29/04/2021

VENRES DE HISTORIAS.

Neste último venres do mes de abril contamos, nos VENRES DE HISTORIAS, coa colaboración de José Alonso de 6º A.
Prestade moita atención á lectura que fai de  "UN POCO VALIENTE" de Nicola Kinnear, publicado por SM.



MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR!!

 

22/04/2021

VENRES DE HISTORIAS. 23 DE ABRIL: DÍA DO LIBRO

 Nesta data tan especial, as curtas deste VENRES DE HISTORIAS, coma non pode ser doutra forma, están adicadas ós LIBROS.

O LIBRO é, segundo a Real Academia Galega, " un conxunto de follas escritas ou impresas, cosidas ou pegadas entre si e encadernadas" pero, todos os que AMAMOS os LIBROS, sabemos que son MOITO MÁIS, non sí?

Unha aventura tras outra...


Alimento para a alma...
....................
FELIZ DÍA DO LIBRO!!




15/04/2021

BIBLOFEIRA " DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO "

Como sabedes, a vindeira semana celebramos o Día do libro. Na presentación podedes ver que na Biblio temos libros que falan de libros, de letras, do gusto pola lectura, da importancia que teñen as nosas propias "Xeografías lectoras" para desenvolvernos como persoas. 




Green and Blue Playful Visual Arts Class Education Presentation de bibliotecavales

VENRES DE HISTORIAS. EL PEZ ARCOIRIS

Neste VENRES DE HISTORIAS Eloy, de 6ºA, cóntanos as aventuras do "PEZ ARCOIRIS" de Marcus Pfister.
Esta e outras aventuras del podédelas atopar na biblioteca.
Moitas grazas polo teu traballo!!



 

08/04/2021

VENRES DE HISTORIAS. CUERDAS

 Este VENRES DE HISTORIAS está adicado á memoria de Nicolás Solís, o neno que inspirou CUERDAS, curtametraxe española dirixida por Pedro Solís, o seu pai, en 2013.

Nicolás morreu a pasada semana ós 16 anos.

Non o esquezades e sede sempre coma MARÍA!!

 


Na biblioteca tendes varios exemplares do libro e DVD.






07/04/2021

CELEBRAMOS O DÍA DA POESÍA

 O pasado 21 de abril celebramos o Día da poesía no noso colexio. Mirade que ben quedaron os vosos traballos e como se nota que vos gustou ler, escribir e ilustrar poemas.


Os compañeiros de 1º A disfrutaron co poema O arco da vella de Manuel María


O alumnado de 2º enviounos este vídeo tan chulo!


En 3º B pensaron en ilustrar unha "Besta poética"




Mirade que acrósticos fixeron en 4º A




En 5º disfrutaron moito da visita da poeta Antía Otero 




O alumnado de 6º A  enviou unha presentación de acrósticos estupenda!. En 6º E animáronse a recitar e incluso cantar a obra de Rosalía Cantares Galegos
 


02/04/2021

DÍA INTERNACIONALDO LIBRO INFANTIL


Como todos os anos dende 1967, o
 IBBY (International Board on Books for  Young People) promove a celebración do Día Internacional do Libro Infantil o 2 de abril, conmemorando o nacemento de Hans Christian Andersen


                                        


             

27/03/2021

DÍA INTERNACIONAL DO TEATRO

 O Día Mundial do Teatro celébrase o 27 de marzo de cada ano e foi creado polo Instituto Internacional do Teatro (ITI) no ano 1961. O seu principal obxectivo é dar a coñecer o que representa o teatro para a cultura a nivel mundial.




Na Biblioteca tendes onde escoller. 
Anímádevos a ler e representar unha obra de teatro. 






25/03/2021

VENRES DE HISTORIAS. PASCUA

 As compañeiras e compañeiros de 6ºE preparáronnos esta representación do COELLO PETO, unha historia para irnos achegando cun soriso á PASCUA.

Grazas ás rapazas e rapaces de 6º E por seguir compartindo historias con todos nós.

Feliz e merecido descanso á todos.

Vémonos á volta da Pascua!!



 

21/03/2021

DÍA INTERNACIONAL DA NARRACIÓN ORAL

O Sábado, día 20 conmemorouse  o Día internacional da narración oral e a escritora Fina Casalderrey redactou un Manifesto que compartimos con vós. Convidámosvos a participar lendo o texto de Fina e contando historias nas vosas aulas.


16/03/2021

BIBLOFEIRA ADICADA Á POESÍA

O vindeiro 21 de Marzo celebramos o Día da Poesía. Seguro que xa líchedes moitos poemas e que incluso sabedes os vosos favoritos de memoria.  Deixámosvos unha mostra dalgúns libros de poesía que temos na Biblio e vos adiantamos  que este ano o Día das Letras Galegas estará adicado á poetisa Xela Arias.



Celebramos o Día da poesía de bibliotecavales

12/03/2021

SEMANA DA PRENSA

Os medios de comunicación son ferramentas  para informar  e comunicar contidos de forma masiva ás persoas. 

Hoxe temos varias formas de acceso á información de distinto tipo: social, cultural, deportiva, política, económica e esta información pode tamén referirse a un contexto local , comunitario, nacional ou incluso mundial.

A prensa, o xornal, é un destes medios masivos de comunicación e, ademáis ten máis seguidores debido a que ten soporte dixital en Internet . De seguro que tedes lido moitas novas a través do teléfono móbil ou das tablets. Máis, a que tamén é estupendo pasar as páxinas do xornal ? 


Na Biblioteca contamos co xornal mensual O papagaio en formato papel e vos deixamos o enlace á súa versión dixital.



https://www.opapagaio.gal/o-papagaio-dixital


CRECER LENDO COMIGO

O Centro Nacional de Innovación e Investigación Educativa proponnos, a través de  Leer.es, unha serie de recursos de fomento da lectura destinados ás familias e aos docentes.

Realmente é moi interesante porque o proxecto presenta  catro recursos organizados por grupos de idade (ata 3 anos, de 4 a 7 e de 8 a 11 ou máis) . Neles se ofrece información sobres as características dos nenos e nenas a esas idades , así como as distintas estratexias que poden empregar os adultos para xerar o gusto pola lectura.


Aquí tendes o enlace: https://leer.es/proyectos/crece-leyendo-conmigo


11/03/2021

VENRES DE HISTORIAS. A VACA QUE PUXO UN OVO

 Hoxe, da man de Álvaro Segade Martínez de 6ºA, imos pasar un bo rato escoitando "A VACA QUE PUXO UN OVO" de Andy Cutbill e Russel Ayto. Este libro podédelo atopar na biblioteca.

Moitas grazas polo teu traballo, Álvaro.




08/03/2021

IGUAIS E LIBRES : EDUCACIÓN RESPONSABLE

OS CONTOS TRANSMITEN VALORES E EMOCIÓNS. EN TERCEIRO TRABALLARON A OBRA "ARTURO E CLEMENTINA", UNHA HISTORIA DE SUPERACIÓN DO MALTRATO PSICOLÓXICO NA QUE A PROTAGONISTA TEN UNHAS CUALIDADES QUE A ALONXAN DAS CARACTERÍSTICAS DAS PERSONAXES FEMININAS DA LITERATURA CLÁSICA INFANTIL.