09/02/2016

DÍA DA PAZ

O venres 29 de xaneiro celebramos o día da Paz e fixémolo seguindo as aventuras de Virutas e Madelen polo País Amarelo, todo dentro do  proxecto deste ano "Para que algo suceda primeiro hai que soñalo".
No País Amarelo descubrimos o millo; millo que nós sementamos e do cal, por arte de maxia, saíron os flocos para COMPARTIR.
Coa colaboración do Concello, algúns de nós compartímolos vendo a película de animación galega "Maimiño".
Eiquí un pequeno resumo.

DÍA DA PAZ on PhotoPeach

04/12/2015

SEGUEN AS LECTURAS COMPARTIDAS

A piques de rematar o primeiro trimestre, seguen acudindo, fielmente cada quince días, as nenas e nenos de 6º e 1º a participar na actividade de lecturas compartidas.
Pouco a pouco a actividade vai madurando. Grazas a todos pola vosa implicación.

LECTURAS COMPARTIDAS 1ºA - 6ºC on PhotoPeach LECTURAS COMPARTIDAS 1ºB - 6ºE on PhotoPeach LECTURAS COMPARTIDAS 1ºC - 6ºB on PhotoPeach LECTURAS COMPARTIDAS 1ºD - 6ºA on PhotoPeach LECTURAS COMPARTIDAS 1ºE - 6ºD on PhotoPeach

29/11/2015

Neira Vilas. Sempre no recordo


O pasado venres enterámonos do falecemento do escritor Xosé Neira Vilas.
Galicia perde un gran escritor e unha persoa chea de vitalidade e de alegría de vivir.
En maio de 2013 visitou o noso colexio e durante unha xornada marabillosa puidemos coñecer ao escritor e, sobre todo, disfrutar da súa compaña, unha persoa amable, agarimosa, alegre e incansable.

Así o recollemos no noso blog.


Ademais de ler e reler a súa obra escoitemos esta cantiga, cunha letra tan suxestiva.

28/10/2015

Lecturas dramatizadas

Unha nova actividade comeza a súa andaina: a cadea de lecturas dramatizadas.
Un día destes os nenos e nenas de 2º A chegarán á clase duns compañeiros (non sabemos a quen elixirán…) para lerlles un conto que lles gusta moito e que prepararon con moito agarimo, deixaranlles o “cofre do tesouro” para que eles elixan outro conto e con quen compartilo, e así continuará a cadea.
Seguramente, ademais do conto, compartirán algún agasallo…
Estade atentos, a ver se conseguimos unha cadea que recorra o cole enteiro!!

2015-10-28 10.44.51 2015-10-28 10.44.10
2015-10-28 10.44.27

19/10/2015

Unha exposición de medo

Neste tempo próximo ao Samaín, podedes atopar unha exposición de libros que tratan o medo, para tremer con el, para espantalo e tamén para rir con el.

Atrevédevos a vir, abride a porta e probade a sentilo...


18/10/2015

Lecturas compartidas

Comezamos unha nova actividade na biblioteca, na que o alumnado de 6º e o de 1º comparten lecturas.
Cada nena ou neno de sexto apadriña a un ou dous de 1º co obxectivo de ir compartindo contos ao longo do curso.
A actividade está organizada por grupos-clase, de xeito que cada un deles tén asignado un día da semana.
Na primeira sesión xuntáronse na biblioteca para coñecerse e preparar o carnet de lecturas compartidas, no que irán rexistrando os títulos e a valoración dos libros que lean.
Están moi contentos e ilusionados con esta aventura, os maiores buscando lecturas que gusten aos peques e estes esperando a ver con que os sorprenden.


 (Música de Pablo Díaz, do disco Tic-Tac)

08/10/2015

Outubro. Mes das bibliotecas escolares

Gústannos os contos porque nos permiten viaxar, pasar medo, conseguen intrigarnos ou prodúcennos risa...
Tamén nos gustan porque nos incitan a pensar...
Este é un deles, fala da biblioteca, que pode ser persoal (para un só e sempre ao noso carón), e pode ser pública, que nos permite acceder a cantidade de materiais e recursos que non sempre podemos ter nas nosas casas.
Escoitádeo:

(Preme na imaxe)

10/09/2015

Benvidos ao curso 2015-2016

O verán vai rematando e un novo curso comeza. As aulas énchense de actividade, o patio de xogos e ...


a biblioteca ofrécenos os seus tesouros.

