27/01/2022

VENRES DE HISTORIAS. O LOBO CON BOTAS

Neste VENRES DE HISTORIAS, de novo, as rapazas e rapaces de 4º D comparten con todos nós unha interpretación do libro O LOBO CON BOTAS, escrito por EL HEMATROCRÍTICO e ilustrado por ALBERTO VÁZQUEZ.
Grazas polo voso traballo e participación!!!.
Estamos desexando vervos moi pronto en vivo e en directo COMA SEMPRE foron os VENRES DE HISTORIAS.





 

26/01/2022

DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN AMBIENTAL

Celebramos este día porque aló polo ano 1975  organizouse en Belgrado un Seminario no que participaron máis de 70 países . Nesta reunión propuxéronse como meta a de formar á población mundial para que se preocupase polo medio ambiente.   

No noso cole contamos coa inestimable axuda de Mero, que nos ensina a coidar a horta, a reciclar, a facer compostaxe, a coidar do invernadoiro e das plantas ornamentais do patio e de dentro das clases. Mero, é, sen dúbida, un bo experto. 



E como mostra,  aquí temos ao alumnado de 5º E , que se animou a mandar ao correo da Biblio unha foto na que limpan o patio. Atoparon demasiados residuos, non credes? Temos que estar máis atentos e intentar que as nosas pistas estean sempre limpas. Entre todos e todas, sen dúbida, conseguirémolo !!!!






24/01/2022

REFORMAMOS A BIBLIOTECA E COMENTAMOS A SÚA HISTORIA.

Na Biblioteca Vales de Leo e Mariña houbo moitos cambios e por iso as coordinadoras da Biblioteca fan un percorrido polo traballo realizado dende os seus inicios. Seguro que moitos de vós recordades como era antes a biblioteca ...




Máis agora, hai diferentes novidades no mobiliario e a súa distribución e moitas, motísimas novidades no fondo de libros.Os colaboradores e colaboradoras de 6º presentan neste vídeo os diferentes recunchos da nosa nova Biblioteca de Primaria . Ao final podedes disfrutar do rap que fixeron hai anos outros colaboradores. 
 

A BIBLIOTECA MOLA MOGOLLÓN!!!



E non vos perdades que ben quedou a Biblioteca de Infantil. 
Aquí tendes aos vosos compañeiros, presentándoa. 
Fixéronno de marabilla !!! 





 

20/01/2022

VENRES DE HISTORIAS. CADENA DE FAVORES INFINITA

 Achégase o Día escolar da Non Violencia e a PAZ e, neste VENRES DE HISTORIAS, queremos compartir con vós a curtametraxe CADENA DE FAVORES INFINITA, dirixida por Lenny Casal e coa música de One Day.

Animádevos a iniciar ou continuar unha CADEA DE FAVORES para facer entre todos un mundo mellor. ESTÁ NAS VOSAS MANS!!!




17/01/2022

BIBLOFEIRA A PROL DUN MUNDO EN PAZ

QUE TAL UNHA VIAXE POLOS LIBROS QUE FALAN DE PAZ ? NA BIBLIOTECA TEDES UNHA CHEA DE LIBROS QUE NOS CONTAN HISTORIAS DE AMOR, DE AXUDA AOS DEMAIS, DE ENTREGA ÁS CAUSAS QUE SON XUSTAS POR RIBA DA SEGURIDADE PERSOAL... 

E COMO NON, TAMÉN HAI OBRAS QUE NOS AMOSAN AS HISTORIAS TERRIBLES DA PERSOAS QUE TEÑEN QUE FUXIR DA GUERRA, QUE TEÑEN QUE ABANDONAR AOS SEUS NA BUSCA DUN MUNDO MELLOR.

PODES LEVALOS EN GALEGO, CASTELÁN OU INGLÉS E HAI LIBROS DE POESÍA, DE NARRATIVA E DE TEATRO QUE NOS FALAN DA PAZ. CAL E O VOSO PREFERIDO? VIDE A BUSCALO Á BIBLIOTECA !


Green and Cream Simple Science Class Education Presentation de bibliotecavales

13/01/2022

VENRES DE HISTORIAS. AXENTE RICIÑOS

Neste primeiro VENRES DE HISTORIAS do ano, unhas rapazas de 4º D achégannos unha representación fantástica de AXENTE RICIÑOS, libro escrito por HEMATOCRÍTICO e ilustrado por Alberto Vázquez







 
Son Aloia, Zoe, Claudia, Sofía, Alba, Jara, Clara, Adriana e Obdulia 

Grazas polo voso traballo!!!

