Hoxe, os VENRES DE HISTORIAS veñen da man do TEACHER XAN.
Escoitade e pasade un bo rato con "SHARK IN THE PARK" e "SHARK IN THE DARK" de Nick Sharratt.
Hoxe, os VENRES DE HISTORIAS veñen da man do TEACHER XAN.
Escoitade e pasade un bo rato con "SHARK IN THE PARK" e "SHARK IN THE DARK" de Nick Sharratt.
Non podemos deixar de compartir con todos vós esta mensaxe das rapazas e rapaces de 6ºE chea de PAZ e ESPERANZA.
MOITAS GRAZAS, por estas pílulas de enerxía e optimismo.
Neste Venres ventoso e chuvioso invitámosvos a ver KITBULL, de Rosana Sullivan e producida por PIXAR.
Cantas mensaxe esconde!!.
Asomádevos e descubrídeas!!
QUE VOS PARECE ESTA ESCOLMA DE XEOGRAFÍAS LECTORAS POLA PAZ ?
Por segunda vez, as nenas e nenos de 6ºE comparten unha historia con todos nós. GRACIAS!!
En ton irónico e con moito humor, ofrécennos esta versión do Nadal da autora GLORIA FUERTES.
Aquí tendes o cartel do que nos agarda nos VENRES DE HISTORIAS do mes de Xaneiro.
Agardamos que sexa do voso agrado e moitas grazas ós nenos, nenas e mestres que os fan posibles.
Aproveitando que imos gozar dunhas semanas especiais para descansar, queremos recomendarvos algún libro para acompañarvos neste tempo e sempre.
Todos os libros, que vos amosamos e recomendamos, foron chegando á nosa biblioteca ó longo deste trimestre (algúns á de Infantil e outros á de Primaria). Agárdavos na biblioteca!!!
Este último venres de escola, invitámosvos a reflexionar da man de UNA CARTA MÁS CORTA.
Esta última BIBLIOFEIRA ten o NADAL como tema.
Agardamos que vos gusten.
Hoxe, da man das rapazas e rapaces de 6ºE, achegámonos a unha versión de Carapuchiña Vermella, recollida en CUENTOS EN VERSO PARA NIÑOS PERVERSOS de Roald Dahl.
Moitas grazas pola vosa xenial interpretación, adaptada a tempos de COVID.
Convidámosvos a un VENRES DE HISTORIAS distinto.
O 3 de decembro de 2020, é o Día Internacional das persoas con Discapacidade e aproveitando esta data invitámosvos a ver dúas curtas tal e como as verían as persoas cegas; a través dunha AUDIO DESCRICIÓN.
Apagade a pantalla, pechade os ollos e vede (con outra mirada) as curtas de hoxe: EL REGALO de Jacob Frey e PIP UNIVERSIDAD CANINA de Bruno Simoes.
Neste mes tan especial preparamos uns VENRES DE HISTORIAS que agardamos vos fagan pensar, rir, reflexionar, medrar e ser cada día mellores.
Nesta primeira BIBLIOFEIRA do mes de NADAL, fixemos unha selección de libros que nos axudan a descubrir a DIVERSIDADE, a coñecela e valorala coma unha fonte de riqueza e aprendizaxe.
Premendo na seguinte imaxe podedes acceder a algúns dos traballos feitos polos distintos cursos.