30/05/2019

LETRAS GALEGAS

Con motivo da celebración do día das Letras Galegas desenvolvéronse diversas actividades nas que participou o noso colexio.
O Concello convocou un concurso de carteis e tres alumnos do colexio obtiveron os tres primeiros premios.
Visitáronnos a Escola Municipal de Folclore e o grupo de danzas gremiais de Betanzos, mariñeiros e labregos. 
Contamos, tamén, co grupo Xandobela que acercou a figura de Antón Fraguas ás nenas e nenos de 2º de Primaria e de Infantil.



29/05/2019

OBRADOIROS DE LIBROS

Séguense a desenvolver os obradoiros de libros na biblioteca. Nenas e nenos, coa axuda de profes, elaboran orixinais manualidades relacionadas cos seus libros favoritos.





26/05/2019

ESPALLANDO HISTORIAS

As rapazas e rapaces de 6ºA seguen a espallar historias polo noso cole. De novo, foron visitar ós máis pequenos para contarlles un conto.



VENRES DE HISTORIAS

Un venres máis, enchemos de historias a nosa biblioteca da man da curtametraxe "Spring" de Andy Goralczyk.




14/05/2019

NOVIDADES BIBLIOTECA INCLUSIVA

Botádelle un ollo ás novidades que temos na biblioteca nesta estantería virtual. Se pinchas en cada libro poderás saber máis del.







12/05/2019

COMPARTINDO CONTOS

Un grupo de alumnos e alumnas de 6ºA visitaron o ás rapazas e rapaces no cole de Infantil, o martes 7 e o xoves 8 de maio, para compartir con eles un ratiño e agasallalos cun conto.


VENRES DE HISTORIAS

Continúamos cos Venres de Historias na biblioteca de Infantil e na de Primaria. 
O venres 3 de maio proxectouse en Primaria a curta "Los fantásticos libros voladores del señor Morris Lessmore" e o 10 de maio representaron a versión do conto La Cenicienta do libro "Cuentos en verso para niños perversos" de Rodari, as nenas e nenos de 6ºC.




En Infantil o 24 de abril proxectouse a curta "Si yo tuviera una púa" e o 10 de maio "La Cenicienta".






08/05/2019

DÍA DO LIBRO

Para conmemorar o día do Libro as rapazas e rapaces de 2º B fixeron uns preciosos marcapáxinas e envíannos esta mensaxe para animar a todo o mundo a ler.


02/05/2019

O PRINCIPIÑO

Unha das actividades propostas para conmemorar o día do libro foi elaborar, entre toda a comunidade educativa do colexio, un vídeo resumo do libro do "Principiño" que serviu de guía e punto de partida para o noso PDI.
Este foi o resultado.




01/05/2019

Raquel Queizás

O pasado martes, tivemos a sorte de escoitar a Raquel Queizás na nosa biblio. Contounos historias de  cando Antón Fraguas (Letras Galegas 2019) era neno. O alumnado de primeiro pasárono xenial.

24/04/2019

II INTERCAMBIO DE LIBROS

Xa deu comezo o II Intercambio de libros da biblioteca organizado para conmemorar o Día do libro.
Esta é unha das actividades á que se uniu a visita de Raquel Queizás para as rapazas e rapaces de 1º e a gravación conxunta do Principiño.

VENRES DE HISTORIAS

Para despedir o segundo trimestre proxectouse a curta "A Ponte" de Pixar na biblioteca de Educación Infantil.



Na biblioteca sita no edifico de Primaria, un fragmento da película "Wonder" basada no libro "La lección de August" de R. Palacio. Este libro serviu de punto de partida para traballar o  "Día Internacional das persoas con discapacidade" o 3 de decembro. 


09/04/2019

DÍA DO LIBRO

Para conmemorar o día do Libro imos celebrar o II Intercambio de Libros. 
Poderán participar todos os rapaces e rapazas que o desexen, só deberán traer un libro en bo estado que canxearán por un vale.
O vale poderán cambialo por outro libro na semana do 23 ao 26 de abril durante o recreo.


05/04/2019

VENRES DE HISTORIAS

Nesta semana, na bibioteca de Infantil representaron o conto "El pez arcoiris", de Marcus Pfister, e na biblioteca en Primaria, Xiana e Daniela de 5ºA, contáronnos o conto escrito e ilustrado por elas, "Los monitos" . Fixérono fenomenal!





CONTOS EN INFANTIL

Un grupo de rapaces de 6ºA visitaron a biblioteca do edificio de Infantil para lerlles o conto "LA OVEJA QUE VINO A CENAR" de Steve Smallman e Joelle Dreidemy.