11/03/2014

Cancións para todos, todos

Escoitade e mirade a canción Todos somos capitáns.
Magín Blanco, o autor, está acompañado por nenas e nenos que a interpretan en linguaxe de signos. Unha das nenas é alumna do noso colexio.
Esta canción forma parte do libro de contos con música A nena e o grilo nun barquiño.

Recordade, XUNTOS PODEMOS.


08/03/2014

Xogos educativos

Imos levar a cabo unha recopilación de xogos educativos interesantes para ofrecerlla a todos aqueles que queiran aproveitar o tempo xogando cos ordenadores.

Fai unha selección tendo en conta:
 
1. Que se adapte á idade de 3 - 12 anos.
2. Que non sexan demasiado fáciles nin demasiado difíciles.
3. Que transmitan valores positivos: cooperación, respecto, tolerancia, igualdade, ...
4. Que potencien destrezas coma o vocabulario, a comprensión lectora, a agudeza visual, a capacidade de atención e concentración, conceptos matemáticos ou doutras materias, ...
 
Podes consultar cos teus pais e/ou cos teus profesores.
 
Fainola chegar á biblioteca, a través dos profesores, entregándoa na bilbioteca ou escribindo un comentario nesta entrada.
 
O equipo de biblioteca revisará os que propoñades e faraos públicos.
Esperamos a vosa participación.
 

 

28/02/2014

Rosalía pequeniña

Rosalía pequeniña
soñaba con ser pirata.
A pequena Rosalía
escribía na nosa fala.
A neniña silandeira
...
Así comeza a canción que interpreta Uxía no libro-disco Rosalía pequeniña e así a ilustraron os nenos e nenas de infantil.


24/02/2014

Día de Rosalía. 2014

O pasado 21 de febreiro conmemorouse en Betanzos o Día de Rosalía cun recital poético-musical organizado polo concello de Betanzos e a A.C. Eira Vella.
Dende a biblioteca colaboramos coa organización do acto e propiciamos a participación do noso alumnado, que recitou e cantou poemas de Rosalía.
Preme en cada título e verás o vídeo:

14/02/2014

Día de Rosalía

O 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía, coincidindo coa data na que naceu no ano 1837.
Mirade esta presentación para coñecer algo da vida e da obra da nosa gran escritora:



En datas recentes atopáronse tres poemas da autora que eran descoñecidos, neste podcast do programa de RNE1 Esto me suena podedes escoitar a Mª Jesús Lamas explicándoo:

Participamos na gala inaugural da radio da USC

O colexio creou un programa de radio que presentou ao Certame de radio escolar a prol da diversidade cultural, organizado pola Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Fomos seleccionados e o premio consistiu nunha visita á Facultade de Ciencias da Comunicación para participar na gala coa que inauguraron a radio da USC.

Visitamos a radio da USC on PhotoPeach

12/02/2014

Creamos circuitos eléctricos

Nenas e nenos de 6º explican como crearon circuitos eléctricos, utilizando a información que tiveron ao alcance e aplicando técnicas que aprenderon.
Aquí tedes unha mostra, para ver máis premede neste enlace.

10/02/2014

Que podemos facer nós pola PAZ?

Nenas e nenos, profesoras e profesores buscamos respostas a esta pregunta, aquí podedes ver algunha:

(prometemos cumplir o escrito)



Podedes ver os abecedarios pola PAZ no blogue Non te cortes coa lingua.

27/01/2014

2000 pombas e 14 cantigas pola PAZ

Esta é a proposta do colexio para conmemorar o Día da Paz e Non-Violencia.

2000 pombas.
Con elas confeccionaremos:
  • Un abecedario de palabras pola PAZ.
  • Comprometerémonos coa Paz e a convivencia no noso entorno reflexionando e respondendo á pregunta Que podemos facer nós pola PAZ?
14 cantigas.
Música variada e diversa, como somos nós. Para escoitar, ler, pensar e dialogar sobre o que hai de malo no mundo, e, sobre todo, o bo e maravilloso que temos e o que aínda podemos conquerir.
E, porque non, para botar un baile e disfrutar.
 
Se queredes escoitar algunas, ide ao blog Non te cortes coa Lingua.

E lembrade que tamén correremos a I Carreira Solidaria Vales  Villamarín.

13/01/2014

Os colaboradores entran en acción

63 nenas e nenos de  5º de E.P. forman o grupo de alumnos colaboradores da biblioteca, que, en parellas, desenvolven moi ben as súas tarefas:
  • Acompañar ao alumnado do 1º ciclo na travesía cara a biblioteca.
  • Axudar no cumprimento das normas.
  • Colaborar cos demais, especialmente co alumnado de 1º ciclo, a buscar libros apropiados á súa idade e gustos.
  • Colocar e axudar a colocar correctamente os libros nos andeis.
  • Retirar os libros deteriorados.
  • Participar no taller de reparación de libros deteriorados, denominado Hospital de libros.
Moitas grazas a todos.
 
 
 

03/12/2013

Día Mundial das persoas con discapacidade I

O alumnado de Ed. Infantil interpreta para todos nós o libro titulado Os meus amigos especiais:
 
http://www.edu.xunta.es/centros/ceipvalesvillamarin/aulavirtual/mod/flashvideo/view.php?id=4816
 
(Preme na imaxe e verás a presentación)