Día Mundial do Libro

Como todos os anos o 23 de abril conmemoramos o Día Mundial do Libro.
Este ano a escritora, narradora oral e actriz Paula Carballeira agasallou ás Bibliotecas escolares de Galicia este texto que seguramente nos fará pensar un pouco sobre a nosa relación cos libros, que vos parece?


Libros nos libros

Na biblioteca podedes atopar unha exposición de libros que narran historias nas que os protagonistas son os propios libros. Aquí tedes unha pequena mostra:

01/04/2013

2 de abril. Día Internacional do libro infantil


Dende o ano 1967 vense conmemorando o Día Internacional do Libro Infantil, coincidindo coa data de nacemento do escritor danés HANS CHRISTIAN ANDERSEN, autor, entre outros contos, de O parruliño feo, A sireniña, A pequena vendedora de mixtos, O traxe novo do emperador.


Mensaxe do Día Internacional do Libro Infantil
 
Lemos xuntos, ti e eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.

 
Oímos murmurios
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.

 
Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan as estrelas.

 
Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.

 
Poema de Pat Mora
Tradución: Concha Blanco
 
 
Escoita esta bonita canción do grupo Mamá Cabra, que se titula Con só leres un libro.
 

06/03/2013

RAP da biblioteca

Despois dun bo traballo do alumnado de 5º e 6º, dos seus titores e titoras e do profesor de música temos estes dous rap da biblioteca:



28/02/2013

DÍA DE ROSALÍA

O pasado 22 de febreiro a Asociación cultural Eira Vella organizou unha homenaxe á nosa poetisa Rosalía de Castro, co gallo da celebración do Día de Rosalía.
Dende a biblioteca colaboramos na  organización do acto e o noso alumnado participou no recitado de poemas, a maioría da súa obra Cantares Gallegos, da que se conmemoran os 150 anos da publicación.
Comezou o acto cunha narración de Dores Cao, profesora do IES As Mariñas, que contou a vida de Rosalía, en primeira persoa:

(Se premes nas fotos verás os vídeos)

 


A continuación o alumnado do centro recitou os poemas:

(Preme nas fotos para ver os vídeos)


28/01/2013

Conclusións

Todo o traballo desenvolvido durante este tempo sobre as persoas con discapacidade levounos a estas conclusións:


Persoas con discapacidade que coñecemos

O noso interese en coñecer máis a fondo as discapacidades levounos a investigar sobre persoas discapacitadas que nos rodean.

Sabias que...

Queriamos coñecer máis sobre as diversas discapacidades que se poden presentar, este é o resultado das nosas pesquisas...

Que di sobre a discapacidade a Convención sobre os Dereitos dos nenos

Queriamos coñecer como se trata aos nenos con discapacidades na Convención sobre os Dereitos dos nenos e nenas, investigamos e descubrimos isto...


 

25/01/2013

Fina Casalderrei membro da Real Academia Galega

A Real Academia Galega acaba de elixir coma socia numeraria á escritora Fina Casalderrei, autora dunha numerosa obra de literatura infantil e xuvenil.
No nome de todos os nenos e nenas do noso colexio que pasaron e pasan momentos inolvidables coa súas obras:
NORABOA

 

25/12/2012

Concurso MOMENTOS DE LECTURA

Estas son as fotos que o alumnado de 4º presentou para o concurso de fotografía titulado "Momentos de lectura". Como podedes observar son moi bonitas e imaxinativas.
Grazas a todos e todas pola vosa participación.