Pronto chegarán as caixas viaxeiras ás aulas para que poidades descubrir un anaquiño dese tesouro.

As mochilas sairán camiño dalgunhas casas.
benvida
Os colaboradores comezarán a súa actividade.

benvida2 Compartiremos lecturas, recomendaremos libros uns a outros e...
seguro que haberá moitas sorpresas!

Estade pendentes!

30/06/2015

Como contar ben un conto

Nas Xornadas de convivencia do Voluntariado de lectura os representantes dos colaboradores tiveron a oportunidade de aprender con Paula Carballeira a contar contos, estes son os apuntes que tomamos no taller de narración oral:

29/06/2015

Lectura expresiva

Nas Xornadas de convivencia do Voluntariado de lectura os representantes dos colaboradores tiveron a oportunidade de aprender con Charo Pita uns cantos trucos para mellorar a lectura expresiva, estes son os apuntes que tomamos:

25/06/2015

Xornadas de convivencia do Voluntariado de lectura

Do 26 ao 29 de maio, o CRD da Coruña (Culleredo) acolleu ao alumnado de Voluntariado de Lectura-A de catro centros galegos. Un deles foi o noso, xunto co Ramón Falcón de Castro de Rei (Lugo), o Carlos Casares de Xinzo da Limia (Ourense) e Altamira de Salceda de Caselas (Pontevedra).
14 nenas e nenos representaron nestas xornadas aos 134 colaboradores que ten a nosa biblioteca.
Ao longo dos catro días desenvolveuse un programa intenso de actividades relacionados coa lectura, o traballo cooperativo e a educación en valores de voluntariado e solidariedade.


(Preme na imaxe se queres ler o diario que elaboramos)

13/06/2015

Contos do mundo

Marwa Obaid Rashid Al Aqroubi escribiu co gallo da conmemoración do Día internacional do libro infantil:
“Falamos diferentes linguas e vimos de diferentes orixes, mais compartimos as mesmas historias”
É a mesma historia que se nos conta a todos
En diferentes voces
En diferentes cores
Pero permanece inmutábel…
Comezo… Argumento… E fin…
Nenas e nenos de 6º D recopilaron lendas e contos tradicionais de diversos países do mundo.
Comprobade como as historias permanecen inmutables a pesar das diferentes orixes…

11/06/2015

Visita de Ledicia Costas

Os nenos e nenas de 5º E fannos chegar as súas experiencias coa lectura do libro Escarlatina, a cociñeira defunta e tamén sobre a visita que fixo a autora ao noso colexio.


07/06/2015

Visita de Charo Anido

Charo forma parte da nosa comunidade educativa, é a nai dunha alumna de sexto. É, ademais, pedagoga e logopeda. Aínda que nestes momentos non está traballando nestas profesións tivo no pasado ocasión de estar con nenos e nenas de tódalas idades, axundádonlles naquelas cousas que lles costaban un pouquiño.
Ela contounos que sempre lle gustou moito ler e escribir. Dende moi pequena lía todo o que tiña por diante, e a partires dos catorce anos empezou a escribir. Escribe, sobre todo, poemas e relatos curtos.
Visitou a nosa biblioteca para presentarlle ao alumnado de sexto o conto que acaba de escribir: Hai unha carta para Wael.
Así o viron os nenos e nenas de 6º D:

14/05/2015

Roteiro con Alfredo Erias

Nenas e nenos de 4º foron de roteiro por Betanzos acompañados por Alfredo Erias, director do Museo de As Mariñas e da biblioteca municipal.
Alfredo é o autor do libro titulado En Betanzos, a súa lectura motivou esta actividade.
Así nolo contan:


Grazas a todos os que a fixeron posible: Concello e Protección Civil de Betanzos, parroquia de Sta. María, libraría Biblos e, por suposto, Alfredo Erias.