10/01/2022

UN NADAL DE ESTRELAS

ESTE NADAL A RAPAZADA DEMOSTROU TER ESTRELA. ADORNARON A ÁRBORE DE NADAL DO COLEXIO COS SEUS "LIBROS ESTRELAS" E TAMÉN EN INFANTIL FIXERON UNS LIBRIÑOS CHEOS DE RECOMENDACIÓNS.
DECEMBRO 2021 de bibliotecavales 


 EN 5ºE CANTARON CON ILUSIÓN PARA DESEXARNOS FELIZ NADAL!


 

16/12/2021

BIBLOFEIRA "UN NADAL DE NOVIDADES"

DE SEGURO QUE TEDES MOITÍSIMAS GANAS DE QUE CHEGUEN AS VACACIÓNS DE NADAL, NON SI? ADEMAIS É UN MOMENTO ESTUPENDO PARA DISFRUTAR DA COMPAÑA DA FAMILIA, DOS AMIGOS E DOS LIBROS. 

QUE LIBRO ESCOLLER? DEPENDE, SOBRETODO, DE ATOPAR UN LIBRO OU UN AUTOR QUE VOS FAGA PASALO BEN MENTRES O LEDES, QUE VOS FAGA SENTIR E IMAXINAR, QUE VOS GUSTE TANTO QUE LLO TEÑADES QUE CONTAR A ALGUÉN. 

PERO...POR SE NON VOS OCORRE NADA, O EQUIPO DE BIBLIOTECA MERCOU UNHA CHEA DE LIBROS NOVOS. QUE VOS PARECEN ?

Recomendacións de Nadal de bibliotecavales

15/12/2021

CONCURSO DE CARTAS DE NADAL

O Concello de Betanzos organiza por cuarto ano este IV Concurso de cartas aos Reis Magos 

As cartas poderán depositarse entre o 1 e o 20 de decembro nas caixas de correo real que estarán na entrada do colexio e os Reis Magos responderanlles a todos os nenos e nenas que depositen a carta con todos os datos postais. 





As bases completas do IV Concurso de cartas aos Reis Magos poden consultarse na páxina web, www.betanzos.gal, na sede electrónica, https://sede.betanzos.es, e no taboleiro de anuncios das Oficinas Xerais do Edificio Arquivo. Tamén se pode solicitar máis información do concurso no Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Betanzos, no teléfono 981 770 100 ou no enderezo electrónico normalizacion@betanzos.net.

13/12/2021

CONTO "O GALO TRAGANOCES"

 Gracias á rapazada de 1ºB podedes escoitar e ver unha adaptación con pictogramas do conto  O galo traganoces , de Roberto Mezquita e Bernardo Carvalho. De seguro que vos vai a encantar !




 


09/12/2021

VENRES DE HISTORIAS. OS SETE CABRITOS

Hoxe, no VENRES DE HISTORIAS, imos pasar un bo rato cunha curtametraxe titulada OS SETE CABRITOS, que forma parte dos CONTOS DO CAMIÑO da editorial OQO.



02/12/2021

VENRES DE HISTORIAS. O OSO E O PIANO

 Continúan os VENRES DE HISTORIAS cunha fermosa historia de AMIZADE titulada O OSO E O PIANO de David Litchfield.


Claudia e Moisés de 4º B así o comparten con todo nós.

Moitas grazas, polo voso traballo, esforzo e ilusión !!






01/12/2021

BIBLOFEIRA ESPECIAL 3 DE DECEMBRO, DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE


 A nosa vida é mellor cando a compartimos e disfrutamos respectando á diversidade. Na biblioteca atoparedes moitos libros que nos falan das distintas capacidades que temos as persoas e de como superar as dificultades que nos van xurdindo.







día das persoas con discapacidade 2020 de bibliotecavales día das persoas con discapacidade 2020 de bibliotecavales 

 Preferides animarvos a cantar unha canción? Nesta nos contan como Vera, Alberto e Víctor, que teñen discapacidade intelectual, disfrutan de experiencia reais de inclusión no ámbito educativo, laboral e de tempo de lecer.Día das persoas con discapacidade 2020 de bibliotecavales

Os profes e as familias tendes no seguinte enlace unha chea de recursos para visitar e empregar.


25/11/2021

VENRES DE HISTORIAS. TOUPICIENCIA

 Hoxe, compartimos con vós non unha curta, se non toda unha serie de 8 curtametraxes de divulgación científica: TOUPICIENCIA. A XANELA DO MAXÍN.

Nelas aprenderedes sobre a rotación da Terra, os átomos, os sentidos... e moitas cousas máis

Clicade na imaxe para acceder a elas



Contacontos-concerto virtual a prol da non violencia contra as mulleres


Para celebrar o 25 de novembro, O Concello achegounos unha proposta musical avalada pola Deputación Provincial .

Sabela King á voz e ao ukelele e Carlos Gil ao piano interpretan composicións de produción propia que achegan á rapazada ritmos brasileiros, blues ou rock&roll ao tempo que nos falan de relacións afectivas sas, de igualdade ou da importancia de rachar cos estereotipos sexistas .