Un ano máis Raquel Queizás visitou a biblioteca para deleitarnos cun dos seus espectáculos, este ano contounos o conto de Carlos Casares, A galiña azul.
Grazas ao Concello de Betanzos por facer posible esta actividade.
26/04/2017
21/04/2017
DÍA DO LIBRO
Dende a Biblioteca para conmemorar o día do libro propuxemos dúas actividades: Libros de Cine e Leotolda.
- Libros de Cine: colocamos unha pequena exposición de libros que inspiraron películas á entrada da biblioteca e os nenos poden levar conxuntamente o libro e a peli ás súas casas. Ademáis nestas datas, dende outros departamentos , hai organizadas actividades que teñen que ver con libros: iremos ver unha obra de teatro en inglés inspirada en "Peter Pan" de Susan Hill, un concerto inspirado en "Pinocho" de Carlo Collodi e unha obra de danza basada en "Charlie e a fábrica de chocolate" de Roal Dahl.
- Leotolda: este é o título dun album ilustrado de Olga de Dios que como ela dí "Leotolda es una aventura fantástica que alcanzará su fin con el poder de tú creatividad", así propoñemos ós nosos alumnos que se convirtan en autores e rematen esta aventura , tanto nas aulas, como na bibio (onde dispoñemos dun recuncho adicado a ela), nas súas casas.... Clicando aquí podedes ler o libro en fomato PDF libremente.
06/04/2017
03/04/2017
SORPRESAS!
Dentro das lecturas compartidas prodúcense sorpresas, coma a que lle deron os padriños lectores de 5ºA ós nenos e nenas de 1º C cos que comparten, cada quince días, o momento de lectura.
Os maiores preparánronlle dous contos que leron e dramatizaron:
"Mamá, de que color son los besos" de Elisenda Queralt e "Cuentos en verso para niños perversos" (Carapuchiña Vermella) de Rold Dahl.


Os peques quedaron abraiados coa sorpresa e os maiores fixérono xenial!!
Teremos algunha sorpresa máis??
12/03/2017
FRAN ALONSO
Neste mes de marzo recibiremos no colexio a visita do escritor Fran Alonso.
Para ir coñecéndoo un pouquiño máis remexede por aquí.
02/03/2017
8 de MARZO. DÍA DA MULLER.
Para conmemorar e reinvidicar os dereitos das mulleres, dende a biblioteca propoñémosvos investigar e traballar sobre distintas mulleres dos países que estamos a descubrir. Algunhas son as que seguen:
EXIPTO: NEFERTITI E CLEOPATRA
ITALIA: SAMANTHA CRISTOFORETTI
BRASIL: CARMEN MIRANDA E NÉLIDA PIÑON
BETANZOS: SANDRA MOSQUERA, MERCEDES CASANOVA, AMALIA LEIS BUGALLO E MARÍA LUISA COUCEIRO SEOANE
VENEZUELA: JESSICA BRIZEIDA LÓPEZ AROCHA E MILKA DUNO
CHINA: LI-NA E SOONG CHING-LING
MARROCOS: KHADIJA RYADI E NAWAL EL MOUTAWAKEL
PERÚ: CHABUCA GRANDA, MARÍA ELENA MOYANO E BLANCA VARELA
EEUU: EMILY GREENE BALCH, ELLA FITZGERALD E MARY JACKSON
Aquí podedes atopar algunha información:
Aquí podedes atopar algunha información:
HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO
O venres 24 de febreiro alumnas e alumnos do colexio participaron nunha homenaxe a escritora, celebrada no Liceo de Betanzos, organizada polo Concello en colaboración coa asociación Eira Vella.
Clicando aqui podedes ver o programa.
Os vídeos das actuacións podedelos ver no blogue do Equipo de Dinamización Lingüística do colexio Non te cortes coa lingua.
Parabéns polo voso traballo!!!
26/02/2017
Construímos igualdade
Queremos construir igualdade porque todos somos iguais, nenas, nenos, homes, mulleres, todos somos persoas.
Libros, películas, cancións, a arte, en xeral, apréndennos a vida.
Nesta recopilación mostramos aqueles que máis nos gustan porque nos fan reflexionar sobre a igualdade de xénero e o papel de cada persoa na sociedade.
(Premede na imaxe e veredes o noso poster intercativo)
Libros, películas, cancións, a arte, en xeral, apréndennos a vida.
Nesta recopilación mostramos aqueles que máis nos gustan porque nos fan reflexionar sobre a igualdade de xénero e o papel de cada persoa na sociedade.
