27/10/2020
19/10/2020
BIBLIOFEIRA DO 16 DE OUTUBRO
Inauguramos as BIBLIOFEIRAS que serán o 1 e o 16 de cada mes, como non podía ser doutra forma, aquí, en Betanzos.
Na primeira BIBLIOFEIRA sumámonos á celebración do Día das Escritoras que se conmemora o 19 de outubro.
Fixemos unha escolma de libros, que podedes atopar na nosa biblioteca, escritos por autoras galegas.
Agardan por vós!!
17/10/2020
Autoras galegas na nosa biblioteca
En Galicia temos moitísimas escritoras. Elas fan que disfrutemos da lectura e que esperte en nós un sentimento de pertenza á nosa terra. Se queres coñecelas preme na imaxe
15/10/2020
BENVIDA Ó NOVO CURSO
Iniciamos un novo curso, baixo o lema XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR, co cartel da ilustradora Bea Lema
16/06/2020
RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN
Compartimos con todos unha pequena selección de libros para desfrutar en calquera momento e tamén no verán.
ENQUISA AO PROFESORADO
Convidámosvos a cubrir a seguinte enquisa para valorar o traballo da biblioteca neste curso e axudarnos a mellorar.
Moitas gracias pola colaboración.
Clicade no enlace para acceder a ela:
https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSdb2Y4sRaRA0IBMx8TosmxQ-Lor3VRRPA09yT56fTQkP8GGng/viewform?usp=sf_link
12/05/2020
PARA LER NA CASA
Eloy Moreno puxo a disposición de todos durante esta etapa "Cuentos para quedarte en casa"
O proxecto Palabras Aladas,
https://www.palabrasaladas.com/amar_en_cuarentena_por_el_coronavirus.html pon á disposición de todos o seu libro "Amar"
08/05/2020
REVISTA PAPAGAIO
A Revista PAPAGAIO, que podemos ler na biblioteca, puxo á vosa disposición os números de abril e maio en formato dixital
Clicade na imaxe para lelos:
Clicade na imaxe para lelos:
No seguinte enlace podedes ver números anteriores:
30/04/2020
LIBROS PARA LER NA DISTANCIA
Para poder ler na casa Pintar-Pintar Editorial pon a nosa disposicíon estes libros.
Moitas grazas pola iniciativa!!
Clica na imaxe para acceder a eles.
Clica na imaxe para acceder a eles.
25/04/2020
O Vales le na casa
O alumnado tamén le na casa e queren conmemorar con todos o día do libro, participando nesta presentación. Moitísimas gracias familias!!!
23/04/2020
DÍA DO LIBRO
Este ano para conmemorar o Día do Libro queremos compartir convosco estas imaxes nosas lendo nas súas casas.
EU QUEDO NA CASA. EU LEO NA CASA
Animádesvos a enviarnos unha foto vosa lendo na casa. Porque:
NO VALES ❤️ LER.
QUEDAMOS NA CASA
e LEMOS NA CASA.
Envía a túa foto ó correo do teu titor ou titora ou o da biblio: bibliotecavales@gmail.com
11/03/2020
CONTACONTOS EN INFANTIL
As nenas e nenos de 5ºA seguen a repartir contos polo noso cole. Esta vez visitaron a biblioteca do edificio de educación infantil, alí leron e interpretaron o xa clásico "O coelliño branco" de Xosé Ballesteros e Óscar Villán.
06/03/2020
MULLERES PROTAGONISTAS
LIBROS E HISTORIAS PROTAGONIZADAS POR MULLERES DIVERTIDAS E SINGULARES QUE GUSTAN E NAMORAN AOS LECTORES
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)











