Chegan ó final as Lecturas Compartidas e con elas ponse punto e seguido a compañías e amizades de dous cursos.
19/06/2019
18/06/2019
Recomendacións Verán 2019
Unha selección de libros que podedes descubrir no verán.
Agardamos que sexan do voso interés.
Bo verán!!
17/06/2019
VENRES DE HISTORIAS
Rematan os Venres de Historias, da man das rapazas e rapaces de 4ºA que representaron o conto "El vampiro debilucho" de Rocío Antón, Lola Núñez y Claudia Ranucci.
Grazas a todos por participar!!
VISITA DE INFANTIL
O venres, 14 de xuño, celebrouse a xornada de convivencia de Infantil coas escolas unitarias adscritas e as rapazas e rapaces de 1º.
Ó longo da mañá desenvolvéronse moitas actividades nas que coñeceron e visitaron distintas dependencias do seu cole de Primaria. Un dos lugares que visitaron foi a biblioteca. Alí coñeceron a Leo e desfrutaron da lectura do conto "O piano e o oso" de David Litchfield, acompañado da interpretación ó piano dunha rapaza de 6º e remataron cantando o conto da man da profe de música, Ana.
12/06/2019
VENRES DE HISTORIAS
Este venres, 7 de xuño, tivemos na biblioteca ás rapazas e rapaces de 2ºB que nos dramatizaron o conto "Todos menos uno" de Éric Battut.
Ademáis tras o conto o grupo de pandereteiras, que ensaiou nos recreos durante este curso, amosounos canto aprenderon coa súa mestra Paula.
Un pracer de venres!!
30/05/2019
LETRAS GALEGAS
Con motivo da celebración do día das Letras Galegas desenvolvéronse diversas actividades nas que participou o noso colexio.
O Concello convocou un concurso de carteis e tres alumnos do colexio obtiveron os tres primeiros premios.
Visitáronnos a Escola Municipal de Folclore e o grupo de danzas gremiais de Betanzos, mariñeiros e labregos.
Contamos, tamén, co grupo Xandobela que acercou a figura de Antón Fraguas ás nenas e nenos de 2º de Primaria e de Infantil.
29/05/2019
OBRADOIROS DE LIBROS
Séguense a desenvolver os obradoiros de libros na biblioteca. Nenas e nenos, coa axuda de profes, elaboran orixinais manualidades relacionadas cos seus libros favoritos.
26/05/2019
ESPALLANDO HISTORIAS
As rapazas e rapaces de 6ºA seguen a espallar historias polo noso cole. De novo, foron visitar ós máis pequenos para contarlles un conto.
VENRES DE HISTORIAS
Un venres máis, enchemos de historias a nosa biblioteca da man da curtametraxe "Spring" de Andy Goralczyk.
14/05/2019
NOVIDADES BIBLIOTECA INCLUSIVA
Botádelle un ollo ás novidades que temos na biblioteca nesta estantería virtual. Se pinchas en cada libro poderás saber máis del.
12/05/2019
COMPARTINDO CONTOS
Un grupo de alumnos e alumnas de 6ºA visitaron o ás rapazas e rapaces no cole de Infantil, o martes 7 e o xoves 8 de maio, para compartir con eles un ratiño e agasallalos cun conto.
VENRES DE HISTORIAS
Continúamos cos Venres de Historias na biblioteca de Infantil e na de Primaria.
O venres 3 de maio proxectouse en Primaria a curta "Los fantásticos libros voladores del señor Morris Lessmore" e o 10 de maio representaron a versión do conto La Cenicienta do libro "Cuentos en verso para niños perversos" de Rodari, as nenas e nenos de 6ºC.
En Infantil o 24 de abril proxectouse a curta "Si yo tuviera una púa" e o 10 de maio "La Cenicienta".
08/05/2019
DÍA DO LIBRO
Para conmemorar o día do Libro as rapazas e rapaces de 2º B fixeron uns preciosos marcapáxinas e envíannos esta mensaxe para animar a todo o mundo a ler.
02/05/2019
O PRINCIPIÑO
Unha das actividades propostas para conmemorar o día do libro foi elaborar, entre toda a comunidade educativa do colexio, un vídeo resumo do libro do "Principiño" que serviu de guía e punto de partida para o noso PDI.
01/05/2019
Raquel Queizás
O pasado martes, tivemos a sorte de escoitar a Raquel Queizás na nosa biblio. Contounos historias de cando Antón Fraguas (Letras Galegas 2019) era neno. O alumnado de primeiro pasárono xenial.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)