(Premede na imaxe e veredes o noso poster intercativo)
13/02/2017
AMOR
Nesta semana podedes desfrutar na entrada da biblioteca dunha pequena exposición de libros que falan de amor e descubrir como de escribe amor en chinés, árabe, inglés e portugués
Agardamos que a desfrutedes!!
Agardamos que a desfrutedes!!
06/02/2017
ARTE POLA PAZ
Pasiño a pasiño os nosos nenos e nenas foron descubrindo as mulleres artistas dos distintos países e xuntos fomos facendo pequenas obras de arte.
Percibimos, pensamos e sentimos a través da arte.
Percibimos, pensamos e sentimos a través da arte.
Aquí podedes ver a mostra!!
Dende o equipo de inglés traballouse a paz dende outra perspectiva moi interesante. A continuación podedes ver o seu traballo
PEACE on ch
26/01/2017
VISITA DE LEDICIA COSTAS
O pasado mércores, 25 de xaneiro, contamos, de novo, coa visita da escritora Ledicia Costas, autora de "Escarlatina, a cociñeira defunta" libro que desfrutaron e seguen a desfrutar os nenos de 5º e 6º do colexio.
Recentemente a autora publicou a precuela "Esmeraldina, a pequena defunta" do que xa dispoñemos de 26 exemplares para que todos os alumnos poidan coñecer a Escarlatina antes de morrer e como foi aprendendo a ser unha pantasma.
Na visita os nenos fóron descubrindo a infancia da escritora, o seu gusto pola lectura e escritura dende xa ben nova, aventuras do seu gato e a súa avoa... e tamén moitas curiosidades sobre o libro de Escarlatina.
Unha visita moi amena que deixou a todos con gañas de seguir adentrándonos no fantástico mundo do Alén.
23/01/2017
DÍA DA PAZ
Como xa decidimos a principios de curso, a Paz ímola traballar
relacionándoa coa arte.
relacionándoa coa arte.
Invitamos a todos a “PERSENSAR”:
percibir, sentir e pensar a
través da arte e propoñemos para acadalo distintas artistas mulleres
de cada país que estamos a traballar.
través da arte e propoñemos para acadalo distintas artistas mulleres
de cada país que estamos a traballar.
PAÍS
|
ARTISTA
|
EXIPTO
|
ARTE
EXIPCIA
|
ITALIA
|
NICOLETTA CECCOLI
|
BRASIL
|
ANITA
MALFATTI, YARA TUPYNAMBA
|
BETANZOS
|
SABELA
ARIAS
|
VENEZUELA
|
MERCEDES
PARDO
|
CHINA
|
PAN
YULIANG XI PAN, CIU XIUWEN
|
MARROCOS
|
CHAIBIA
|
PERÚ
|
TILSA
TSUCHIYA
|
EEUU
|
MARY
CASSAT
|
Como produto
final cada aula realizará un cadro ( ou os que se
considereden) para exponer polos corredores a semana do día da
Paz.
considereden) para exponer polos corredores a semana do día da
Paz.
A continuación podedes atopar recursos sobre as distintas artistas así coma as páxinas dos museos de arte máis importantes de todo o mundo e algunha sorpresiña máis.
PAZ, by bibliotecavales
19/12/2016
RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS PARA NADAL
O equipo da Biblioteca xunto con Leo e Mariña desexamos a toda a comunidade educativa un Bo Nadal e un feliz ano novo 2017.
Para desfrutar nestas datas de lecer ou agasallar, deixámosvos unha boa recomendación de libros feita en colaboración co equipo de Dinamización Lingüística.
Libros para viaxar...
16/12/2016
3 DE DECEMBRO. APRENDENDO XUNTOS
As nenas e nenos de 2º descubrimos e tivemos o pracer de coñecer a grandes persoeiros relacionadas con esta data.
Coma nós investigamos sobre Betanzos, aquí moi preto, na Coruña os atopamos. Son os rapaces e rapazas do CEE Nuestra Señora de Lourdes.
Canto nos aprenderon sen tocar nin un libro, nin un lapis, nin unha ficha.
Mirade a súa visita e..... se queredes ter o pracer de coñecelos, estade atentos porque voltarán a visitarnos.
13/12/2016
3 DECEMBRO
Para conmemorar este día, Leo agasallounos cun novo recuncho para a biblioteca! Xusto na entrada do colexio podes atopar unha exposición de libros, que neste caso tratan o tema da discapacidade e que podedes levar para casa, sempre pasando antes pola biblioteca para deixarlle anotado a Leo quen o leva.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)